Igrexa de Hablingbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Hablingbo
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónHablingbo
Coordenadas57°11′14″N 18°15′46″L / 57.187277777778, 18.262722222222Coordenadas: 57°11′14″N 18°15′46″L / 57.187277777778, 18.262722222222
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Hablingbo (sueco: Hablingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hablingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira igrexa do lugar foi unha stavkirke construída a comezos do século XII como moi tarde.[1] Posteriormente foi substituída por unha igrexa de pedra románica, da cal aínda sobrevive a torre no presente edificio. A nave e o coro reconstruíronse completamente durante o século XIV en estilo gótico. Dende entón a igrexa sufriu poucas alteracións. Porén, varias pezas do seu mobiliario foron levadas a museos. O retablo é de estilo barroco e data do século XVII, e os bancos son neogóticos e son da década de 1890.[2][3]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa é unha das máis grandes de Gotland.[3] A nave ten tramos anchos e bóvedas altas e é infrecuentemente monumental. O coro carece de ábsida, como na meirande parte das igrexas da illa.

A igrexa ten tres portais ricamente esculpidos. O máis antigo atópase na fachada norte e é probablemente un remanente da anterior igrexa románica. A decoración esculpida é do século XII e foi realizada polo artista anónimo comecido como Majestatis. Este inclúe, entre outras cousas, unha das primeiras representacións do Demo na arte escandinava.[1] O portal está considerado unha das pezas máis interesantes de arte románica en Suecia.[3] Os outros portais, de estilo gótico, están situados na fachada sur e son posteriores. O portal principal ten unha rica decoración. As súas esculturas representan temas cristiáns, como a vida de María. Probalemente foron realizados no taller do artista coñecido como Egypticus.[2]

No seu interior hai restos de frescos do século XV no coro. Nunha parede da torre tamén hai pintado un labirinto "cidade de Troia". Alí tamén hai unha lápida de pedra colocada posiblemente antes da igrexa de pedra. É unha tumba cristiá tallada con runas.[2][3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 219–221. ISBN 978-91-85873-83-8. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 158–163. ISBN 9129410355. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Vägen till kulturen på Gotland. Visby: Gotlands fornsal. pp. 176–177. ISBN 91-971048-1-7.