Igrexa de Kräklingbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Kräklingbo
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónKräklingbo
Coordenadas57°26′43″N 18°42′41″L / 57.44524, 18.71139Coordenadas: 57°26′43″N 18°42′41″L / 57.44524, 18.71139
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Kräklingbo (sueco: Kräklingbo kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Kräklingbo, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura[editar | editar a fonte]

O coro e a súa proxección ao estilo dunha ábsida cara ao leste son as partes máis antigas da igrexa de Kräklingbo. Esta parte do edificio formou orixinalmente a nave e o coro dunha igrexa anterior; unha inscrición menciona a súa inauguración en 1211. A presente nave e sancristía foron construídas ao redor de 1300, e así incorporaron eses primeiros elementos. A fiestra oriental desa proxección do coro data da reconstrución. Os dous portais principais tamén son dese período de construción posterior. Estes están ricamente decorados con esculturas que representan motivos relixiosos e ornamentais. Nunca se construíu unha torre propiamente dita; a agulla probablemente sexa do século XVIII pero foi reconstruída durante unha restauración en 1908.[1]

No interior a igrexa está decorada con frescos. A meirande parte deles son de principios do século XIII e representan escenas relixiosas. Durante a reconstrución da igrexa ao redor de 1300, algúns frescos foron danados. Tres escenas engadíronse en 1908. A igrexa tamén está decorada co uso de pedras alternas de diferentes cores en moitos dos detalles como os marcos das fiestras.[1]

A igrexa conserva varios obxectos medievais. O retablo foi elaborado en Gotland a comezos do século XVI. A cruz triunfal é máis antiga, de finais do século XIII, e aínda é de tradición románica. Os bancos do coro son do século XIV. A pía bautismal e o pouco común púlpito son da segunda metade do século XVII e de estilo barroco.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 187–190. ISBN 9129410355.