Chapitel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para a parte superior da columna véxase capitel.
Detalle do chapitel da Igrexa de San Pedro, en Riga(Letonia).
Chapiteles da Catedral de Burgos

Un chapitel ou agulla é un elemento arquitectónico que se sitúa na parte superior dunha torre, campanario ou igrexa a modo de remate. Por veces o termo tamén é empregado como sinónimo de capitel, elemento de remate superior da columna ou da pilastra.

A forma dos chapiteis pode variar en función dos diferentes estilos arquitectónicos: poden ser de forma piramidal, cónica ou bulbosa e terminar en forma de frecha aguda. Destaca o seu uso no gótico, no que se converten na culminación visual do templo e símbolo de achegamento a Deus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chapitel