Igrexa de Gammelgarn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Gammelgarn
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónGammelgarn
Coordenadas57°24′16″N 18°48′16″L / 57.40456, 18.8045Coordenadas: 57°24′16″N 18°48′16″L / 57.40456, 18.8045
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Gammelgarn (sueco: Gammelgarns kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Gammelgarn, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia[editar | editar a fonte]

Probablemente houbo unha pequena igrexa de madeira no lugar, construída a finais do século XI ou principios do XII, antes da construción do edificio de pedra, aínda que non se conservan restos.[1] A igrexa presente está construída ao lado dunha torre defensiva, levantada no século XII e posiblemente deseñada para protecer á congregación de incursores que chegaban por mar.

A construción da igrexa de pedra iniciouse no primeiro cuarto do século XIII. Esta primeira igrexa de pedra estaba formada por unha pequena nave e un coro máis estreito, probablemente sen ábsida.[1]

O presente edificio foi construído principalmente no século XIV. No segundo cuarto do século construíuse o coro, no leste do anterior, a sancristía e posiblemente a parte leste da nova nave no lugar do primeiro coro. Posteriormente tirouse abaixo a parte máis oriental da primeira nave, así como a súa columna central, ampliando a nova nave, e erixíuse unha bóveda de crucería na parte que quedaba da vella igrexa, converténdose na torre do novo edificio.[1] O tellado actual da torre data do ano 1755.[2][3]

No século XV a igrexa resultou gravemente danada por un incendio e a columna central tivo que ser reforzada.[1]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

A igrexa é un edificio do alto gótico, caracterizado por unha nave espazosa dividisa en catro bóvedas por unha única columna. O coro carece de ábsida e no seu lugar o muro oriental está adornado con tres fiestras góticas.[2]

A parte que máis destaca da grexa é o seu portal sur, ricamente esculpido. Data do século XIV e foi executado polo taller do artista local coñecido como Master Egypticus. Nel se mostran escenas do Antigo Testamento.[2]

O interior da igrexa está adornada con frescos, dos cales só se conservan algúns fragmentos. O retablo é unha peza pouco común que data do século XIV, e a igrexa tamén conserva unha pía bautismal medieval. Hai unha tumba no chan do coro que está inscrita con runas. O resto do mobiliario data do século XVII (o púlpito) e do XVIII (os bancos e os postos do coro).[2][3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Kyrkor på Gotland - Kräklinge ting - sydöstra delen. Roosval, Johnny; Lagerlöf, Erland.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 145–146. ISBN 9129410355. 
  3. 3,0 3,1 Jonsson, Marita; Lindquist, Sven-Olof (1987). Gotlands fornsal, ed. Vägen till kulturen på Gotland. Visby. pp. 155–156. ISBN 91-971048-1-7.