Igrexa de Gothem
| Igrexa de Gothem | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Gotland | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Ocupante
| |||||||||
|
Diocese
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons |

A igrexa de Gothem (sueco: Gothems kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gothem, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]A presente igrexa gótica é probablemente a sucesora do dúas igrexas previas; a primeira delas unha stavkirke ou polo menos unha igrexa de madeira que posteriormente foi substituída por unha igrexa románica. A reconstrución da igrexa cara a súa forma presente levouse a cabo dende comezos do século XIII ata mediados do século XIV. Orixinalmente a igrexa puido ser construída para servir a unha gran granxa. Desde o seu remate no século XIV permaneceu case inalterada.[1][2]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa ten unha alta e esvelta torre no oeste que ten unha campá, construída polo anónimo mestre construtor gótico Master Egypticus. A nave está dividida en dúas por unha única columna, e o coro remata nunha ábsida. Durante unha restauración levada a cabo nos anos 50 do século XX descubríronse frescos medievais. No presente os frescos dominan novamente todo o interior da igrexa. En parte están deseñados como imitacións de cortinas ou tapices, e pola outra representan escenas bíblicas e outras figuras (incluídos cabaleiros e soldados loitando). Os frescos datan de ao redor do ano 1300 e probablemente foron realizados por un artista alemán.[1][2]
A igrexa tamén ten un banco do coro da primeira metade do século XIV e unha campá de 1374. Do resto dos mobles, a meirande parte son posteriores, de estilo barroco.[1][2]
Preto da igrexa atópanse as ruínas dunha torre defensiva relativamente ben conservadas. A torre data do século XII e foi construída como un lugar para protexer á congregación durante tempos de guerra ou perigo.[1][2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o sur
-
Vista dende o oeste
-
Portal sur
-
Torre
