Saltar ao contido

Emil Cioran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmil Cioran

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de abril de 1911 Editar o valor en Wikidata
Rășinari (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xuño de 1995 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
13.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesenilidade Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
ResidenciaParís (1937–) Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaTrăirism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín (1933–1935)
Universidade de Bucarest - filosofía (–1932)
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, aforista, autor de diarios, escritor, tradutor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAndrei Șaguna National College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Academia Romena (pt) Traducir (2009–) Editar o valor en Wikidata
MovementoPesimismo, Existencialismo, antiintelectualismo e Filosofía continental Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
ParellaSimone Boué Editar o valor en Wikidata
IrmánsAurel Cioran Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webcioran.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1194127 BNE: XX851352 Dialnet: 146731 Discogs: 1452451 WikiTree: Cioran-1 Editar o valor en Wikidata
Lápida na tumba de Emil Cioran

Emil M. Cioran, nado en Răşinari (—Städterdorf en alemán, Resinár en húngaro—, Sibiu, Romanía, entón parte do Imperio Austrohúngaro) o 8 de abril de 1911 e finado en París o 20 de xuño de 1995, foi un escritor e filósofo de orixe romanesa. A maior parte das súas obras publicáronse en francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cioran foi fillo dun sacerdote ortodoxo. Asistiu á Universidade de Bucarest, onde en 1928 coñeceu a Eugène Ionesco e a Mircea Eliade. En 1937 continuaba os seus estudos no Instituto Francés en París, onde viviu a maior parte do resto da súa vida.

Os seus primeiros traballos publicáronse en romanés, mais posteriormente escribiría exclusivamente en francés. O seu estilo baséase en afirmacións curtas e aforismos, fortemente influídas por Nietzsche e o pesimismo de Schopenhauer ou Philipp Mainländer.

William H. Gass definiu o traballo de Cioran como "un romance filosófico en temas modernos como a alienación, o absurdo, o aborrecemento, a futilidade, a decadencia, a tiranía da historia, a vulgaridade do cambio, a conciencia como agonía, a razón como enfermidade".

Definido en ocasións como un "filósofo sen sistema", aínda que as súas formulacións entran dentro da chamada filosofía do absurdo, as súas obras foron amplamente criticadas. A súa resposta era de confrontación respecto ós filósofos preocupados por crear un sistema o suficientemente complexo e estable para que non puidera ser derrubado. Ante isto, Cioran penetra na contradición aparente como forma de pensamento, sendo as súas afirmacións contraditorias incluso no propio texto. Afirma a falsidade de toda doutrina filosófica, baseándose na incapacidade humana de crear ideas libres.[Cómpre referencia]

Finou por causas naturais a avanzada idade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]