Leon Battista Alberti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeon Battista Alberti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Leon Battista degli Alberti Editar o valor em Wikidata
14 de febreiro de 1404 Editar o valor em Wikidata
Xénova Editar o valor em Wikidata
Morte25 de abril de 1472 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica da Santa Cruz Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Xénova Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Padua
Universidade de Boloña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura, art theory (en) Traducir, arquitectura, edifício histórico (pt) Traducir, Humanismo, Renacemento, escultura, Cifrado e ecclesiastical law (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Roma (1443 (Gregoriano)–1472 (Gregoriano))
Florencia (1439 (Gregoriano)–1443 (Gregoriano))
Ferrara (1438 (Gregoriano)–1439 (Gregoriano))
Florencia (1434 (Gregoriano)–1437 (Gregoriano))
Roma (1432 (Gregoriano)–1434 (Gregoriano))
Padua (1416 (Gregoriano)–1428 (Gregoriano))
Roma
Boloña
Florencia
Padua Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , organista , dramaturgo , matemático , pintor , científico , teórico da arte , artista , humanista , oficial , medallista , escultor , poeta , criptógrafo , lingüista , escritor , arquitecto , teórico da música , teórico da arquitectura , musicólogo , deportista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1419 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata - 1472 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
MovementoRenacemento italiano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGasparino Barzizza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e lingua latina Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Leon Battista Alberti

Leon Battista Alberti, nado en Xénova en 1404 e finado en Roma en 1472, foi un arquitecto, pintor, matemático, poeta, lingüista, filósofo, músico e arqueólogo italiano. Trátase dunha das figuras máis representativas do ideal do home do Renacemento xunto a Leonardo da Vinci. A súa biografía está descrita no libro de Giorgio Vasari, Vite.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alberti, nado en Xénova, é fillo ilexítimo dunha familia de comerciantes florentinos. Os primeiros estudos realízaos en Venecia e Padua. Na Universidade de Boloña estuda leis e grego. No ano 1421 comeza a carreira eclesiástica. No ano 1431 é nomeado secretario do patriarca de Grado, en 1432 foi transferido a Roma.

Alberti dedicouse á actividade literaria dende moi novo. En Boloña escribe unha comedia autobiográfica en latín, Philodoxus (Amante da Gloria). Escribe tamén tratados de arquitectura como De re aedificatoria (1452), onde expón novos métodos de fortificación, de pintura De pictura (1435), traducido polo propio Alberti ao romance co título de Della pittura, que contén o primeiro estudo científico da perspectiva, ou de escultura como Della statua.

No ano 1433 Alberti comezou a compoñer catro libros en italiano coñecidos como os Libri della Famiglia, considerada a súa obra mestra, rematada en 1441. En Rime (1441), colección de poesía en italiano, anóvaa no estilo e na métrica. No ano 1437 escribe Apologi, especie de breviario da súa filosofía de vida.

Santa Maria Novella, Florencia

En arquitectura foi un dos iniciadores da volta á linguaxe formal da arquitectura clásica. Deseñou e construíu as igrexas de Sant'Andrea en Mantua, San Francesco en Rímini e Santa Maria Novella en Florencia, e palacios renacentistas como o Palazzo Rucellai (1450-1460).

Foi un dos maiores organistas da súa época, e está considerado como o pai da criptografía occidental.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]