Igrexa de Guldrupe
| Igrexa de Guldrupe | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Gotland | |||||
|
Instancia de
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Ocupante
| |||||
|
Diocese
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Patrimonio cultural | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata C:Commons |
A igrexa de Guldrupe (sueco: Guldrupe kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Guldrupe, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]A parte máis antiga da presente igrexa é a nave, que data de finais do século XII. Porén, no lugar atopáronse táboas de carballo decoradas con dragóns que indican que puido existir unha igrexa anterior de madeira. A torre é de principios do século XIII, e de finais dese século son os desproporcionalmente grandes coro e sancristía. O coro substituíu a un anterior máis pequeno, pero os plans para substituír tamén a nave nunca se levaron a cabo. Dende a Idade Media o edificio non sufriu cambios significativos. As fiestras son do ano 1865 e a igrexa foi renovada entre 1964 e 1965.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa está construída con calcaria. A nave e a torre son de estilo románico, mentres que o coro, construído posteriormente, é de estilo gótico. O chapitel piramidal é pouco común xa que a súa construción é en gran parte orixinal.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Portal do coro
-
Vista dende o norte
-
Interior da igrexa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Riksantikvarieämbetet (ed.). "Guldrupe kyrka". Consultado o 24 de xuño de 2018.
