Igrexa de Lau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Igrexa de Lau
Igrexa de Lau.jpg
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland Gotland vapen.svg
LocalizaciónLau
Coordenadas57°16′59″N 18°37′13″L / 57.28291667, 18.62016667Coordenadas: 57°16′59″N 18°37′13″L / 57.28291667, 18.62016667
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Lau (sueco: Lau kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Lau, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia[editar | editar a fonte]

A igrexa de Lau data do século XIII, pero posiblemente foi precedida por unha igrexa románica no mesmo lugar. Xusto ao sur do edificio hai restos dunha torre defensiva do século XII e convertida posteriormente nunha rectoría. Moito antes, a área ao redor da igrexa semella que foi un lugar importante xa que se atoparon campos de tumbas precristiáns no norte e no sur, varios séculos máis antigos que a igrexa.[1][2]

A parte máis antiga da igrexa e a gran nave, construída a principios do século XIII en estilo románico.[3] O tamén enorme coro é de ao redor do ano 1300,[3] e posiblemente sexa de antes de 1288, cando unha curta guerra civil na illa puido interromper os plans de construción.[4] A igrexa é unha das máis grandes no rural de Gotland (a máis grande construída no século XIII)[1] e está situada nunha parroquia relativamente pequena.[2][3] Os académicos especulan sobre porque se construíu un edificio tan grande no lugar. Algúns cren que o tamaño tan pouco común e grandioso da igrexa débese a que está situada preto da costa onde hai un bo porto natural, polo que a parroquia puido beneficiarse economicamente do comercio exterior.[4] Outra teoría di que puido servir como unha igrexa para peregrinos.[1][4] Porén, a causa máis probable é que a igrexa puido atraer a multitudes como unha das poucas fóra de Visby onde os frades dominicanos da illa adoitaban a predicar por unha cruzada contra Curlandia, Livonia e Prusia.[1][2] Coñécese a través de varias cartas papais conservadas que aos populares dominicos se lle pedíu que predicasen cruzadas non só en Visby, senón tamén en certos lugares do rural, e os académicos cren que a igrexa de Lau probablemente era un deses lugares.[2]

Dende a idade media non se realizaron grandes alteracións na igrexa. Entre os anos 1958 e 1960 o edificio foi restaurado.[2][3]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa é unha das máis grandes no rural de Gotland. Ten cinco portais exteriores, máis que calquera outra igrexa rural da illa. Deles destacan os portais románicos da nave, bastante grandes e ricamente esculpidos. O edificio carece de torre; pode deducirse pola forma na que se rematou o extremo oeste da igrexa que había plans para construír unha, pero que por algunha razón nuncqa chegaron a executarse.[3]

O interior está dominado polo alto teito abovedado, soportado por grandes columnas cos bases e capiteis esculpidos. Na parede oeste hai frescos de 1520 que representan o Xuízo Final. Tamén se conservan algunhas partes das vidreiras orixinais.[3]

A igrexa ten algunhas pezas de mobiliario destacables. O retablo, que representa a Coroación da Virxe, e de comezos do século XV, aínda que foi repintado no século XVIII. A cruz triunfal é unha das máis grandes dos países nórdicos e data de mediados do XIII. A pía bautismal é un traballo do mestre escultor románico Sigraf.[1][3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Vägen till kulturen på Gotland. Visby: Gotlands fornsal. pp. 171–172. ISBN 91-971048-1-7. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 201–203. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 193–195. ISBN 9129410355. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Lau kyrka". Lau.se. Consultado o 25 de xullo de 2018.