Gorxias de Leontini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorxias de Leontini
Nacementoc. 483 a. C. e 485 a. C.
Lugar de nacementoLeontini
Falecementoc. 375 a. C.
Lugar de falecementoLárisa
Ocupaciónsofista
editar datos en Wikidata ]

Gorxias (en grego antigo Γοργίας / Gorxías) de Leontium (ou Leontini, cidade siciliana que naceu cara ao 485 a.C.), foi un filósofo grego discípulo de Empédocles, con quen aprendeu retórica. Sofista, ensinaba a arte de persuadir. Dise que viviu 108 anos.

Platón, de quen os seus escritos forman o nó arredor do cal cristalizou a filosofía e a súa historia, botou o descrédito sobre o pensamento de Gorxias de maneira tal que aínda hoxe en día o cualificativo «sofista» é un insulto. «Seica Gorxias, tendo lido o diálogo que leva o seu nome, dixo: «Platón sabe ben como burlarse!» (Atenea, Les Deipnosophistes, XI,505, D). Porén sería máis xusto volver ás fontes a fin de descubrir a importancia dese pensamento, non só na historia da filosofía, senón tamén no pensamento contemporáneo.

Gorxias pensador do Ser e da verdade[editar | editar a fonte]

«Gorxias de Leontium pertence a esa categoría de filósofos que suprimiran o criterio da verdade (...). No seu libro titulado Do non-ser, ou da natureza, expón, en orde, tres proposicións fundamentais: primeiramente, e para comezar, que non existe nada; segundo que, aínda se existe algo, o home non pode aprehendelo; terceiro, que mesmo se o pode aprehender, non pode nin formulalo nin explicalo aos demais.»
(Sexto Empirico, Contra os matemáticos, VII, 65)

Os argumentos de Gorxias para probarmos que non existe nada son de orde lóxica: «se existe algunha cousa, é ou o ser, ou o non-ser, ou á vez o ser e o non-ser» [o que en lóxica proposicional se escribe así : (pv¬p)v(p^¬p) ]

«Se o non-ser existe, será e á vez non será (...). Ou é totalmente absurdo que algo sexa e non sexa a un tempo. Entón o non-ser non é.
Se o non-ser existe como o ser, o non-ser será idéntico ao ser desde o punto de vista da existencia: de xeito que algún de ambos os dous non será. Que o non-ser non existe, está admitido; mais sendo dada a demostración de que o ser estaría constituído como el, así pois, o ser mesmo non existirá.»

Gorxias retórico[editar | editar a fonte]

Ao lado da debilidade da verdade, Gorxias pon a forza da linguaxe, o seu poder sobre dos espíritos, pola argumentación, e sobre das emocións, polo ritmo e os efectos sonoros. Este poder pode ser ben ou mal utilizado, a retórica (en grego, τέχνη ῥητορική téchne rhêtoriké) nin garante nin educa a moralidade de quen a emprega, pois trátase dun instrumento neutro. Gorxias é o fundador do pragmatismo retórico, oposto ao idealismo filosófico ao xeito de Platón (as leccións de Sócrates conducen aos que as escoitan a ser mellores).

Gorxias semella ser un dos primeiros en desenvolver a idea de que o orador pode axudar aos Estados a tomar decisións políticas, porque a súa téchne permítelle: 1. Analizar a situación, 2. Convencer con vistas á acción.

En todo caso, é un feito histórico que Gorxias escribiu un discurso oratorio que pronunciado (talvez por el mesmo) perante a asemblea de Atenas, convenceu á capital grega para ir, con éxito, á guerra contra Siracusa (na defensa da cidade de Leontini). O éxito desa empresa bélica acrecentaría notabelmente a fama de Gorxias como orador.

Ademais do seu tratado metafísico, do que Sexto Empírico conservou un fragmento (ver arriba), consérvanse de Gorxias dúas curtas alegacións: Para Helena e Para Palamedes. Neles poden observarse exemplos dos procedementos estilísticos e sonoros das súas teorías.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]