Felipe Martínez Marzoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Felipe Martínez Marzoa
Nacemento1943
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónfilósofo, catedrático de universidade e escritor
editar datos en Wikidata ]

Felipe Martínez Marzoa, nado en Vigo o 8 de outubro de 1943, é un filósofo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Á idade de 29 anos, publica os dous volumes da primeira edición da súa Historia da filosofía, tras realizar estudos de filosofía, matemáticas e grego. Desde entón, a súa obra, non exenta de polémica, permanece fiel ao propósito hermenéutico da historia da filosofía.

En 1982 presenta a súa tese doutoral sobre "A teoría do valor de Marx na filosofía moderna", dirixida por Jacobo Muñoz Veiga, na Universidade Complutense de Madrid. O estudo e a influencia de Heidegger, recoñecida nalgún momento da súa obra, lévano a afastarse da análise dos seus textos para centrar definitivamente o seu labor hermenéutico en dous ámbitos da historia da filosofía: o grego e o moderno.

En 1985 obtén a cátedra de Historia da Filosofía da Facultade de Filosofía da Universidade de Barcelona. A solidez da súa obra e a súa adhesión ao rigor da filosofía, convertérono, segundo algunhas opinións, nun dos pensadores máis influentes da filosofía contemporánea en lingua castelá. Desde o curso 2006/2007 está prexubilado.

Pensamento[editar | editar a fonte]

A súa obra iníciase con escritos propedéuticos de filosofía, e con estudos sobre o marxismo. Paulatinamente abandona a temática política e oriéntase cara á problemática da fenomenoloxía lingüística e da hermenéutica dos textos gregos, así como cara ao estudo da filosofía alemá no período que abarca de Leibniz a Nietzsche.

Algunhas das súas teses principais versan sobre a irreductibilidade do ser en Grecia, a importancia do cristianismo como mediador entre Grecia e a modernidade, a física matemática e a calculabilidade do ente moderno, e a distancia hermenéutica da historia da filosofía desde Nietzsche ata os nosos días.

Obras[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Historia de la Filosofía, Madrid, 1973. Nueva edición revisada, Madrid, 1994.
  • Iniciación a la Filosofía, Madrid, 1974
  • De la revolución, Madrid, 1976.
  • Ensaios marxistas, A Coruña, 1978.
  • Revolución e ideología, Barcelona, 1979.
  • (Re)introducción o marxismo, Vigo, 1980.
  • La filosofía de "El capital" de Marx, Madrid, 1983.
  • El sentido y lo no-pensado: apuntes para el tema "Heidegger y los griegos", Murcia, 1985.
  • Heráclito-Parménides (Bases para una lectura), Murcia, 1987.
  • Desconocida raíz común: (estudio sobre la teoría kantiana de lo bello), Madrid, 1987.
  • Releer a Kant, Barcelona, 1989.
  • De Grecia y la Filosofía, Murcia, 1990.
  • Cálculo y ser: (aproximación a Leibniz), Madrid, 1991.
  • De Kant a Hölderlin, Madrid, 1992.
  • Historia de la filosofía antigua, Barcelona, 1995.
  • Hölderlin y la lógica hegeliana, Madrid, 1995.
  • Ser y diálogo: leer a Platón, Madrid, 1996.
  • Heidegger y su tiempo, Barcelona, 1999.
  • Lengua y tiempo, Madrid, 1999.
  • Lingüística fenomenológica, Madrid, 2001.
  • El saber de la comedia[1], Madrid, 2005.
  • El decir griego, Madrid, 2006.
  • Muestras de Platón, Madrid, 2007.
  • Pasión tranquila: ensayo sobre la filosofía de Hume, Boadilla del Monte, A. Machado, 2009.

Edicións e traducións[editar | editar a fonte]

  • Antígona de Sófocles. Tradución ao galego. Vigo, 1976.
  • Ensayos de F. Hölderlin. Madrid, 1976.
  • La religión dentro de los límites de la mera Razón de I. Kant. Madrid, 2001.

Colaboracións en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • "Prólogo" en Prada, A; López, A. A outra economía galega. Compostela, 1979.
  • "¿Filosofía en Galicia?" en Galicia no ano 79 / por 41 autores, A Guarda (Pontevedra), 1980, pp. 57–58.
  • "Analítica y dialéctica en la razón (práctica) kantiana" en Muguerza, J. y Rodriguez R. Kant después de Kant. Tecnos, Madrid, 1989, pp. 64–75.
  • 2Heidegger" en Metamorfosi del nihilisme. Fundación Caixa de Pensions, Barcelona, 1989. pp. 15–28.
  • "Heidegger y la filosofía griega" en Pellecín, M. y Reguera, I. Wittgenstein-Heidegger. Deputación provincial de Badaxoz, 1990. pp. 227–239.
  • "La crítica del juicio estético. Hölderlin y el idealismo". En la cumbre del criticismo. Simposio sobre la "Crítica del juicio" de Kant, Barcelona, 1990.
  • "La «Crítica del Juicio» y la cuestión Grecia-Modernidad" en AA. VV. Estudios sobre la “Crítica del Juicio”, Visor y C.S.I.C., Madrid, 1990, pp. 147–164.
  • 2La palabra que viene" en VV. AA. Heidegger: La voz de tiempos sombríos. Ed. del Serbal, Barcelona, 1991, pp. 147–160.
  • "Was hat die Philosophie noch zu tun?" en Rühle, V. Beiträge zur Philosophie aus Spanien. Karl Albert Verlag, Freiburg i. Br., 1992, pp. 139–155.
  • "De Kant a Hölderlin” en Martínez, Fco. J.(coord.). Romanticismo y marxismo. Fundación de Investigaciones marxistas, Madrid, 1994, pp. 27–48.
  • "«Seyn» y «Ur-teilung»", en Market, O. y Rivera de Rosales, J.(coord.) El inicio del idealismo alemán, Complutense-UNED, Madrid, 1996, pp. 335-342.
  • "Comentario a Aristóteles. De Interpretatione 1,3". En torno a Aristóteles: homenaje a Pierre Aubenque, 1998.
  • "Estado y legitimidad". Los filósofos y la política, Madrid, 1999.
  • "Estado y pólis" en Cruz, Manuel. Los filósofos y la política, FCE, México, 1999, pp. 101-115.
  • "Píndaro y el libro X de “La república” de Platón" en VV. AA. La razón del mito, UNED, Madrid, 2000.
  • "En torno al concepto “dialéctica” en Kant" en M. E. Vázquez y R. de la Calle, eds., Filosofía y razón. Kant 200 años, Univ. de Valencia, Valencia, 2005.

Conferencias e ligazóns na rede[editar | editar a fonte]