Gianni Vattimo
Gianni Vattimo | |
---|---|
![]() Vattimo no desfile do orgullo gay, 1999. | |
Nacemento | 4 de xaneiro de 1936 |
Turín | |
Nacionalidade | Italia |
Alma máter | Universidade de Turín |
Ocupación | filósofo, político, catedrático de universidade e escritor |
Premios | Hannah Arendt Prize, Max Planck Research Award, honorary doctorate of the National University of San Marcos, Honorary Doctorate of University of Buenos Aires e Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gianni Vattimo nado en Turín o 4 de xaneiro de 1936, é un filósofo italiano e activista político, identificado coa hermenéutica, a posmodernidade e outros sincretismos. É unha figura significativa do denominado pensamento feble.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na Universidade de Turín e na de Heilderberg. Exerceu a docencia en Turín, Os Ánxeles e Nova York. É Catedrático de Filosofía Teorética.
Participou en política a través do Partido Radical e logo na converxencia de forzas políticas denominada a Oliveira. Foi deputado no Parlamento Europeo en Demócratas de Esquerda. É membro da dirección nacional de Coordinamento Omosessuale.
Pensamento[editar | editar a fonte]
Entende que os grandes relatos omnicomprensivos están todos eles en crise. O seu lugar ocúpano os medios de comunicación coa súa información superficial e múltiple e a complexidade das linguaxes técnicas. A única filosofía da historia posible arestora é a que narra a súa fin. Xa non existen nin fíos condutores nin posibilidade dunha visión totalizadora. A única visión posible é a que asuma o esnaquizamento da vida, que xa non reside no todo senón na fragmentación. Isto é a consecuencia do que Nietzsche denominou a morte de Deus, que implica tamén o final da metafísica. Lonxe do catastrofismo de Lyotard, entende que estamos entrando na fase do posthistórico onde se poden abrir novas oportunidades e posibilidades. Así, se se nega unha racionalidade central tamén desaparecen as coartadas para silenciar ou esmagar os discursos das minorías, sexan estas étnicas, relixiosas ou sexuais.
Obras[editar | editar a fonte]
- Il pensiero debole, Milán, 1983
- La società transparente, Milán 1989
- La fine della modernità, Turín. Milán, 1985
- Filosofia al presente, Milán, 1990
- Oltre l'interpretazione, Milán 1994
- Credere di credere, Milán 1996
- Vocazione e responsabilità del filosofo, Milán, 1996
- Ecce comu. Come si ri-diventa ciò che si era, Roma, 2007