Igrexa de Buttle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Buttle
Igrexa de Buttle.jpg
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland Gotland vapen.svg
LocalizaciónButtle
Coordenadas57°24′10″N 18°31′48″L / 57.40272, 18.52997Coordenadas: 57°24′10″N 18°31′48″L / 57.40272, 18.52997
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Buttle (sueco: Buttle kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Buttle, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa de Buttle é unha das igrexas románicas mellor conservadas de Gotland. As súas partes máis antigas son a nave e a parte occidental do coro, datandi da segunda metade do século XII.[1] A torre foi engadida ao redor de 1220.[2] A ábsida orixinal foi derrubada a mediados do século XIV e substituída pola presente estrutura cun muro oriental recto de estilo gótico. Os únicos engadidos posteriores son as fiestras da nave, que foron realizadas en 1882-83.

Internamente a igrexa está decorada con frescos. Na nave pode verse un friso danado representando a Paixón de CRisto, mentres que na base da torre hai un conxunto de frescos que representan a San Xurxo e o Dragón, a San Martiño de Tours e a unha escena na cal almas son elevadas. Todos os frescos da nave son atribuídos ao artista coñecido como Passionsmästaren ou ao seu taller.[1][2]

A igrexa conserva algún mobiliario medieval. A cruz triunfal é unha das máis antigas do seu tipo en Gotland, datando de finais do século XII. Probablemente foi realizada por un artista local, pero amosa influencias da arte alemá dese período. O retablo tamén é medieval, do século XV, e aínda se atopa no seu lugar orixinal. O retablo amosa figuras de madeira tallada representando a crucifixión de varios santos. Foi restaurado en 1956-57. A pía bautismal é tamén notable, de mediados do século XIII. A súa base está decorada con cabezas esculpidas de humanos e bestas.[1] Os bancos son dun estilo barroco vernáculo. Nos anos 50 do século XX foron restaurados e recuperaron a súa cor orixinal. Probablemente foron decorados polo mesmo artista que traballou na igrexa de Vänge.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 113–115. ISBN 9129410355. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Svenska Kyrkan (ed.). "Buttle kyrka". Consultado o 25 de abril de 2018.