Parménides de Elea
Nome orixinal | (grc) Παρμενίδης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 515 a. C. ↔ 510 a. C. Velia, Italia |
Morte | c. 470 a. C. (44/45 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e filosofía grega |
Lugar de traballo | Grecia Antiga |
Ocupación | filósofo, poeta, escritor, lexislador |
Movemento | Presocráticos e Escola eleática (pt) |
Profesores | Xenófanes de Cólofon |
Alumnos | Zenón de Elea, Euclides de Mégara e Empédocles |
Influencias | |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |
Parménides de Elea (arredor do 530 a.C. — 460 a.C.) naceu en Elea, hoxe Velia, Italia. Foi o fundador da escola eleática. Hai unha tradición que afirma que Parménides foi discípulo de Xenófanes de Cólofon mais non hai certeza sobre o feito, xa que unha tradición distinta afirma que foi o filósofo pitagórico Aminias (ou Ameinias) quen despertou a vocación filosófica de Parménides.
O seu pensamento está exposto nun poema filosófico titulado Sobre a Natureza, dividido en dúas partes distintas: unha que trata do camiño da verdade (alétheia) e outra que trata do camiño da opinión (dóxa), ou sexa, daquilo onde non hai ningunha certeza. Dun xeito simplificado, a doutrina de Parménides sustenta o seguinte:
- Unidade e a imobilidade do Ser;
- O mundo sensible é unha ilusión;
- O Ser é Un, Eterno, Non-Xerado e Inmutable.
Por estas características, algúns vén no poema de Parménides o propio xurdimento da ontoloxía. Ao mesmo tempo, o pensamento de Parménides é tradicionalmente visto como oposto ao de Heráclito.
Os outros representantes da escola eleática son Cenón de Elea e Meliso de Samos.
Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |