Francisco Suárez
Francisco Suárez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de xaneiro de 1548 |
Lugar de nacemento | Granada |
Falecemento | 25 de setembro de 1617 |
Lugar de falecemento | Lisboa |
Nacionalidade | España |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Salamanca |
Ocupación | teólogo, filósofo, xurista, profesor universitario, sacerdote católico e Clérigos regulares |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Francisco Suárez de Toledo Vázquez de Utiel y González de la Torre, coñecido como Doutor Eximius, nado en Granada o 5 de xaneiro de 1548 e finado en Lisboa o 25 de setembro de 1617, foi un teólogo, filósofo e xurista xesuíta español. Unha das principais figuras do movemento da Escola de Salamanca, foi considerado un dos mellores escolásticos
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu traballo considérase un punto de inflexión na historia do Segundo escolasticismo, que marca a transición do Renacemento á filosofía moderna. Segundo Christopher Shields e Daniel Schwartz, "figuras tan distintas entre si no lugar, o tempo e a orientación filosófica como Leibniz, Grocio, Pufendorf, Schopenhauer e Heidegger atoparon razóns para citalo como fonte de inspiración e influencia.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Stanford Encyclopedia of Philosophy: Francisco Suárez (inglés)