Igrexa de Hangvar
Igrexa de Hangvar | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | Gotland ![]() |
Localización | Hangvar |
Coordenadas | 57°50′22″N 18°41′19″L / 57.839305555556, 18.688527777778Coordenadas: 57°50′22″N 18°41′19″L / 57.839305555556, 18.688527777778 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Hangvar (sueco: Hangvar kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hangvar, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]
A igrexa de Hangvar data do século XIII. As súas partes máis antigas son o coro e a nave, construídas en 1218. A torre foi construída pouco despois, ao redor de 1250, ao igual que o portal sur actual cando a anterior entrada foi movida á torre.[1] A igrexa ten un portal de entrada decorado con capiteis esculpidos e a escultura dunha cabeza na parte superior. Internamente, o teito do edificio está soportado por catro bóvedas que descansan sobre unha columna central. A robusta base da columna está decorada con catro cabezas grotescas esculpidas.
Entre o mobiliario destaca a pía bautismal medieval, que data de ao redor do ano 1250. Tamén se conservan partes dunha cruz triunfal do século XII. A igrexa estivo orixinalmente decorada con sei esculturas de madeira da Idade Media, pero no presente atópanse no Museo de Gotland en Visby. O retablo, feito de madeira, é do ano 1684, e o púlpito é de 1633.[2]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Jonson, Christer (2017). Angels et dragons : Gotland's cultural treasures. Visby: Gotlands Museum. ISBN 9789188036988. OCLC 1077527198.
- ↑ Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. p. 170. ISBN 9129410355.