Anaximandro de Mileto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anaximandro»)
Infotaula de personaAnaximandro de Mileto

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀναξίμανδρος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 610 a. C. Editar o valor em Wikidata
Mileto Editar o valor em Wikidata
Mortec. 546 a. C. Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Mileto (Grecia antiga) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMileto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , xeógrafo , físico , matemático , astrónomo , escritor Editar o valor em Wikidata
MovementoPresocráticos e Escola de Mileto (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresTales de Mileto Editar o valor em Wikidata
AlumnosPitágoras e Anaxímenes de Mileto Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiPraxiades (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Anaximandro, detalle n'A escola de Atenas, Rafael

Anaximandro (en grego Ἀναξίμανδρος), fillo de Praxiadas ou Praxíades, e nado[1] en Mileto no 610 a. C. e finado no 546 a. C.[2], foi un filósofo presocrático, matemático, astrónomo, xeógrafo e político grego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Discípulo de Tales de Mileto, formulou a teoría da materia imperecedoira, baseado no ápeiron, o principio indeterminado de tódalas cousas, o indefinido e infinito, inmortal e indestrutible. Ensinou a oblicuidade da eclíptica, e demostrou que a Terra é redonda e que a Lúa recibe a luz do Sol. Atribúenselle moitos inventos, o reloxo de sol, mapas xeográficos, globos celestes.

Os relatos doxográficos contan que escribiu un libro titulado Sobre a Natureza; con todo, ese libro perdeuse. Atribúese a Anaximandro a confección dun mapa do mundo habitado, a introdución en Grecia do uso do gnomon (reloxo solar) e a medición das distancias entre as estrelas e o cálculo da súa magnitude (é o iniciador da astronomía grega).

Anaximandro cría que o principio de todo é unha cousa chamada a-peiron, que é algo infinito, tanto no senso cuantitativo (externa e espacialmente), como no senso cualitativo (internamente). Ese ápeiron é algo que non xurdiu nunca, aínda que exista, e é inmortal. Alén de definir o principio, Anaximandro preocúpase cos "comos e porqués" das cousas todas que saen do principio. El di que o mundo é constituído de contrarios, que se autoexclúen todo o tempo. O tempo é o "xuíz" que permite que exista ora un, ora outro.

Por iso, o mundo xorde de dúas grandes inxustizas: primeiro, da escisión dos opostos que "fere" a unidade do principio; segundo, da loita entre os principios onde sempre un deles quere tomar o lugar do outro para poder existir.

O Universo de Anaximandro[editar | editar a fonte]

Aspecto probable do agora perdido primeiro mapa do Mundo, feito por Anaximandro.

Anaximandro consideraba que a Terra tiña forma de cilindro e que era circundada por varias rodas cósmicas, inmensas e cheas de lume.

O Sol era un furado, nunha desas rodas cósmicas, que deixaba escapar o lume. Á medida que esa roda xiraba, o Sol tamén xiraba, explicándose así o movemento do Sol arredor da Terra. As eclipses debíanse ao bloqueo total ou parcial dese furado.

A mesma explicación daba para as fases da Lúa, que tamén era un furado noutra roda cósmica. E finalmente, as estrelas eran pequenos furados nunha terceira roda cósmica, que se situaba máis preto da Terra, do que as rodas do Sol e da Lúa.

O Evolucionismo de Anaximandro[editar | editar a fonte]

Xa no seu tempo, Anaximandro ensinaba a evolución das cousas e das especies. Para el, os animais naceron da lama mariña, e o home formaríase, no principio, dentro de peixes, onde se desenvolveu e de onde foi expulsado despois de ter tamaño dabondo para se bastar a si mesmo.

A Cosmoloxía de Anaximandro[editar | editar a fonte]

No seu libro Física, o pensador Simplicio relata:

De entre os que afirman que hai un só principio, móbil e ilimitado, Anaximandro, fillo de Praxíades, de Mileto, sucesor e discípulo de Tales de Mileto, dixo que o ápeiron (ilimitado) era o principio e o elemento das cousas existentes. Foi o primeiro en introducir o termo principio: Disque este non é a auga nin ningún dos chamados elementos, senón algunha natureza diferente, ilimitada, e dela nacen os ceos e os mundos neles contidos (...) É manifesto que, observando a transformación recíproca dos catro elementos, non achou apropiado fixar un destes como substrato, senón algo diferente, fóra destes. Non atribúe entón a xeración ao elemento en mudanza, senón á separación dos contrarios por causa do eterno movemento.

Para Anaximandro, o Universo era eterno e infinito. Un número infinito de mundos existiran antes do noso. Despois da súa existencia, disolvéronse na materia primordial (o ápeiron) e posteriormente outros mundos volveron a nacer.

Esa imaxe dinámica do Universo, onde a materia aparece e desaparece continuamente, lémbranos o mito da creación do hinduísmo, onde o deus Shiva a través da súa danza sustenta todos os procesos de creación e destrución.

Anaximandro, con todo, non cría en ningún deus: para el todos os ciclos de creación, evolución e destrución eran fenómenos naturais, que ocorrían a partir do punto en que a materia abandonaba e se afastaba do ápeiron. O ápeiron era a realidade primordial e final de tódalas cousas e, consecuentemente, contiña toda a natureza do divino en si mesmo.

Todo o que existe, soamente existe en función dunha emancipación do ser eterno e polo tanto ao se separar deste, é digno de castigo.

De onde as cousas teñen seu nacemento, alí tamén deben ir ao fondo. Segundo a necesidade, pois tén de pagar penitencia e de ser xulgadas polas súas inxustizas, conforme a orde do Tempo.
Todo o que nace, un día vai morrer; todo o que é quente, un día vai arrefriar; todo o que é grande, pode ser quebrado en pedazos menores; o lume pode ser combatido con auga, e como resultado, lume e auga deixan de existir.
E onde se poden percibir propiedades concretas, podemos profetizar que un día sucumbirán.

Así, Anaximandro conclúe que a esencia de todas as cousas non pode posuír esas propiedades determinadas que sucumben ao longo do Tempo. De aí o seu concepto de ápeiron, ser algo ilimitado, infinito, indefinido e eterno.

Anaximandro e a física moderna[editar | editar a fonte]

Algunhas das súas ideas son moi semellantes a opinións e teorías da física actual:

  • A súa idea dun mundo que sustentase por un equilibrio de forzas é moi semellante á gravidade e á forza centrífuga, forzas que manteñen a Terra xirando arredor do Sol.
  • A súa idea de que a acción do Sol fai xurdiren as criaturas de estrutura simple na auga, que despois migran para a terra e adquiren estrutura máis complexa parécese á teoría da evolución das especies.
  • A súa idea dos opostos parécese á teoría de que o baleiro produce partículas (suponse que, logo despois do Big Bang, o baleiro produciu pares de partículas e antipartículas que se exterminaban ao se atoparen, pois o espazo aínda era moi pequeno e os pares sempre se atopaban; as únicas diferenzas entre as teorías son que, para Anaximandro, os pares eran de cousas con propiedades determinadas como frío e calor, e para a Física, aqueles pares eran algo como enerxía concentrada.
  • Para Anaximandro, os contrarios revézanse no tempo, e para os científicos, os pares auto-exterminábanse - pois eran como +1 (materia) e -1 (anti- materia) e, ao se atoparen, precisaban saldar a súa débeda de enerxía.

Pódese sempre supor que Anaximandro chegou, na súa época, a iguais conclusións a que moitos científicos chegaron hoxe, aínda que por medios diferentes (pois Anaximandro dispuña apenas da súa observación e da súa reflexión); tamén se podería supor que tales teorías físicas inspiráronse na lectura, por parte dos científicos, de Anaximandro. En calquera das hipóteses, sen dúbida este filósofo era unha persoa notable.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]