Igrexa de Lokrume

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Lokrume
Igrexa de Lokrume.jpg
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland Gotland vapen.svg
LocalizaciónLokrume
Coordenadas57°41′16″N 18°32′20″L / 57.68781, 18.53901Coordenadas: 57°41′16″N 18°32′20″L / 57.68781, 18.53901
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Lokrume (sueco: Lokrume kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Lokrume, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa de Lokrume ten unha historia que se remonta ata polo menos o século XII. A parede norte da nave do presente edificio é dese século, e partes da parede norte do coro tamén son da mesma época. Porén, reconstrucións posteriores cambiaron a forma da igrexa e xa non queda nada da primeira igrexa románica que había no lugar. Durante o segundo cuarto do século XIII levantouse a meirande parte do coro actual, estando inspirado en igrexas de Visby. Pouco despois construíuse o resto da nave e a sancristía. A derradeira fase da reconstrución foi durante a década de 1270, cando a torre románica anterior foi substituída pola presente. A igrexa reconstruída inaugurouse no ano 1277.[1]

Internamente, a igrexa está escasamente decorada por frescos da década de 1270. Durante unha restauración levada a cabo entre 1957 e 1962 atopáronse fragmentos de frescos do século XV baixo capas de pintura branca, pero estaban demasiado danados como para ser restaurados. Os frescos da sancristía son do século XVIII. O retablo é de 1707, mentres que o púlpito é da segunda metade do século XVII. A igrexa ten ademais unha cruz triunfal de ao redor do ano 1200 e unha pía bautismal de finais do século XII, realizada polo artista coñecido como Majestatis. No coro hai un banco feito de partes que datan dos séculos XIII e XVII. Tamén no coro atópase a tumba dun xuíz chamado Gervid Lauks, e que data do ano 1380.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 201–204. ISBN 9129410355.