Arcanxo Miguel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Arcanxo Miguel na igrexa de Santa María do Azougue, Betanzos.

O arcanxo Miguel (en hebreo: מיכאל Migha-El, "Quen coma Deus?" en árabe: ميخائيل Mījā'īl; en grego: Μιχαήλ Mikhaíl; en latín: Michael), tamén coñecido por San Miguel, é o Xefe dos Exércitos de Deus nas relixións xudía, islámica e cristiá (Igrexas católica, ortodoxa, copta e Anglicana).

Para os hebreos é o protector de Israel e patrón da sinagoga. A Igrexa Católica considérao como patrón e protector da Igrexa Universal; e o primeiro dos sete arcanxos, xunto con Gabriel e Rafael. Supostamente tocará a trompeta o día do arrebatamento (1° Tesalonicenses 4, 16), e é o encargado de frustrar a Lucifer ou Satanás, inimigo principal de Miguel por ser o arcanxo dos anxos caídos ou do mal (Apocalipse 12:7). Por iso, na arte represéntase coma un anxo con armadura de xeneral romano, ameazando cunha lanza ou espada a un demo ou dragón. Tamén adoita ser representado pesando as almas na balanza, pois segundo a tradición, el tomaría parte no Xuízo Final, imaxe inspirada no Xuízo de Anubis do Antigo Exipto e recibe o nome de psicostasia.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]