Igrexa de Boge
| Igrexa de Boge | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Gotland | |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Parte de
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Ocupante
| |||||
|
Diocese
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de Boge (sueco: Boge kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Boge, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa de Boge é unha igrexa do gótico temperán. As partes máis antigas son o coro e a sancristía, que datan de mediados do século XIII. A nave é posterior e substituíu a unha nave previa de estilo románico; este feito explica o motivo polo que é infrecuentemente curta e ancha, xa que se encaixou entre un coro e unha torre que xa existían. Porén, a torre actual comezou a construírse en 1867 e rematouse en 1892, xa que a vella colapsou durante unha treboada en 1857. Na mesma treboada a nave quedou severamente danada pero foi reconstruída.[1]
Externamente a igrexa está apoiada por un único contraforte, levantado tras a treboada de 1857 para estabilizala. O portal principal é un pouco posterior ao resto do edificio e data de mediados do século XIV. Os seus capiteis están esculpidos de forma decorativa.[1] A igrexa foi restaurada en 1925 polo arquitecto Anders Roland.
No interior a igrexa está decorada con dous conxuntos de frescos que datan do período de construción e do século XV, respectivamente. Estes últimos están realizados polo pintor anónimo coñecido como Passionsmästaren. A meirande parte do mobiliario é do século XVIII, coa excepción da pía bautismal, do século XIII, e dun gran candelabro medieval de ferro. No coro son visibles algunhas tumbas medievais.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalle do capitel do portal principal
-
Interior da igrexa
-
Portal principal
-
Arco de triunfo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 103–104. ISBN 9129410355.
