Anaxágoras de Clazómenas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (grc) Ἀναξαγόρας c. 500 a. C. Clazômenas, Turquía (pt) |
| Morte | c. 428 a. C. Lâmpsaco, Turquía (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Astronomía, matemáticas e filosofía |
| Ocupación | matemático, astrónomo, físico, filósofo, escritor |
| Período | Idade Antiga |
| Movemento | Escola pluralista e Presocráticos |
| Alumnos | Metrodoro de Lámpsaco, Empédocles e Carneades Atheniensis |
| Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica (9ª edición) |
Anaxágoras, nado en Clazómenas (Asia Menor) cara ao 500 a.C e finado en Lampsaco cara ao 428 a.C., foi un filósofo presocrático grego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Por volta do 464 a.C. marchou a Atenas, que nesa época era xa o centro da cultura grega. Está considerado o fundador do teísmo filosófico, Sostivo a teoría de que a materia está composta de partículas infinitesimais denominadas sementes que son diferentes e se dividen ata o infinito e que se moven no caos, organizadas por unha forza superior coñecida como Nous (a razón).
Segundo Anaxágoras estas sementes apareceron dunha masa compacta e o nous comezou a movelas. Pericles, Demócrito, Eurípides e Sócrates seguiron as súas doutrinas. Acusado de impiedade pola súa teoría cósmica, viuse obrigado a se retirar a Lampsaco no (434 a.C.).
Atribúeselle a obra Sobre a natureza, citada por Platón.
| A Galicitas posúe citas sobre: Anaxágoras de Clazómenas |