Saltar ao contido

Tertuliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTertuliano

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Quintus Septimius Florens Tertullianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 160 Editar o valor en Wikidata
Roman Carthage (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Mortec. 240 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Roman Carthage (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
RelixiónMontanismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, teólogo, filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) Traducir, (sec:Tertullian (c. 160-c. 220))
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron
De viris illustribus Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 55213 BNE: XX873455

Quintus Septimius Florens Tertullianus, coñecido como Tertuliano, nado en Cartago (actual Tunes) cara ao 160 e finado na mesma cidade cara ao 220, foi un apoloxista cristián considerado o máximo representante da literatura cristiá anterior a Agostiño de Hipona.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os poucos datos acerca da súa vida proveñen dalgunhas referencias na súa obra e de autores posteriores, polo que están sometidos aínda a debate. Ao parecer, o seu pai era centurión, e Tertuliano recibiu unha esmerada educación en dereito, filosofía e retórica. Educouse en Cartago, animado centro cultural. A súa intelixencia, aberta á verdade e á beleza exquisitamente dialéctica, facilitáballe tanto ao exercicio da retórica unha espléndida erudición como o emprego dos recursos xurídicos máis refinados. A fusión de ambos elementos habería de permitirlle poñer un selo singular na literatura apoloxética, que xa anteriormente tiña acadado un notable desenvolvemento na lingua grega.

Nas súas obras atópanse algunhas testemuñas acerca das súas desviacións xuvenís: Tertuliano confesa ter sido pecador, asiduo de espectáculos inmorais e adúltero. Viviu un tempo en Roma, onde probablemente exerceu como avogado, e se interesou polo cristianismo, aínda que a súa conversión tivo lugar ao seu regreso a Cartago, ao redor do 190. A partir deste momento, despregou unha notable actividade polémica contra os pagáns e os herexes e en defensa do cristianismo a través de numerosos escritos. Certas alusións do autor permiten crer nunha posible e intensa influencia nel da heroica serenidade dos cristiáns no martirio, unida ao que Tertuliano denomina o seu poder de exorcismo: os mártires son a simple verdade posta ante os ollos, a cal non se pode resistir. Contraeu matrimonio, e pediu á súa muller, nun texto dirixido a ela, que non celebrara segundas nupcias; isto supón xa un dos trazos da súa ideoloxía rigorosa. Tertuliano converteuse nunha figura destacada na Igrexa do norte de África, aínda que é dubidoso que chegara a ser ordenado sacerdote.

Cara ao 213 afastouse da Igrexa e aproximouse, atraído pola súa intransixencia e o seu rigor moral, á herexía dos apocalípticos de Montano (montanismo), que propugnaba un retorno á verdadeira fe. O seu austero ascetismo e a súa rixidez levoulle, incluso dentro da seita frixia, a establecer unha facción que sería chamada a dos tertulianistas, que perdurou como unha igrexa independente ata o século V. Non cabe pensar que Tertuliano volvería á Igrexa, opinión insinuada por algúns. Segundo Xerome de Estridón, faleceu moi vello (en torno ao ano 240), e foi "exemplo famoso, na Antigüidade cristiá, da dolorosa caída á cal se atopan expostas algunhas intelixencias ilustres".

Pensamento

[editar | editar a fonte]

O seu pensamento está exposto nunhas trinta obras doutrinais, apoloxéticas, ascéticas e morais. Nos seus escritos elaborou unha prosa latina orixinal e desenvolveu o vocabulario que máis tarde utilizaría no pensamento cristián. Tertuliano recoñeceu e apreciou os valores da cultura grecorromana como a maioría dos cristiáns cultos da súa época, e discriminou entre os que considerou aceptables e aqueles que debían rexeitarse. Empregou o fervor da súa alma e a lucidez da súa intelixencia nunha serie de obras nas que mostra brillantemente as súas dotes de polemista, doutor e moralista baixo un aspecto formal de tipo académico rico nos medios expresivos, que ás veces raian na pesadez, pero que sempre son utilizados con vigor e orixinalidade.

A súa mensaxe caracterízase polo seu rigorismo moral e a súa énfase na superioridade da revelación e da fe sobre a razón, manifestada na afirmación de que, así como os profetas son os patriarcas dos cristiáns, os filósofos sono dos herexes. Os seus escritos sentaron así mesmo a tese de que as Sagradas Escrituras só podían ser interpretadas por membros cualificados pola igrexa.

Opera omnia, 1598

Apoloxética

[editar | editar a fonte]
  • Apologeticus pro Christianis.
  • Dissertatio Mosheim in Apol.
  • Libri duo ad Nationes.
  • De Testimonio animae.
  • Ad Martyres.
  • De Spectaculis.
  • De Idolatria.
  • Accedit ad Scapulam liber.
  • Dissertatio D. Le Nourry in Apologet. libr. II ad Nat. et libr. ad Scapulam.

Polémica

[editar | editar a fonte]
  • De Oratione.
  • De Baptismo.
  • De Poenitentia.
  • De Patientia.
  • Ad Uxorem libri duo.
  • De Cultu Feminarum lib. II.

Dogmática

[editar | editar a fonte]
  • De Corona Militis.
  • De Fuga in Persecutione.
  • Adversus Gnosticos Scorpiace.
  • Adversus Praxeam.
  • Adversus Hermogenem.
  • Adversus Marcionem libri V.
  • Adversus Valentinianos.
  • Adversus Judaeos.
  • De Anima.
  • De Carne Christi.
  • De Resurrectione Carnis.

Sobre moralidade

[editar | editar a fonte]
  • De velandis Virginibus.
  • De Exhortatione Castitatis.
  • De Monogamia.
  • De Jejuniis.
  • De Pudicitia.
  • De Pallio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]