Saltar ao contido

Igrexa de Hejde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Hejde
Gotland Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Ocupante
 Diocese
Localización
 Situado en
 Localización
Recoñecemento
Complexo eclesiástico de edificios catalogado
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Wikidata C:Commons

A igrexa de Hejde (sueco: Hejde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Hejde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

A torre e a nave son as partes máis antigas da igrexa de Hejde, datando de mediados do século XIII. O coro é un século posterior e substituíu a un coro anterior románico máis pequeno. Os plans para ampliar a nave e a torre nunca se executaron. A sancristía data do ano 1795. A igrexa foi restaurada entre os anos 1935 e 1936, en 1976 e entre 1986 e 1986.[1]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

A igrexa ten dous portais de entrada decorados na súa fachada sur. Deses, o do coro está considerado un dos máis peculiares de Gotland. A torre da igrexa está decorada con galerías laterais no sur e no norte, e ten dúas aberturas para as campás, cada unha delas divididas con parteluces, en cada lado. Internamente o teito da igrexa está soportado por bóvedas de crucería, algo pouco común nas igrexas de Gotland. Frescos dos séculos XIII e XIV decoran as paredes e nas fiestras aínda se conservan vidreiras medievais, probablemente da segunda metade do século XIV.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Riksantikvarieämbetet (ed.). "Hejde kyrka". Consultado o 18 de abril de 2018.