Crates de Tebas
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 365 a. C. Tebas |
| Morte | c. 285 a. C. Beócia |
| Lugar de sepultura | Beócia (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofía, Cinismo e actividade literaria |
| Lugar de traballo | Grecia Antiga |
| Ocupación | filósofo |
| Período | Período helenístico |
| Período de actividade | (Con vida en: década de 320 a. C. |
| Movemento | Cinismo |
| Profesores | Brison de Acaia (pt) |
| Alumnos | Cleantes de Aso, Cleómenes (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Hiparquía |
| Fillos | Pasicles |
| Pai | Ascondus |
| Irmáns | Pasicles of Thebes |
| Descrito pola fonte | Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Crates |
Crates de Tebas, nado en Tebas no 368 a. C. e finado no 288 a. C., foi un filósofo grego discípulo de Dióxenes de Sinope e seguidor, como el, da escola cínica.
Crates foi o discípulo máis notable de Dióxenes de Sinope. O seu alumno máis famoso foi Zenón de Citio, fundador do estoicismo. Por iso considerase o nexo entre a escola cínica e o estoicismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Tebas no ano 368 a. C. De moi novo estableceuse en Atenas, onde coñeceu a Dióxenes. Era un cidadán de clase alta que renunciou a todo (riquezas e posición social) para abrazar ao cinismo. Como conta Dióxenes Laercio, Crates doou á cidade unha grandiosa fortuna e adoptou, xunto a súa esposa Hiparquía, a vida de mendigo que era característica dos cínicos. O seu trato coa xente era moi distinto do do seu mestre, era amable e respectuoso; chamábano "O Filántropo". Defendía os puntos de vista da escola cínica cun estilo menos agresivo que o de Dióxenes. Segundo Dióxenes Laercio, abría as portas das casas para exhortar ao seus moradores, de aí o seu outro sobrenome "O Abreportas". Outros din que era a xente a que o convidaba ás súas casas para dialogar con el e recibir o seu consello. Coa súa palabra e cos seus actos, predicaba a autarquía e a sinxeleza como único camiño para alcanzar unha vida feliz. A sinxeleza implicaba quedar só co mínimo, desprendéndose da familia, da propiedade, dos costumes sociais e mesmo das propias opinións.
Crates tivo un discípulo, o seu cuñado Metrocles.
Segundo a tradición, tivo con Alexandre Magno unha actitude similar á de Dióxenes: cando o emperador lle preguntou se quería que reconstruíran a cidade, respondeu: «Para que reconstruíla?»
Obras
[editar | editar a fonte]Escribiu numerosas obras literarias, a maioría en verso. Mediante elas, nun ton por momentos humorístico e por momentos serio, buscou difundir o cinismo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- García Gual, Carlos (2002). 4. Crates, o filántropo. La secta del perro . Alianza Editorial. pp. 87. ISBN 8420677671.