Igrexa de Endre
Igrexa de Endre | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Gothem |
Coordenadas | 57°36′37″N 18°27′55″L / 57.610253, 18.465405 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Endre (sueco: Endre kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Endre, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura
[editar | editar a fonte]A presente igrexa estivo precedida por unha anterior de estilo románico. Desa primeira igrexa só se conserva a torre, construída no século XII e elevada no XIV. Un feixe de esculturas de pedra tamén foron reusadas no actual edificio, como por exemplo unha escultura dun dragón e outra dun león, que agora se atopan no muro da fachada sur da igrexa. O resto do edificio data do século XIII (o coro e a sancristía) e de principios do XIV (a nave).[1] A igrexa está construída con rocha calcaria.[2]
Ademais das mencionadas esculturas románicas, o exterior da igrexa tamén está adornada con portais esculpidos, tanto de estilo románico como gótico.[1]
Internamente a igrexa está decorada con frescos realizados polo artista coñecido como Passionsmästaren a mediados do século XV. Os frescos foron descubertos durante unha renovación en 1915. A igrexa tamén conserva varios paneis das vidreiras medievais. O retablo tamén é medieval, de finais do século XIV, ao iguual que o sagrario. A cruz triunfal data de ao redor do ano 1300, e a pía bautismal, posiblemente feita polo artista Hegvald, é unha peza románica do século XII ricamente decorada.[1]
A igrexa atópase nun cemiterio que está rodeado por unha muralla baixa de pedra calcaria, na cal aínda sobrevive unha lychgate medieval.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Interior da igrexa
-
Unha das vidreiras orixinais
-
Portal sur
-
Lychgate do cemiterio
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 125–128. ISBN 9129410355.
- ↑ Region Gotland (ed.). "Endre kyrka". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de abril de 2018.
- ↑ Svenska Kyrkan (ed.). "Endre kyrka". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 26 de abril de 2018.