Saltar ao contido

John Dewey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Dewey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1859 Editar o valor en Wikidata
Burlington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1952 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaUniversidade de Vermont 44°28′48″N 73°11′57″O / 44.4799, -73.19913 Editar o valor en Wikidata
Presidente da Asociación Americana de Psicoloxía
1899 – 1899 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
RelixiónReligious humanism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Johns Hopkins
Universidade de Vermont
Burlington High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e Filosofía da educación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, sindicalista, esteticista, mestre, sociólogo, pedagogo, catedrático, psicólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Universidade Columbia
Universidade de Míchigan
Universidade de Minnesota (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosRobert Bruce Raup (en) Traducir, Lilla Belle Pitts (pt) Traducir e Nuri Ja'far (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoHu Shi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCapt. Archibald Sprague Dewey Editar o valor en Wikidata
IrmánsDavis Rich Dewey Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEncyclopedia of Political Theory (2010 ed.) (en) Traducir, (sec:Dewey, John (1859-1952), p.382-385)
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дьюи Джон)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1156390 WikiTree: Dewey-1430 Find a Grave: 279 Editar o valor en Wikidata
Selo americano coa imaxe de John Dewey

John Dewey, nado en Burlington (Vermont) o 20 de outubro de 1859 e finado en Nova York o 1 de xuño de 1952, foi un filósofo, psicólogo e pedagogo estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

John Dewey foi fillo de Archibald Sprague Dewey e Lucina Artemisa Rich. A súa nenez e adolescencia está marcada polo calvinismo da súa nai e o gusto pola literatura británica do seu pai. Dewey volveuse un ávido lector de periódicos progresistas, cuxos colaboradores propuñan distintas versións do evolucionismo: o positivismo e o agnosticismo. Máis tarde graduouse en Artes na Universidade de Vermont e doutorouse en filosofía na Universidade Johns Hopkins.

Coñeceu á que foi a súa muller, Harriet Alice Chipman, entre os seus primeiros alumnos en Míchigan. Casaron o 28 de xullo de 1886 e tiveron sete fillos. Deixou Míchigan para aceptar a cátedra de filosofía en Minnesota pero ao pouco tempo regresou para facerse cargo da dirección da Universidade de Míchigan.

Orientación filosófica

[editar | editar a fonte]

Para Dewey ten moita importancia a experiencia nun dobre sentido, por unha parte ensaiar e por outra experimentar. A experiencia é clave para comprender a realidade, pois comprende tanto a proba coma o coñecemento. Relaciona a verdade ou valor co que se ensaia e o seu resultado. A experiencia non conduce a verdades e valores absolutos e definitivos. Ensaiar é unha invasión do futuro e os resultados están ocultos pola néboa da incerteza.

Dewey relaciona a prioridade da continuidade social coa necesidade da flexibilidade do individuo, xa que afirma que a experiencia colectiva dunha sociedade democrática é a fonte para resolver problemas futuros.

O primeiro criterio para establecer unha meta da educación é que debe nacer das actividades propias do neno. O neno nunca debe permitir que a súa elección do fin se converta nun proxecto ríxido. Os fins deben ser medios elásticos para tratar diferentes circunstancias. Dewey critica os fins educativas doutros pedagogos. Di que os mestres impoñen aos nenos fins educativos sen consultalos, pero as metas que son impostas polos mestres son impostas polos seus superiores. Tamén afirma que a educación abstracta non ten fins. Só as persoas teñen fins e téñennos porque se encontran comprometidos nas actividades concretas da vida e deben asumir o labor de guialas ata unha conclusión.

Dewey a pesar disto cre necesarios os fins e despois de analizar a natureza da educación conclúe que esta é un proceso de desenvolvemento. Preocupoulle que o desenvolvemento estivera subordinado a unha fin inflexible e estática.

Teoría pedagóxica

[editar | editar a fonte]

Dewey, comprometido coa reforma pedagóxica, trata de buscar un lugar intermedio entre dúas escolas de pedagoxía en conflito. O punto de vista de William Torrey Harris que sostén que os nenos debían ser instruídos na sabedoría acumulada pola humanidade mentres que G. Stanley Hall argumenta que o contido é secundario con respecto á expresión natural dos impulsos. Defendeu que a educación debe adaptarse tanto aos estados evolutivos do neno como á contorna do neno fóra da clase. O seu método de abstraer os mellores elementos dos puntos de vista opostos e reconstruír a partir deles novas alternativas converteuse máis tarde no seu selo distintivo.

Pensaba que a educación tradicional era autoritaria e que se fundaba en que o alumno tiña necesariamente que depender da mente e vontade doutro. O que o fixo foi crear unha nova escola, a chamada "Escola de Dewey" establecida en 1892 en Chicago, que tomou como punto de partida actividades ordinarias nas que esta comprometido.

A fin desta escola non é extraer ao neno dalgún medio ou desenvolvelo de acordo con algún modelo distante, senón axudalo a resolver os problemas que se ían presentando dentro do ambiente físico e social que o rodea.

Os contidos escolares son un instrumento que axuda ao neno. Por iso os primeiros anos de educación baséanse nas necesidades do neno, a lectura e a escritura eran sinxelos instrumentos. Dewey sostén que o defecto da educación antiga é que separan o saber do facer.

Os factores que motivan as ideas pedagóxicas son: a democracia, a Revolución Industrial e a ciencia moderna.

Ademais de ser moi prolífico publicando, Dewey tamén formou parte dos consellos de administración de publicacións científicas como Sociometry (consello asesor, 1942) e Journal of Social Psychology (consello editorial, 1942), ademais de ter postos noutras publicacións como New Leader (editor colaborador, 1949).

Neste artigo, preséntase unha selección das súas publicacións: