Nave

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha nave é unha embarcación ou barco, especialmente os de gran tamaño. Outras embarcacións de gran tamaño son os navíos, usados para a guerra ou o transporte de mercancías, e os buques, barcos de gran tamaño e solidez de certa importancia pola misión a que son destinados e polas longas travesías que se poden realizar con eles.

Historia[editar | editar a fonte]

A jangada está considerada un dos proxectos máis simples de embarcación

Prehistoria e antigüidade[editar | editar a fonte]

A historia dos barcos vive paralela á historia das aventuras dos seres humanos. Os primeiros barcos coñecidos datan do neolítico, preto de 10 000 anos atrás. Estas naves primitivas posuían funcións limitadas. Inicialmente empregáronse para a caza e a pesca. A nave máis antiga descuberta polos arqueólogos é unha canoa construída con troncos de coníferas empregando ferramentas de pedra.

Arredor do século XXX a.C., en Exipto xa se coñecía como montar cascos de embarcacións con táboas de madeira.[1] Empregaban presas de tecido para xuntar as táboas e selaban as costuras entres elas. Na Grecia antiga os historiadores e xeógrafos teñen documentada a construción de naves como os primeiros de Exipto.[2] A primeira nave coñecida con nome foi "Louvor das Dúas Terras", nave do faraón Sneferu.[3]

Na Asia oriental, na dinastía Zhou, desenvolvéronse tecnoloxías nas naves como o leme montado na popa, e atopouse tamén unha frota de navíos da dinastía Han ben conservada e que fora empregada no campo militar. Na Idade Media as embarcacións xa tiñan compartimentos estancos para almacenar auga. A dinastía Ming, no século XV, organizou unha das maiores e máis poderosas frotas do mundo. Nesa época, en Corea, atopouse o primeiro barco construído en ferro.

A civilización minoica en Creta (2000 a.C.) tiña un control naval efectivo do leste do mar Mediterráneo.[4] A antiga Nubia negociaba coa India e hai evidencias de que naves do nordés de África chegaron á rexión entre a India e Sri Lanka.[5] Tamén se sabe do negocio de persoas de Somalia antes da chegada do islam en portos como Berbera e en Exipto.[6]

Mosaico romano dunha trirreme de Cartago, Museu do Bardo, Tunes.

Os swahilis tiñan portos comerciais na África oriental medieval e o Gran Zimbabwe tiña contacto comercial coa África central, probabelmente importando bens traídos a través da actual Tanzania.[7] No auxe do Imperio de Malí, o emperador Mansa Musa construíu unha gran frota no século XIII e comezos do XIV.[8] Nesa época en Dinamarca inventouse o casco segregado que permitiu un aumento gradual das embarcacións.

A partir do século XIV[editar | editar a fonte]

Réplica da nave Victoria, de Magalhães.

Ata o Renacemento a tecnoloxía naval permaneceu bastante primitiva. Este feito, con todo, non impediu que algunhas civilizacións se convertesen en potencias marítimas, como as repúblicas de Xénova e Venecia, a Liga Hanseática e o imperio Bizantino. Os viquingos empregaron os seus knarrs para explorar Norteamérica e comerciar polo mar Báltico.

A finais do século XIV algúns barcos comezaron a ter torres na popa e na proa, que diminuían a estabilidade da nave. No século XIV, a carabela, deseñada polos portugueses baseada no qarib árabe podía navegar máis preto do vento, e estendeuse o seu uso. Estas torres foron substituídas gradualmente polos castelos de popa e proa como na Santa María de Cristovo Colón. Isto incrementou a borda libre permitindo a inclusión de artillaría, como nos galeóns do século XVI.

Nacionalidade e rexistro das naves[editar | editar a fonte]

Pavillón galego en Plates Descriptive of the Maritime Flags of All Nations de J. W. Norie (1832)

A nacionalidade dos barcos mercantes e militares depende do pavillón que enarboren, se o fan de xeito lexítimo. Esa nacionalidade ten extraordinaria importancia, ata o punto de que ningunha nave ousaría navegar sen pavillón e ningún país permitiría a navegación polas súas augas territoriais.

Ademais da nacionalidade, a nave ten que ostentar un nome debidamente rexistrado polas autoridades competentes de cada país. O nome e o porto de rexistro consta no espello de popa e debe estar ben visible, tamén se indica o nome do buque nos costados de proa.

Naves subestándar[editar | editar a fonte]

Un buque subestándar é unha nave que non cumpre coas esixencias dos convenios internacionais e cuxos certificados de navegabilidade foron emitidos sen considerar o verdadeiro estado da nave.

Para que un buque se faga ó mar necesita que un estado soberano o recoñeza e lle permita enarborar o pavillón desa nación, por exemplo, Panamá, Chile, Arxentina, Bolivia etc.

Logo que foi rexistrado, require que o estado de abandeiramento efectúe unha serie de recoñecementos estatutarios acordados previamente pola Organización Marítima Internacional, OMI; entre algúns destes convenios atópanse:

  • SOLAS (das siglas en inglés de Safety of Life at Sea Convenio Internacional para a Protección da Vida Humana no Mar).
  • MARPOL Convenio Internacional para a prevención da contaminación da augas por derramos de hidrocarburos.
  • LL Convenio de liñas de Carga de 1969.
  • Regulamento Internacional para Previr as Abordaxes no Mar de 1972.

Dando orixe a certificados de cumprimento que permitirán verificar que o buque se atopa en condicións de facerse ao mar, tales como:

  • Certificado de Seguridade de Equipo
  • Certificado de Seguridade de Construción
  • Certificado de Seguridade de radio
  • Certificado para a Prevención de Derramos de Hidrocarburos etc.
  • Certificado para liña de carga (marca Plimsoll).

Do anterior despréndese que ningún barco debería navegar en condicións inseguras, especialmente se posúe certificados que garantan a súa seguridade.

Moitos dos estados de abandeiramento delegan en Sociedades de Clasificación:

As Sociedades de Clasificación supervisan os buques dende o desexo, a súa construción no esteleiro e a súa operación e mantemento. A responsabilidade de efectuar os recoñecementos e emitir as certificacións correspondentes é delas, pero, moitas veces as certificacións son emitidas a buques que en xustiza deberían ser enviados a desmantelamento; presentando cadernas, completamente destruídas pola acción do oxido, cascos crebados e fatigados, buques sen o equipamento adecuado para operar, tripulacións mal preparadas etc. xa que moitas destas eivas son competencia dos países nos que está rexistrado o buque que en moitos casos son bandeiras de conveniencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ward, Cheryl. "World's Oldest Planked Boats," in Archaeology (Volume 54, Number 3, May/June 2001). Archaeological Institute of America. Archaeology.org
  2. Agatárquides, in Wilfred Harvey Schoff (Secretary of the Commercial Museum of Philadelphia) with a foreword by W. P. Wilson, Sc. Director, The Philadelphia Museums. Periplus of the Erythraean Sea: Travel and Trade in the Indian Ocean by a Merchant of the First Century, Translated from the Greek and Annotated (1912). New York, New York: Longmans, Green, and Co., pages 50 (for attribution) and 57 (for quote).
  3. Anzovin, item 5393, page 385 Reference to a ship with a name appears in an inscription of 2613 BCE that recounts the shipbuilding achievements of the fourth-dynasty Egyptian pharaoh Sneferu. He was recorded as the builder of a cedarwood vessel called "Praise of the Two Lands."
  4. "Minoan civilization". Encyclopædia Britannica.
  5. "Aksum An African Civilization of Late Antiquity by Stuart Munro-Hay" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2017. Consultado o 06 de decembro de 2017. 
  6. Cultures and Customs of Somalia. Books.google.com. 2001. ISBN 9780313313332. Consultado o 21-4-2009. 
  7. Hall, Martin; Silliman, Stephen W. (2006). Historical Archaeology. Books.google.com. ISBN 9781405107518. Consultado o 2009-04-21. 
  8. "Texancultures.utsa.edu". Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2009. Consultado o 06 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]