Igrexa de Tingstäde
Igrexa de Tingstäde | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Suecia |
Rexión | Gotland |
Localización | Tingstäde |
Coordenadas | 57°44′11″N 18°36′55″L / 57.736333333333, 18.615138888889 |
Culto | |
Culto | Igrexa de Suecia |
Diocese | Diocese de Visby |
Estilo | arquitectura románica |
Páxina web | https://www.svenskakyrkan.se/norragotland/tingstade-kyrka |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Tingstäde (sueco: Tingstäde kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Tingstäde, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.
Historia
[editar | editar a fonte]No mesmo lugar onde se atopa a presente igrexa construíuse unha de madeira a comezos do século XII a máis tardar. Posteriormente foi substituída primeiro por unha igrexa románica, da cal sobreviven os portais, e posteriormente foi reconstruída en estilo gótico durante os séculos XIII e XIV. Dende entón a igrexa permaneceu case inalterada.[1][2][3]
A igrexa foi unha das tres chamadas igrexas de asilo en Gotland durante a idade media, un lugar onde presuntos criminais podían atopar refuxio en espera de xuízo.[1][2] O nome Tingstäde tamén se traduce como "situación dun thing", indicando que o lugar ten antigas tradicións xudiciais.[1]
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A igrexa ten unha alta torre (55 metros) adornada con galerías góticas en varios pisos. No seu interior restos de pedras pintaras foron usados como material de construción.[4] A nave está abovedada e o teito está apoiado nunha única columna central con capiteis ricamente decorados, realizados no século XIII polo escultor anónimo coñecido co nome de Calcarius. O coro carece de ábsida. Externamente os portais románicos están tamén decorados con esculturas de pedra. O portal interior que vai do coro á sancristía é máis antigo, do século XII, e está decorado co Año de Deus, que tamén é o símbolo heráldico de Gotland. Dada a situación da igrexa nun antigo lugar de importancia política, os académicos especulan sobre se xa era un símbolo para a illa durante o século XII.[1][2][3]
A igrexa de Tingstäde ten unha pía bautismal probablemente feita polo artista coñecido como Master Majestatis, e posiblemente procedente da primeira igrexa de madeira.[1] Tamén ten unha notable cruz triunfal do século XIV. O retablo é considerablemente posterior, do século XVIII, mentres que os bancos son probablemente do XVII.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista dende o sur
-
Vista dende o aire
-
Pía baustismal
-
Interior da igrexa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Andrén, Anders (2011). Historiska Media, ed. Det medeltida Gotland: en arkeologisk guidebok. Lund. pp. 175–176. ISBN 978-91-85873-83-8.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 250–251. ISBN 9129410355.
- ↑ 3,0 3,1 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Vägen till kulturen på Gotland. Visby: Gotlands fornsal. pp. 81–82. ISBN 91-971048-1-7.
- ↑ "Tingstäde kyrka". Svenska Kyrkan. Consultado o 15 de agosto de 2018.