Franklin Peale
Retrato de Franklin Peale. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Aldrovand Peale 15 de outubro de 1795. Filadelfia, Pensilvania. |
Morte | 5 de maio de 1870 (74 anos) Filadelfia, Pensilvania. |
Lugar de sepultura | Cemiterio Laurel Hill, Filadelfia. |
País de nacionalidade | Estadounidense. |
Educación | Universidade de Pensilvania. |
Actividade | |
Ocupación | Fundidor e refinador (1836-1839) e cuñador xefe (1839-1954) da Casa da Moeda de Filadelfia |
Empregador | Casa da Moeda dos Estados Unidos |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Liza Greatrake (1815). Caroline E. Girard Haslam (1839). |
Fillos | Anna Peale. |
Pais | Charles Willson Peale e Elizabeth DePeyster Peale |
Benjamin Franklin Peale (orixinalmente Aldrovand Peale), nado en Filadelfia o 15 de outubro de 1795 e finado na mesma cidade o 5 de maio de 1870, foi un funcionario estadounidense da Casa da Moeda de Filadelfia entre 1833 e 1854, período no que introduciu moitas innovacións.
Peale, fillo dun artista de Filadelfia, tivo na súa maior parte unha educación informal, aínda que asistiu a algunhas clases na Universidade de Pensilvania. Logo fíxose experto na fabricación de máquinas e en 1820 comezou a axudar ao seu pai no seu museo de curiosidades que posuía, e tomou a súa dirección logo do pasamento do pai en 1827.
En 1833 Peale ingresou na Ceca de Filadelfia e, logo dunha estadía en Europa para estudar as técnicas de cuñaxe e informar sobre elas, regresou aos Estados Unidos con plans de mellora e deseñou a primeira prensa de cuñaxe a vapor dos Estados Unidos, instalada en 1836. Ese mesmo ano foi nomeado fundidor e refinador da Casa da Moeda de Filadelfia, e dous anos máis tarde cuñador xefe. Aproveitando o seu posto, Peale comezou a dirixir un negocio privado de medallas utilizando as instalacións e os equipamentos da casa da moeda, o que, sumado ás malas relacións con outros funcionarios da institución, acabou por provocar o seu despedimento en 1854, acusado de mala conduta.
Logo do seu retiro, Peale continuou participando e dirixindo numerosas organizacións civís, ata a súa morte en 1870.
Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Benjamin Franklin Peale naceu o 15 de outubro de 1795 en Filadelfia, fillo do pintor Charles Willson Peale e da súa segunda esposa, Elizabeth de Peyster. Ademais de se dedicar á arte, Charles Peale dirixía un museo de curiosidades no Philosophical Hall de Filadelfia, sede da Sociedade Filosófica Americana. Peale naceu nas dependencias familiares do museo, e déuselle o nome de Aldrovand, na honra do naturalista italiano Ulisse Aldrovandi.[1][2]
O seu pai, Charles Willson, anotou os nacementos da súa familia nunha folla en branco dun exemplar do Dictionary of Painters de Matthew Pilkington, no canto de facelo nunha Biblia, e tras anotar "Aldrovand" engadiu o apuntamento "se lle gusta ese nome cando sexa maior de idade".[4] Charles era membro da Sociedade Filosófica Americana, e en febreiro de 1796 levou o seu fillo pequeno a unha reunión, e pediulles aos membros que elixisen un nome alternativo para o cativo. Daquela, decidíronse por Benjamin Franklin, na honra do fundador da Sociedade, o polímata estadounidense Benjamin Franklin. Unha lenda sostida no seo da Sociedade di que o neno recibiu o nome mentres estaba sentado na cadeira do presidente da institución, que fora doada polo propio Franklin.[5][6][7]
Franklin Peale foi un dos dezaseis fillos que o seu pai tería coas súas tres esposas.[9] A nai, Elizabeth Peale, morreu cando Franklin tiña oito anos, mais o seu pai volveu casar de camiño, e a partir de entón o cativo quedou ao coidado da súa madrasta. Recibiu pouca educación regrada, aínda que pasou algún tempo nunha escola local do veciño condado de Bucks, así como na Germantown Academy e na Universidade de Pensilvania. Na súa maior parte, a súa educación foi informal, como era habitual na familia Peale, e o alumno dispuña dos medios para estudar o que lle interesaba ou no que parecía destacar. No caso de Franklin Peale, de cativo fabricaba xoguetes e inspeccionaba a granxa do seu pai preto de Germantown.[10] Malia carecer do talento artístico dalgúns dos seus irmáns, como Titian Peale, demostrou, pola contra, ter inclinacións cara á mecánica.[7]
Inicios profesionais e matrimonio
[editar | editar a fonte]Aos 17 anos, Peale comezou a traballar para a fábrica de algodón de Delaware de William Young, no río Brandywine, onde se formou na fabricación de máquinas. Era un bo estudante e converteuse nun experto torneiro, fundidor e debuxante.[11] O seu pai toleraba o seu desexo de se dedicar á mecánica, aínda que o consideraba un capricho absurdo. Ao cabo dun ano, un dos irmáns Hodgson, que rexentaba un taller mecánico próximo, describiu a Peale como moi hábil coas ferramentas.[12]
Aos 19 anos, Peale regresou a Germantown, onde, tras deseñar e supervisar a instalación da maquinaria dunha fábrica de algodón da localidade, foi posto á fronte desta e continuou dirixíndoa durante varios anos. Despois trasladouse á veciña Filadelfia, e traballou para a empresa John & Coleman Sellers,[13] que fabricaba maquinaria para pegar naipes.[11]
O 24 de abril de 1815, Peale, aínda menor de idade aos seus 19 anos, casou con Eliza Greatrake sen o consentimento paterno, e case de inmediato se fixo evidente que ela padecía problemas mentais. O matrimonio tivo unha filla, Anna, durante o primeiro ano, mais despois Eliza abandonou a Franklin e volveu a vivir coa súa nai, ata que esta a internou no Hospital de Pensilvania, considerada daquela como "lunática". A familia Peale iniciou entón un longo esforzo para demostrar que Eliza non estaba corda cando casou con Franklin, o que supuña un motivo de anulación. Coa axuda da testemuña do capitán Allen McLane conseguírono, e a anulación foi concedida o 22 de marzo de 1820.[14] Franklin Peale tivo que depositar bens como garantía da manutención da súa exesposa; a súa irmá Sophy prestoulle parte das súas accións no museo familiar con ese fin.[15] Anos máis tarde, en 1839, Peale casaría con Caroline Girard Haslam, viúva e sobriña do adiñeirado Stephen Girard; este matrimonio, que non xerou nova descendencia, durou ata a morte de Peale.[16]
En 1820, Peale deixou o seu posto na fábrica para axudar ao seu pai, xa ancián, na xestión do museo, e permaneceu alí durante máis dunha década. Cando Charles Willson Peale morreu en 1827, Franklin converteuse no director do museo e, do mesmo xeito que os seus irmáns, herdou unha parte das súas accións. Non só mantivo as exposicións, senón que as ampliou, contribuíndo cun xoguete parlante, así como co modelo dunha primitiva locomotora, que se utilizou para arrastrar dous pequenos vagóns no museo, con capacidade para catro persoas.[11][17][18] Naquela época, o museo estaba situado na coñecida como Casa do Estado —posteriormente Independence Hall —, e Peale elaborou un sistema para utilizar a campá do edificio para informar as compañías de bombeiros da localización dun incendio.[19]
Peale foi un dos fundadores do Instituto Franklin en 1824, un dos institutos mecánicos que xurdiron a principios da década de 1820 para proporcionar educación técnica aos traballadores. Axiña adquiriu importancia e influencia, e organizou unha exposición de produtos manufacturados estadounidenses en outubro, unha das polo menos 26 exposicións deste tipo que desenvolveu nos seus primeiros 34 anos de existencia.[20] Peale ensinaba historia natural,[21] mecánica —ilustrando as súas conferencias con modelos e debuxos— e química, e amenizaba as charlas con experimentos.[12] Durante moitos anos colaborou tamén co Instituto Franklin escribindo artigos para a súa revista e formando parte de importantes comités.[22]
Etapa na Casa da Moeda de Filadelfia
[editar | editar a fonte]Contratación e viaxe a Europa
[editar | editar a fonte]O segundo edificio que albergou a Casa da Moeda de Filadelfia inaugurouse en 1833, con tecnoloxía actualizada excepto no proceso de cuñaxe,[23] no que utilizaba maquinaria que procedente a anterior sede, empregando a forza muscular humana para cuñar as moedas.[24] Aínda que a casa da moeda desexaba que todas as moedas de cada tipo resultasen idénticas, o uso da prensa de volante supuña un impedimento para iso, xa que a forza empregada para imprimir o deseño nas moedas non era uniforme. Ademais, os cuños de produción facíanse á man,[25] o que provocaba diferenzas entre as moedas do mesmo ano cuñadas con cuños diferentes. Este estado de cousas non satisfacía o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Samuel Moore, que desde había xa varios anos considerara a posibilidade de adquirir un moderno conxunto de maquinaria de vapor para a produción de moedas á Soho Mint de Birmingham, Inglaterra, unha compañía fundada polo pioneiro da cuñaxe Matthew Boulton. Porén, no canto diso, Moore decidiu contratar un novo empregado e envialo a unha xira especial polas fábricas de moeda e refinarías europeas, co fin de que aprendese as mellores características de cada unha e levase os coñecementos a Filadelfia para os utilizar nas instalacións da casa da moeda. Esta persoa recibiría o posto de axudante do ensaiador, Jacob R. Eckfeldt.[24] Moore acadou a aprobación do secretario do Tesouro, Louis McLane, e unha asignación de 7.000 dólares para tal fin.[17]
Nunha carta a McLane, Moore comentaba as dificultades de achar unha persoa o bastante competente para emprender a viaxe con éxito e que non estivese demasiado ocupada como para pasar un ano ou máis en Europa.[26] Por recomendación do curmán do director, Robert M. Patterson, Moore contratou a Peale para o posto.[24] En palabras de Patterson: "non coñezo ningún home con máis probabilidades de éxito nunha misión así; a súa destreza, a súa perseveranza e a súa dirección facíano idóneo para a misión".[27] Peale estaba disposto a ir, e escribiu: "diversas circunstancias fanme desexar deixar o posto que ocupei durante moitos anos como director do Museo de Filadelfia, polo que será agradable cambiar, mesmo cun sacrificio económico".[26]
Peale partiu de Nova York cara a Le Havre o 8 de maio de 1833 e chegou a París a finais de mes. Naquel momento, só se sabía con certeza que Peale visitaría París; aínda se estaba considerar a posibilidade de visitar tamén Inglaterra, para se instruír nas fábricas de moeda e refinarías locais. Peale recibira instrucións para aprender a separar o ouro da prata.[28] Este proceso, chamado refinación, é necesario porque as pebidas que conteñen ouro tamén conteñen algo de prata, e cómpre eliminar este último metal antes de que se poida aliar o ouro co cobre para o cuñar.[29] O método máis antigo para eliminar a prata implicaba o uso de ácidos nítrico e sulfúrico, o que resultaba perigoso e caro. O director Moore tamén lle deu instrucións a Peale para que aprendese o método de ensaiar a prata mediante o "proceso húmido" (valoración química ou titulación), e para que aprendese todo o que puidese sobre a tecnoloxía de cuñaxe e o seu funcionamento con vapor.[28] Moore advertiu:[30]
“ | Un obxectivo da súa misión non se debe considerar como cumprido ata que se familiarice con todo o necesario para dirixir a formación dun establecemento de novo [do nada]' [...] e ata que adquira unha boa dose de destreza nas manipulacións reais [...] Todo o que se poida engadir á nosa información no que se refire ao tratamento dos metais preciosos, e aos procesos e á maquinaria da casa da moeda está dentro do ámbito das súas investigacións considerablemente. | ” |
Ademais, Moore pediulle a Peale que, se lle quedaba tempo, estudase outras tecnoloxías que puidesen resultar útiles para os Estados Unidos, como o alumamento por gas das cidades.[31]
Coa axuda do ministro dos Estados Unidos en Francia, Edward Livingston, Peale obtivo o permiso para estudar de preto o funcionamento da Monnaie de Paris. O persoal amosouse cooperativo e Peale puido aprender o método húmido observando o ensaiador en tanto que verificaba o contido de prata das moedas das cecas francesas. Os apuntamentos de Peale complementáronse con gravados detallados de todos os dispositivos utilizados no proceso, publicados e vendidos pola Casa da Moeda de París cun custo de 98 francos e 50 centavos, que Peale considerou que pagaba a pena mercar en nome do Goberno estadounidense. Peale tamén adquiriu un xogo de aparellos para o método húmido, fabricado e vendido pola propia ceca, polo que pagou 500 francos.[32]
Parte da maquinaria que se instalaría en Filadelfia ao regreso de Peale baseouse no que viu en París. Fixo esbozos das prensas de moedas modelo Thonnelier da Monnaie de París,[23] e tamén copiou o torno redutor Tour á portrait das instalacións parisienses.[33] Mais non puido aprender o proceso completo da refinación, xa que a casa da moeda contrataba este proceso a refinarías privadas,[34] e os intentos de obter permiso para visitar estas instalacións fracasaron, por mor das grandes cantidades de diñeiro que os seus propietarios exixían, crendo que Peale, como axente do Goberno estadounidense, manexaba un orzamento elevado.[32]
Despois Peale viaxou a Londres, coa esperanza de que as conexións de Moore puidesen conseguirlle instrución no proceso de separación dos metais. Malia visitar a Royal Mint, atopou que naquela entidade non estaban dispostos a ensinarlle e a súa visita non lle resultou de utilidade.[35] En Inglaterra, Peale estudou o método de ensaiar mediante o proceso húmido na refinaría de Percival N. Johnson, que en 1835 se introduciría na Ceca de Filadelfia, en substitución do antigo método por copelación.[36] Peale escribiu: "non podo falar en termos demasiado eloxiosos do Sr. Percival Johnson... mais logrei moita información útil na súa refinaría, en particular o seu método de separación de prata, ouro e paladio mediante un proceso abreviado".[30] Durante a súa estadía en Londres, Peale encargoulle unha delicada balanza ao seu amigo, o expatriado estadounidense Joseph Saxton, e máis tarde animou a Saxton a regresar aos Estados Unidos e traballar para a Casa da Moeda de Filadelfia.[37]
Peale regresou a Francia, onde, como os refinadores querían que lles pagase por lle ensinar o método francés da partición, o aprendeu simplemente observando o ensaiador da ceca sucursal de Ruán. Malia non estar completamente satisfeito, xa que non se lle permitía practicalo ni experimentar, pensou que podería reproducir o que vira ao seu regreso a Filadelfia.[38]
Peale tamén visitou as cecas alemás Stuttgart, Karlsruhe e Dresden.[39] En Alemaña, a partición facíase en recipientes de ferro; aínda que Peale observou que estes eran máis baratos que os de platino, prefería estes últimos, e en decembro de 1834 escribiu que o uso do ferro "ás veces produce perdas que resultan embarazosas".[40] Tamén visitou Freiberg, en Saxonia, e observou a fundición e a refinación do mineral de chumbo.[41]
Retorno a Filadelfia e resultados
[editar | editar a fonte]O 17 de xuño de 1835, Peale presentoulle o seu informe ao director Moore: 276 páxinas das súas observacións nas diversas casas de moeda europeas que visitara, así como os seus comentarios e as súas recomendacións.[38] Entre outras cousas, sinalaba: "na organización das casas de moeda, tanto en Francia como en Inglaterra hai cargos e titulares que son inútiles e que non prestan servizos de importancia para o seu nomeamento".[43] No entanto, consideraba favorable e recomendaba a práctica francesa de non nomear un deseñador de moedas,[44] senón que os concursos fosen xulgados conxuntamente por responsables da casa de moeda e por artistas. Peale tamén instou á aprobación dunha única Lei da Moeda que substituíse a lexislación dispersa que se fora aprobando ao longo dos anos; unha proposta que se fixo realidade en 1837.[43]
Outra recomendación formulada por Peale, aínda que non foi adoptada, era que a Casa da Moeda dos Estados Unidos crease un departamento de garantía, para selar os artigos de ouro e de prata fabricados polo sector privado, como garantía pública da súa calidade, como facía a Goldsmiths Company de Londres.[45] Ademais recomendou que a Ceca de Filadelfia cuñase medallas, como facía a súa homóloga francesa, e suxeriu a creación dun museo numismático, ao estilo do Museo da Monnaie de Paris.[41]
Peale regresou de Europa cos planos que debuxara para unha prensa de cuñaxe a vapor, realizados a partir das existentes nas cecas inglesas e da tecnoloxía de xuntas basculantes das francesas.[46] En setembro, Robert M. Patterson, daquela director da US Mint logo da xubilación de Moore, escribiulle ao secretario do Tesouro Levi Woodbury:[47]
“ | Acabamos de completar, baixo a supervisión do señor Peale, un modelo de prensa de cuñaxe a partir dos planos que el viu en funcionamento con éxito en Francia e en Alemaña, e que posúe moitas vantaxes moi manifestas sobre a prensa de volante que se aplica agora na Casa da Moeda. Entre elas, unha das máis importantes é que admite a aplicación inmediata e doada da forza do vapor. | ” |
Outra das máquinas accionadas por vapor que Peale instalou ao seu regreso foi unha fresadora, que se utilizaba para facer un bordo elevado arredor da moeda.[47] En 1837 importouse un torno Contamin para retratos e instalouse na Ceca de Filadelfia. Antes desta data, todos os cuños para as moedas estadounidenses tiñan que facerse individualmente, á man, e logo da instalación do novo o torno puideron reproducirse mecanicamente mediante un dispositivo similar a un pantógrafo.[33]
As primeiras pezas producidas a vapor na Ceca de Filadelfia foron unhas medallas conmemorativas do evento, cuñadas o 23 de marzo de 1836. O director Patterson cualificou esa data como "un fito na nosa cuñaxe de moeda".[49] De camiño comezou a produción das primeiras moedas circulantes, dun centavo, e cara a finais de ano cuñáronse por primeira vez moedas de prata e de ouro.[50] A nova prensa de vapor, construída pola empresa Merrick, Agnew and Taylor, de Filadelfia, segundo o deseño de Peale, era capaz de cuñar 100 pezas por minuto. Logo de cumprir a súa vida útil e ser retirada do servizo na casa da moeda, a prensa utilizouse no Instituto Franklin durante moitos anos para cuñar medallas en miniatura, e en 2000 foi trasladada ao Museo do Diñeiro da American Numismatic Association en Colorado Springs,[51] Segundo escribiu Patterson:[52]
“ | O rendemento da prensa, na que a forza da panca substitúe a do volante, respondeu a todas as nosas expectativas. Desde entón, todas as moedas de cobre foron cuñadas por esta prensa, e ultimamente utilizouse con éxito para cuñar moedas de medio dólar. Os traballadores dedícanse agora a fabricar outras prensas de vapor e, cando estas estean rematadas, abandonarase a cuñaxe por traballo humano, e o labor que pode executarse na Casa da Moeda aumentará considerablemente. | ” |
O numismático Roger Burdette sinala que "na maioría dos aspectos, parece que Peale seleccionou o mellor dos exemplos europeos e descartou calquera complexidade innecesaria e movemento ineficaz".[53] Con algunhas pequenas melloras, estas máquinas cuñaron a moeda dos Estados Unidos durante o resto da vida de Peale.[54]
Segundo o numismático David Lange, no seu estudo sobre a historia da US Mint:[55]]
“ | A viaxe de investigación do [futuro] fundidor e refinador da Casa da Moeda de Filadelfia Franklin Peale polas fábricas de moeda de Europa entre 1833 e 1835 asegurou que as moedas dos Estados Unidos non tivesen nada que envexar ás doutros países canto á tecnoloxía [...] Peale foi o portador de moitas innovacións ideadas nas cecas de Europa e logo postas ao dispor da Casa da Moeda dos Estados Unidos en Filadelfia. | ” |
Robert Patterson III, fillo do director da Casa da Moeda dos Estados Unidos baixo o cal Peale serviu durante moitos anos, escribiu que a través do informe de Peale, "a nosa casa de moeda foi posta en plena posesión de todo o que daquela merecía ser coñecido" das casas da moeda e das refinarías estranxeiras.[22] Patterson indicou que pensara con frecuencia, ao pasar polo departamento de cuñaxe da Ceca de Filadelfia, que se debería colocar unha placa na memoria de Peale que reproducise o texto da homenaxe a Sir Christopher Wren na Catedral de San Paulo de Londres: Si Monumentum Requiris, Circumspice ("Se buscas o seu monumento, olla arredor de ti").[56]
Fundidor e refinador
[editar | editar a fonte]Joseph Cloud ocupara o cargo de fundidor e refinador da Casa da Moeda de Filadelfia desde 1797, e a persoa nomeada polo Goberno de Washington dimitira a principios de 1836 por problemas de vista.[57] Nosa conxuntura, Peale foi nomeado substituto de Cloud polo presidente Andrew Jackson o 21 de decembro de 1835,[58] e foi confirmado polo Senado o 5 de xaneiro de 1836.[59]
Ao asumir o cargo, Peale puxo en práctica os cambios que anteriormente recomendara baseándose no que vira na súa visita a Europa. Tamén quería unha maior mecanización no departamento de cuñaxe da ceca, dirixido polo daquela cuñador xefe Adam Eckfeldt, cuxo fillo Jacob era o ensaiador da Ceca de Filadelfia. Adam Eckfeldt axudara xa a cuñar algunhas das primeiras moedas federais en 1792 e formaba parte do cadro directivo desde 1814. Eckfeldt non era partidario de adoptar todas as recomendacións de Peale, e díxolle ao sobriño de Peale, o enxeñeiro George Sellers: "Se o Sr. Peale tivese todo o poder poríao todo patas arriba [...] quere algo mellor, e sen dúbida teríao se empezásemos de novo".[60]
Á medida que se foron introducindo melloras, malia a cautela inicial, o cuñador xefe Eckfeldt viu o seu valor e entusiasmouse, destacando o aforro de tempo de traballo que supuña o torno Contamin, que fora importado de Francia logo de que Peale o vise alí.[60] Para axudar a facer fronte ao aumento da produción da Ceca de Filadelfia, Peale inventou unha caixa amoreadora, que permitía amorear con rapidez tanto discos sen cuñar como moedas, e un taboleiro de contaxe, que axilizaba o traballo dos empregados. Este taboleiro mantívose en uso ata que todas as cecas da Casa da Moeda dos Estados Unidos instalaron contadores mecánicos en 1934.[62]
Unha das innovacións que introduciu Peale como fundidor e refinador foi o uso do sal na separación dos metais, empregándoo para recuperar a prata disolvida en ácido nítrico cando se purificaba o ouro en bruto. O sal de mesa (cloruro sódico), disolvido en ácido nítrico, provocaba a precipitación de cloruro de prata, que podía recuperarse como prata metálica mediante o uso de cinc e ácido sulfúrico.[29] Tratábase dun perfeccionamento do proceso de separación; o director da Monnaie de Paris, Joseph Louis Gay-Lussac, utilizara por primeira vez unha solución salina como medio doado e preciso de ensaiar a prata.[63] Nun informe do Senado de 1873 afirmábase que o avance de Peale neste proceso "testemuña o seu xenio, a súa empresa e os seus altos logros".[64] Cando en 1836 o Congreso pediu que se fabricase unha moeda de dous centavos de prata baixa ou billón, Patterson fixo que Peale, en colaboración co daquela segundo gravador Christian Gobrecht,[65] cuñase algúns exemplares de proba para demostrar que as moedas serían doadamente falsificables utilizando metais comúns.[66]
En 1835, o Congreso autorizara a creación da Ceca de Charlotte (Carolina do Norte), a Ceca de Dahlonega (Xeorxia) e a Ceca de Nova Orleáns (Luisiana) como sucursais para a cuñaxe de moedas co ouro que se extraera e co que entrara no país a través do Sur.[67] Malia os ricos depósitos de ouro próximos, tanto Charlotte como Dahlonega estaban en zonas que carecían de traballadores con formación técnica e, xa que logo, cumpriría enviar persoal capacitado desde Filadelfia. Debían construírse, ademais, novos edificios. En agosto de 1837, o director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Patterson, recibiu noticias de problemas en ambos os lugares, entre eles o derrubamento parcial do edificio de Dahlonega. Escribiu ao secretario do Tesouro, Levi Woodbury, para lle propor "enviar, a ambas casas da moeda de ouro,[68] unha persoa de confianza e competente, que poida [...] dar instrucións para corrixir os erros que se cometeron [...] Non coñezo a ninguén competente para esta tarefa, agás o noso fundidor e refinador, o Sr. Peale".[69] Woodbury estivo de acordo e informou a Patterson, "estás autorizado a enviar o Sr. Peak [sic]".[70]
Peale, acompañado da súa filla Anna, chegou a Charlotte o 23 de setembro de 1837. Alí comprobou que o equipamento necesario aínda non chegara, e sen el pouco podía facer. Peale ordenou que se fixese un rexistro, e informou a Patterson de que se achaba "nunha trampa", nunha cidade onde "os únicos seres activos son os porcos".[71] Peale dedicou tempo a visitar as minas das que dependería a Ceca de Charlotte para obter o metal.[72] O 27 de outubro, gran parte do equipamento que faltaba chegou a Charlotte, e Peale puido completar alí a súa misión e partir logo cara a Dahlonega, o 10 de novembro. Tras unha difícil viaxe por primitivos camiños de montaña, Franklin e Anna Peale chegaron alí o 15 de novembro.[73] logo de avaliar os problemas da nacente Ceca de Dahlonega, Peale informou a Patterson:[74]
“ | A man de obra do edificio da ceca é abominable; poderíase encher unha carta tres veces cos detalles dos erros e da mala construción intencionada, o primeiro e máis grande dos cales podería remontarse a Filadelfia, xa que ao ordenar un edificio de ladrillos nun país onde non hai arxila, o material empregado para a fabricación de ladrillos é a terra vermella da rexión do ouro, un granito descomposto... posto en ladrillo por homes que, certamente, merecen diplomas de trapalleiros.. | ” |
Malia todo, Peale recomendou que continuase a construción do edificio, xa que consideraba improbable que o Congreso aprobase outro crédito para a construción. Os Peale abandonaron Dahlonega a finais de novembro. De camiño cara ao norte, Anna sufriu feridas leves ao descarrilar o tren no que viaxaban a través de Virxinia. O 23 de decembro de 1837, Peale estaba de volta no seu despacho da Ceca de Filadelfia.[75]
Roger Burdette fala da influencia que Peale tivo na Casa da Moeda na década de 1830:[76]
“ | A mediados de 1835 atopamos o enxeñeiro/maquinista de Filadelfia Benjamin Franklin Peale rexeitando a maior parte da complexidade e da tradición que levaba consigo o traballo de deseño de prensas de Thonnelier en París, Uhlhorn en Karlsruhe e Boulton en Londres. Peale recorreu aos principios básicos dos equipamentos utilizados nestas grandes casas da moeda e adaptounos ao modelo de eficiencia estadounidense. O equipamento tiña que ser robusto e doado de reparar. As enormes distancias de Norteamérica facían imposible ter expertos mecánicos en cada ceca, sentados, esperando a que algo rompese [...] A Casa da Moeda de 1839 tivo que insistir en que as formas de procesar o ouro e a prata fosen similares [nas catro cecas], aínda que este procesos non fosen os máis eficientes ou baratos. Igual que co equipamento, podemos ver de novo a Franklin Peale tomando prestados da Royal Mint de Londres e da Monnaie de Paris os métodos de produción que funcionaban ben, e rexeitando os de utilidade cuestionable nas cecas americanas. | ” |
Cuñador Xefe
[editar | editar a fonte]Nomeamento e primeiros anos
[editar | editar a fonte]Cando Adam Eckfeldt se xubilou en 1839, recomendou a Peale como o seu sucesor.[77] Como o Senado non estaba reunido, o presidente Martin Van Buren deulle un nomeamento provisorio como cuñador xefe da Ceca de Filadelfia,[78] o 27 de marzo de 1839.[79] O 23 de xaneiro de 1840, despois de que o Senado se reuniu novamente, Van Buren nomeou a Peale formalmente,[78] e o Senado deu a súa aprobación o 17 de febreiro.[80] Malia a súa xubilación, Eckfeldt continuou acudindo á ceca todos os días ata pouco antes da súa morte en febreiro de 1852, desempeñando aínda os labores habituais do cuñador xefe, o que lle deixaba a Peale moito tempo libre.[81]
Pouco despois do seu nomeamento, Peale comezou a dedicarse a un negocio privado nas instalacións da Casa da Moeda, consistente no deseño, a cuñaxe e a comercialización de medallas por encarga privada, utilizando os equipamentos, a man de obra e as instalacións da entidade pública. A empresa de Peale resultaba moi rendible, xa que os seus gastos eran mínimos. Esta actividade levábase a cabo co coñecemento dos demais funcionarios da casa da moeda, a maioría dos cales eran amigos e parentes de Peale.[82] Entre os clientes estaban diversas empresas e particulares, como é o caso dunha parella que celebraba o seu 50 aniversario de voda. Segundo Robert E. Wright, na súa historia de Filadelfia como centro financeiro primitivo, a legalidade do negocio de Peale non estaba clara,[83] mais "a incerteza da situación facía case inevitable que alguén fixese un escándalo na rúa Chestnut [de Filadelfia]".[84]
Esta actividade foi caracterizada de diversas formas por escritores numismáticos. Segundo o comerciante de moedas e autor numismático Q. David Bowers, "Peale empezou a abusar da súa posición e dos seus privilexios, roubándolle de feito servizos ao Goberno".[82] Pola súa banda, Burdette sinala:[85]
“ | En xeral, parece que Peale utilizou o equipamento e os empregados da casa da moeda para fabricar medallas segundo as instrucións do Congreso e do director da institución, e para producir copias a partir de cuños privados e oficiais para as vender a calquera que estivese interesado. No caso das vendas privadas, Peale parece que utilizou metal do Goberno e logo facía o reembolso cando cobraba polas medallas. Os beneficios non se contabilizaban nos libros de contabilidade da ceca e descoñécese que cantidade ía parar a Peale, a outras persoas da ceca ou ao gabinete de moedas da ceca. A cantidade total probablemente non fose grande. | ” |
Despois de que o fabricante de balanzas Saxton deixou o servizo da Casa da Moeda en 1844, gran parte do traballo de mantemento e modificación das balanzas sensibles das que Saxton era responsable pasou a recaer en Peale. O cuñador xefe introduciu unha serie de melloras nas balanzas, que recolleu nun artigo publicado no Journal of The Franklin Institute en 1847.[86] Estas balanzas, sensibles a 0,0001 onzas troy (0,0031 gramos), estaban protexidas por placas de vidro das correntes de aire e do po.[87]
Conflito con Longacre
[editar | editar a fonte]En 1844, o gravador xefe Gobrecht faleceu e foi substituído por James B. Longacre. O novo titular obtivera o seu nomeamento grazas á influencia do senador por Carolina do Sur John C. Calhoun. Non tiña ningunha relación coas familias que dominaban a Casa da Moeda de Filadelfia, como os Patterson e os Eckfeldt, e a conexión con Calhoun era obxectable para Peale, Patterson e os seus socios,[88] que terían preferido non substituír a Gobrecht e contratar o gravador de Nova York Charles Cushing White ou a outros que coñecían e nos que confiaban, segundo fose necesario. Isto garantía que o negocio de medallas de Peale, moi rendible, non se vise ameazado.[89] Ademais, Longacre non recibira formación, antes do seu nomeamento, en deseño de moedas e medallas, xa que só era un exitoso gravador de pranchas, e Lange afirma que os funcionarios da casa da moeda tiñan "comprensibles" prexuízos contra el.[90]
Peale traballou ás veces en medallas para o Goberno,[92] e tivo coidado de excluír a Longacre do proceso.[93] Durante a guerra mexicano-estadounidense, o Congreso acordou unha medalla de ouro para o xeneral de división Zachary Taylor polas súas vitorias en Palo Alto e Resaca de la Palma. Peale gravou o deseño a partir dun retrato de William Carl Brown e un modelo de John T. Battin. Despois de que Taylor se convertese en presidente, Peale deseñou a súa Medalla da Paz India, e tamén gravou Medallas da Paz India para os presidentes John Tyler e James Polk, traballando a partir de deseños ou modelos doutros artistas. En 1846, Peale deseñou e gravou a medalla Coast Survey, tamén coñecida como medalla George M. Bache.[92] Peale cría que todas as medallas conmemorativas nacionais, as autorizadas polo Congreso, debían ter os seus cuños aloxados na Ceca de Filadelfia e seren cuñadas alí, e co apoio de Patterson instou á emisión de medallas para presidentes para os que non se deseñara ningunha Medalla da Paz India, como John Adams e William Henry Harrison. Isto fíxose, mais non na época de Peale; por exemplo, a medalla de William Henry Harrison foi deseñada polo que máis tarde sería asistente e gravador xefe, George T. Morgan. Estas obras, igual que as Medallas da Paz India de Peale, forman parte da "serie presidencial" da Casa da Moeda dos Estados Unidos, que continúa ata os nosos días.[94]
As melloras de Peale fixeran posible que os cuños se reproducisen mecanicamente, liberando o gravador de gran parte das súas tarefas rutineiras.[89] Ante a falta de necesidade de novos deseños, Longacre non tiña moito que facer salvo engadir as datas aos cuños de cada emisión anual. Algunhas destas insercións eran erróneas, e estudosos modernos da numismática, como Robert W. Julian, cuestionáronse se, como Peale e os que traballaban ás súas ordes tamén inserían ás veces datas nos cuños, este erros se facían intencionadamente nun intento de desacreditar a Longacre.[93] Non obstante, os primeiros anos de Longacre na Casa da Moeda de Filadelfia transcorreron sen conflitos graves con Peale.[95] Todo isto cambiou en 1849, cando o Congreso autorizou un dólar de ouro e unha moeda de 20 dólares, o que converteu a Longacre no centro de atención da ceca, xa que sería o responsable de producir os novos deseños e cuños. Tamén o puxo en conflito directo con Peale: o gravador necesitaría utilizar o torno Contamin, que era necesario para o negocio de medallas de Peale. Peale tratou de entorpecer os intentos de Longacre, co obxectivo de que fose despedido, e de que o devandito traballo fose contratado de xeito privado, o que permitiría que o negocio das medallas continuase sen perturbacións.[96] Nisto, Peale contou co apoio do director Patterson.[97]
En tanto que Longacre traballaba para completar as dúas novas moedas, tivo que facer fronte ás interferencias de Peale.[98] A principios de 1849, segundo unha carta escrita por Longacre o ano seguinte, o gravador foi abordado por un membro do persoal da casa da moeda, quen o advertiu de que outro funcionario —claramente Peale— pretendía que o traballo de gravado se realizase fóra da institución, o que faría innecesario o traballo de Longacre. A resposta de Longacre a esta información foi dedicar gran parte do mes de marzo de 1849 a preparar os cuños para o dólar de ouro, co conseguinte prexuízo para a súa saúde, como relatou máis tarde. Longacre continuou a traballar na moeda de 20 dólares ata finais de 1849, e describiu os obstáculos que lle puxo Peale:[96]
“ | O plan de operacións que se me asignara consistía en facer un molde de electrotipo a partir do meu modelo, en cobre, que servise de padrón para unha fundición en ferro. As operacións da batería galvánica con este fin leáronse a cabo nas dependencias do cuñador xefe. O proceso galvánico fracasou, o meu modelo foi destruído na operación. Con todo, eu tomara a precaución de facer un molde en xeso [...] A partir deste molde, como única alternativa, procureime un metálico que, non obstante, non era perfecto; mais pensei que podería corrixir as imperfeccións no gravado do cuño [...] foi unha tarefa laboriosa, pero terminada a tempo, enteiramente pola miña propia man. O cuño tivo que ser endurecido no departamento de cuñaxe; desafortunadamente partiuse no proceso. | ” |
Segundo o historiador numismático Don Taxay, "dadas as circunstancias, a adopción por parte de Peale dun proceso non utilizado normalmente na Casa da Moeda, xunto co seu catastrófico fracaso, parece máis que unha coincidencia". Cando Longacre completou os cuños da moeda de 20 dólares estes foron rexeitados por Peale, quen declarou que o deseño estaba gravado demasiado profundamente para que a moeda quedase cuñada completamente, e que as pezas non se amorearían correctamente. Taxay, pola contra, sinalou que o único espécime dos 20 dólares de 1849 coñecido[99] non amosaba tales problemas, e aparentaba ter estado dispost nunha morea.[100] Peale queixouse a Patterson, quen lle escribiu ao secretario do Tesouro William M. Meredith para lle solicitar a destitución de Longacre o 25 de decembro de 1849, alegando que non podía facer cuños adecuados. Ao parecer, aínda que Meredith estaba disposto a despedir a Longacre, cedeu despois de que o gravador viaxase a Washington e se entrevistase persoalmente con el.[101][102]
A partir de 1849, solicitouse a cuñaxe dunha moeda de prata de tres centavos e cuñáronse algúns modelos propostos na Ceca de Filadelfia. O deseño de Longacre amosaba un escudo dentro dunha estrela de seis puntas nunha das faces. Peale propuxo un deseño alternativo, que amosaba un barrete frixio ou gorro da Liberdade, moi similar ao que Gobrecht fixera en 1836 na súa proposta para un dólar de ouro. Patterson prefería o deseño de Peale, pero aprobou de mala gana o de Longacre, xa que estaba en menor relevo e podería cuñarse máis doadamente, e o secretario do Tesouro Thomas Corwin aprobou o traballo do gravador. A peza de tres centavos entrou en circulación en 1851.[103]
En 1850, cando a Casa da Moeda se enfrontaba a un gran aumento dos depósitos de ouro por mor da febre do ouro de California, Peale suxeriu a contratación mulleres para complementar o persoal encargado de pesar e axustar os discos de ouro antes da súa cuñaxe, e describiu o labor como "totalmente adecuado á súa capacidade". A Casa da Moeda contratou 40 mulleres, ás que en 1860 se lles pagaba 1,10 dólares por cada xornada de dez horas, unha cantidade considerada xenerosa.[104] Esta foi a primeira vez que o Goberno estadounidense empregaba a mulleres para realizar traballos específicos con salarios regulares.[105]
En 1851, Peale deseñou unha nova máquina de vapor para a Ceca de Filadelfia, utilizando un deseño similar a unha torre e carente de tubos exteriores. Malia estar deseñada para xerar 100 cabalos de potencia, o desgaste reduciu axiña a súa capacidade. As revistas de enxeñaría estadounidenses mencionaron o último traballo de Peale sen facer comentarios; en tanto que as británicas sinalaron os defectos e suxeriron que o tempo pasara de longo para Peale.[106]
Decaemento
[editar | editar a fonte]Non todas as innovacións de Peale acadaron o éxito. Por exemplo, el fixo que a Casa da Moeda mercase un gran torno para mecanizar rolos de metal pesado, que lle custou ao Goberno polo menos 2.000 dólares e que Peale recoñeceu que nunca funcionara e que probablemente que nunca chegase a facelo. Comproulle tamén ao seu sobriño, George Sellers, un xogo de moldes para fundir lingotes e o equipamento que o acompañaba, que resultaron inutilizables ao non estaren adaptados á maquinaria da Casa da Moeda. Un banco de tracción fabricado por Peale, cun custo de polo menos 1.500 dólares, resultou perigoso, xa que o pistón se impulsaba cunha forza tremenda contra o extremo do seu cilindro, o que provocaba un gran choque e puña en perigo as persoas que se atopasen nas proximidades. Igualmente, o persoal da ceca rexeitou a coñecida como "metralladora de Peale" por inútil pouco despois da súa introdución. Un intento de Peale en 1853 de converter os fornos de recocido de madeira da Ceca de Filadelfia para utilizar carbón de antracita destruíu os fornos, o que lle custou ao Goberno varios milleiros de dólares e provocou que se lle ordenase a Peale que non emprendese máis proxectos deste tipo. No entanto, un dos seus inventos que funcionou ben foi o chamado "sofá ruidoso" —ao sentar nel soaba unha trompeta—; construído cun custo duns 200 dólares de fondos públicos, que adornou tanto o despacho de Peale como o de Patterson.[107]
Estas actividades financiáronse a través dunha disposición da Lei da Moeda de 1837 que Patterson interpretou que lle permitía á Casa da Moeda negarse a dar crédito por pequenas cantidades de prata en depósitos de ouro. Esta práctica foi aprobada en dúas ocasións polo daquela secretario do Tesouro, en 1837 e en 1849.[108] Os pequenos depósitos de metais preciosos arredondábanse á baixa para seren divisibles entre 5 dólares, e o excedente gardábase e utilizábase á discreción dos funcionarios da Casa da Moeda.[109] Tanto esta como outras prácticas similares polas que os funcionarios financiaban actividades sen unha asignación do Congreso, chegaron á súa fin despois de que Peale propuxese unha renovación de 20.800 dólares de parte do edificio da Ceca de Filadelfia en 1850, e se pasase do orzamento en 12.000 dólares. Para o pagar, Patterson utilizou os beneficios —a señoriaxe— que se prevían obter das novas moedas de tres centavos. Cando o Congreso tivo coñecemento disto, aprobou a Lei do 21 de febreiro de 1853, que obrigaba o director da Casa da Moeda a ingresar regularmente os beneficios por señoriaxe no Tesouro.[108][110]
Un defecto do negocio de medallas de Peale era a súa necesidade de adquirir lingotes de ouro e de prata na Casa da Moeda, que aboaba logo de vender as medallas que producía. Non houbo ningún problema con este sistema mentres que o fundidor e refinador da Ceca de Filadelfia foi o amigo de Peale Jonas R. McClintock, mais en 1846, McClintock dimitiu e foi substituído por Richard Sears McCulloh. Ao principio, McCulloh entregoulle a Peale o ouro e a prata que precisaba sen preguntar, pero logo chegou a oporse a facelo. Peale e McCulloh estableceron entón un acordo polo que as medallas cuñadas permanecerían baixo a custodia de McCulloh ata que Peale repuxese o metal utilizado na súa produción, pero Peale obxectou que o procedemento lle resultaba "inconveniente". A partir de agosto de 1849, McCulloh negouse a seguir subministrándolle lingotes a Peale, aínda que este foi quen de conseguilos a través do tesoureiro da Casa da Moeda.[111]
Peale fixo todo o posible para dificultar a posición de McCulloh, como negarse a aceptar lingotes para moedas excepto que fosen de McCulloh persoalmente. En 1850, McCulloh dimitiu e en novembro dese ano o ex-funcionario publicou un artigo no New York Evening Express no que alegaba que os empregados da Casa da Moeda a transformaran "nun taller para o seu lucro".[81][112] O presidente Millard Fillmore enviou o artigo ao secretario do Tesouro, Corwin, para que lle dese unha explicación, e Corwin remitiullo a Patterson, quen confirmou que Peale dirixía un negocio privado de medallas nas instalacións, mais afirmou que non había ningunha interferencia no desempeño das súas funcións como cuñador xefe. O investigador numismático Don Taxay sinalou que isto só era certo porque o xubilado Adam Eckfeldt seguía a desempeñar as funcións dese cargo sen percibir salario, e que esta situación cesou en febreiro de 1852, cando Eckfeldt faleceu logo dunha breve doenza. O pasamento do seu predecesor fixo que Peale lle escribise "unha carta frenética" ao novo director da Casa da Moeda —Patterson xubilárase—, George Nicholas Eckert, na que lle dicía que precisaba con urxencia un axudante.[81]
A campaña de McCulloh continuara; o 1 de agosto de 1851 escribiulle directamente ao presidente Fillmore, acusando a Peale de "dispendio e gasto innecesario de diñeiro público" e afirmando que non era apto para ocupar o cargo, e engadiu que o Goberno pagara empregados da Casa da Moeda por reparar a casa de Peale. Un home declarou posteriormente que el e outro empregado da Casa da Moeda pasaran dous días traballando na casa de Peale; outro alegou que cada vez que se reunía o club de tiro con arco do que Peale era membro se enviaban empregados da Casa da Moeda para axudaren cos preparativos.[113] McCulloh tamén acusou a Peale de facer que traballadores da Casa da Moeda fabricasen moblaxe para o seu uso cando, doutro modo, estarían ociosos.[84] Corwin ordenou unha investigación, que se prolongou durante o ano e medio seguinte. Peale presentou unha declaración en abril de 1852, na que alegaba que McCulloh estaba acusando o director e o persoal de contabilidade de "grave neglixencia no cumprimento do seu deber", e que o ataque de McCulloh ao negocio de medallas de Peale era un desprezo ao "defunto venerable e moi querido Adam Eckfeldt", cuxo precedente Peale declarou que estaba seguindo.[114] Peale escribiu na súa defensa: "Afirmo con valentía ter feito moito pola Casa da Moeda e polo meu país, o que me dará dereito á gratitude".[115]
Eckert era amigo de Peale e esforzouse por desacreditar as acusacións. McCulloh instou a Corwin a que revisase a correspondencia el mesmo, e o secretario accedeu, pero tanto Corwin como Eckert deixaron o cargo a principios de 1853 sen que se tomase ningunha medida contra Peale. Ese verán, McCulloh publicou un panfleto, The Proceedings of the Late Director of the Mint in Relation to the Official Miscondut of Franklin Peale Esq., Chief Coiner and Other Abuses in the Mint, no que publicaba gran parte da correspondencia. Este tratado foi revisado polo novo director da Casa da Moeda, James Ross Snowden; el e o novo secretario do Tesouro, James Guthrie, decidiron prohibir as empresas privadas na sede da Casa da Moeda. En agosto de 1854, Guthrie promulgou un regulamento que prohibía esta práctica.[116]
Presidentes da US Mint cos que traballou Franklin Peale | |
---|---|
|
Taxay escribiu que a nova política "parece que foi mal recibida en certos sectores da Casa da Moeda", pero como non se conservan todos os rexistros, os detalles son incertos. Segundo Taxay:[117]
“ | Está claro, no entanto, que Snowden escribiu a Guthrie presentando cargos contra Peale, e que Guthrie á súa vez escribiu ao presidente [Franklin Pierce] quen, ao non ter ninguén máis a quen escribir, despediu a Peale de inmediato [...] Peale abandonou a Casa da Moeda o 2 de decembro [de 1854] para non volver nunca máis. | ” |
As razóns do despedimento de Peale non se anunciaron publicamente, e os seus amigos e aliados, como William DuBois —xenro de Adam Eckfeldt e o daquela asistente do ensaiador da Casa da Moeda de Filadelfia— afirmaron que foi para que o presidente Franklin Pierce puidese cubrir o posto desde o Partido Demócrata. Taxay sinalou que esta explicación ignoraba o feito de que Martin Van Buren, baixo cuxa Administración fora nomeado Peale como cuñador xefe, tamén era demócrata.[117] Non obstante, un informe do Senado de 1873 sobre a solicitude de indemnización de Peale logo de ser despedido afirmaba: "non se sabe por que foi desprazado un funcionario tan valioso".[118]
O sucesor de Franklin Peale como cuñador xefe da Casa da Moeda de Filadelfia foi George K. Childs.[119]
Derradeira etapa e morte
[editar | editar a fonte]Despois da súa marcha da Ceca de Filadelfia, Peale retirouse inicialmente de todas as súas actividades, mais en 1864, regresou ao sector privado como presidente da Hazelton Coal and Rail Road Company, á que estivera vinculado durante moito tempo, e permaneceu nese posto ata 1867.[56]
Ademais, entre as organizacións civís das que foi presidente estaban a Musical Fund Society of Pennsylvania e a Institution for Instrution to the Blind,[92] da que foi nomeado xerente en 1839 e presidente en 1863, cargo que aínda mantiña á súa morte en 1870.[120] Igualmente, foi membro da Sociedade Filosófica Americana desde 1833, e un dos seus conservadores nos períodos 1838-1845 e 1847-1870;[121][122] e membro durante moitos anos da Academia de Belas Artes de Pensilvania, que o seu pai axudara a fundar. Nesta academia foi un dos seus directores ata a súa xubilación.[56] Tamén foi elixido membro da American Antiquarian Society en 1865.[123]
Nos seus derradeiros anos, Peale pasou algúns outonos en Delaware Water Gap, ao norte de Filadelfia, na procura de artefactos da Idade de Pedra e reunindo unha importante colección, que posteriormente lle legou á Sociedade Filosófica Americana. Peale catalogou os seus achados e engadiu descricións.[121] Ademais, como arqueiro experto, axudou a fundar o club United Bowmen, cuxos membros levaron, uns anos despois, o seu cadaleito á súa tumba, seguindo as súas propias instrucións. Tamén foi, ata o seu pasamento, presidente do Skater's Club. Foi patinador toda a súa vida, e desenvolveu un método para extraer os patinadores cando rompía o xeo sobre un lago que salvou moitas vidas.[120]
Peale foi un dos consultados en 1870 polo secretario do Tesouro George Boutwell para preparar a lexislación de reforma da Casa de la Moeda que se converteu na Lei de Moeda de 1873.[124] El avogou por que a oficina do director da Casa da Moeda se trasladase de Filadelfia a Washington, o que foi recollido na lei. Apoiou tamén a abolición do dólar de ouro e da peza de tres dólares, mais o Congreso non lles puxo fin a estas moedas ata 1890.[125][126] Así mesmo, denigrou as emisións de moedas máis recentes —moitas deseñadas por Longacre, que falecera en 1869—, afirmando que os seus deseños foran "ata agora, lamentablemente, se non vergoñentamente deficientes".[127]
A saúde de Peale empeorou nos seus derradeiros meses, mais aínda puido continuar coas súas actividades, e só unha curta doenza grave precedeu a súa morte na súa casa do número 1.131 da rúa Girard de Filadelfia, o 5 de maio de 1870. As súas derradeiras palabras foron:[128]
“ | Se isto é a morte, é como eu desexaba: paz perfecta, consolo perfecto, alegría perfecta. | ” |
O seu corpo foi soterrado no cemiterio Laurel Hill, de Filadelfia.[129]
Relevancia da súa figura
[editar | editar a fonte]Para aproveitar a maior capacidade de produción da nova prensa, Peale deseñou unha nova máquina para cortar discos para a cuñaxe, a partir de fitas de metal.[130] Esta máquina permaneceu en uso, case sen modificacións, ata 1902.[131]
O director da Casa da Moeda dos estados Unidos, Henry Linderman, declarou en 1873 sobre Peale: "Aínda que o Sr. Peale recibiu indubidablemente a cooperación de Patterson e outros, as invencións e as melloras foron sinaladamente do Sr. Peale. Non teño ningunha dúbida ao respecto. Foron dun valor case incalculable para o servizo público".[132]
George G. Evans, na súa historia da Casa da Moeda de finais do século XIX, describiu a Peale nestes termos: "A súa dozura, e integridade, o seu porte cabaleiroso e a súa elevada cultura moral e mental constituírono como un funcionario modelo".[133] Para Walter Breen Peale foi "brillante mais sen escrúpulos".[89] E segundo Q. David Bowers, "hoxe en día Peale é un dos moitos personaxes da Casa da Moeda que se poden ver desde moitos ángulos diferentes, e cada perspectiva leva ás veces a certos escritores a tirar conclusións moi distintas".[134]
Pola súa banda, Roger Burdette escribiu sobre Peale e o seu efecto na Casa da Moeda:[135]
“ | Durante a xeración de arredor de 1830 a 1855, a maior influencia nas operacións e na produción proveu dun home: Benjamin Franklin Peale. Foi o consumado 'maquinista' da época en que este termo abranguía o deseño imaxinativo, a planificación, a construción e a mellora dos procesos de traballo... Malia contar co apoio incondicional dos directores da Casa da Moeda Moore e Patterson, tamén gozaba do aprecio do común dos traballadores da ceca e da elite científica de Filadelfia. Os resultados de moitas das súas ideas duraron un século ou máis, ata que o crecemento da poboación fixo que a enxeñaría do século XIX resultase insuficiente para as necesidades modernas da cuñaxe. | ” |
Logo do seu despedimento, Peale solicitou ao Congreso 30.000 dólares como pagamento polas melloras e os inventos que realizara para o Goberno, e o Senado chegou a aprobou en dúas ocasións, en 1858 e en 1860, unha lei específica para lle aboar 10.000 dólares nese concepto, mais a Cámara de Representantes negouse a votala. En 1870, presentouse novamente no Senado, pero non se aprobou. O 3 de marzo de 1873, despois da súa morte, promulgouse unha lei para compensar a Peale coa cantidade de 10.000 dólares; a lei era, consonte o seu título, en axuda de Anna E. Peale, a filla de Franklin Peale no seu primeiro matrimonio.[136][137]
O mes seguinte, Caroline Peale, viúva de Franklin, regalou á Casa da Moeda de Filadelfia un busto de mármore do seu defunto esposo, "para ser colocado sobre un pedestal, nalgún lugar onde poida estar aberto á inspección dos visitantes e preservar a súa memoria para as xeracións futuras".[136]Don Taxay, na súa historia da Casa da Moeda publicada en 1966, afirma que non puido coñecer o paradoiro deste busto.[138]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Patterson III, R. (1870). Páxina 597.
- ↑ Sellers, C. C. (1980). Páxina 76.
- ↑ "Portrait of Elizabeth DePeyster Peale (1765 - 1804)". Philadelphia Museum of Art (Philamuseum.org).
- ↑ Sellers, C. C. (1980). Páxinas 49, 88.
- ↑ Patterson III, R. (1870). Páxina 597-598.
- ↑ Smith, P. (2012).
- ↑ 7,0 7,1 Smith, P. (1994). Páxina 1.137.
- ↑ "The Artist in His Museum. Charles Willson Peale". Pennsylvania Academy of the Fine Arts (PAFA.org).
- ↑ Snow, R. (2009). Páxina 221.
- ↑ Patterson III, R. (1870). Páxina 598.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Patterson III, R. (1870). Páxina 599.
- ↑ 12,0 12,1 Ferguson, E. S. (1965-b-). Páxina 70.
- ↑ Coleman Sellers estaba casado coa medio irmá de Peale, Sophonisba.
- ↑ Edson, E. M. (2001). Páxina 383.
- ↑ Sellers, C. C. (1980). Páxina 270.
- ↑ Patterson III, R. (1870). Páxina 604.
- ↑ 17,0 17,1 Whitehead, J. L. (1951). Páxina 197.
- ↑ Sellers, C. C. (1980). Páxina 256.
- ↑ Ferguson, E. S. (1965-b-). Páxina 4.
- ↑ Ferguson, E. S. (1965-a-). Páxina 34.
- ↑ Frazer, P. (1908). Páxina 259.
- ↑ 22,0 22,1 Patterson III, R. (1870). Páxina 600.
- ↑ 23,0 23,1 Lange, D. W. (2006). Páxina 43.
- ↑ 24,0 24,1 24,2 Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 150.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxinas 9-10.
- ↑ 26,0 26,1 Whitehead, J. L. (1951). Páxina 199.
- ↑ Nepomucene, Sister St. John (1955). Páxina 156.
- ↑ 28,0 28,1 Whitehead, J. L. (1951). Páxinas 200-201.
- ↑ 29,0 29,1 Burdette, R. (2013-a-). Páxina 23.
- ↑ 30,0 30,1 Nepomucene, Sister St. John (1955). Páxina 157.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxina 10.
- ↑ 32,0 32,1 Whitehead, J. L. (1951). Páxinas 201-203.
- ↑ 33,0 33,1 Lange, D. W. (2006). Páxina 44.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxina 24.
- ↑ Whitehead, J. L. (1951). Páxinas 207-208.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 154.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxinas 91-93.
- ↑ 38,0 38,1 Whitehead, J. L. (1951). Páxina 208.
- ↑ Whitehead, J. L. (1951). Páxina 211.
- ↑ Nepomucene, Sister St. John (1955). Páxina 159.
- ↑ 41,0 41,1 Nepomucene, Sister St. John (1955). Páxina 158.
- ↑ Ferguson, E. S. (1965-b-). Early engineering reminiscences, 1815-40. Smithsonian Institution, Washington. Páxina 67.
- ↑ 43,0 43,1 Whitehead, J. L. (1951). Páxina 209.
- ↑ Na Ceca de Filadelfia, os deseños das moedas creábaos o grabador xefe. Véxase Burdette, R. (2013-b-).
- ↑ Whitehead, J. L. (1951). Páxina 210.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxinas 27-32.
- ↑ 47,0 47,1 Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 166.
- ↑ Ferguson, E. S. (1965-b-). Páxina 68.
- ↑ Clark, C. L. (2000). Páxina 288.
- ↑ Bowers, Q. D. (2001). Páxina 75.
- ↑ Clark, C. L. (2000). Páxinas 287-290.
- ↑ "Powered Coin Press. Pressing... Full Steam Ahead". The Franklin Institute (FI.edu).
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxina 32.
- ↑ Patterson III, R. (1870). Páxinas 600-601.
- ↑ Lange, D. W. (2006). Páxina 47, 50.
- ↑ 56,0 56,1 56,2 Patterson III, R. (1870). Páxina 601.
- ↑ Evans, G. G. (1890). Páxina 123.
- ↑ United States Senate (1887-a-). Páxina 489.
- ↑ United States Senate (1887-a-). Páxina 501.
- ↑ 60,0 60,1 Ferguson, E. S. (1965-b-). Páxina 76.
- ↑ Evans, G. G. (1885). History of the United States Mint at Philadelphia. Evans, Filadelfia. Páxina 38.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxinas 63-70.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxina 25.
- ↑ United States Senate Committee on Claims (1873). Páxina 3.
- ↑ Contratado porque o gravador William Kneass quedado parcialmente incapacitado por unha apoplexía. Como Gobrecht era un destacado artesán, no aceptou o título habitual de "gravador asistente". Gobrecht converteríase en gravador tras a morte de Kneass en 1840. Véxase Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 170-171, 176, 204.
- ↑ Breen, W. (1988). Páxina 238.
- ↑ Lange, D. W. (2006). Páxina 50.
- ↑ É dicir, Charlotte e Dahlonega, que cuñarían só ouro, en tanto que Nova Orleáns cuñaría tanto ouro como prata.
- ↑ Doty, R. G. (1989). Páxinas 70-72.
- ↑ Doty, R. G. (1989). Páxina 72.
- ↑ Doty, R. G. (1989). Páxinas 73-74.
- ↑ Doty, R. G. (1989). Páxina 73.
- ↑ Doty, R. G. (1989). Páxinas 75-76.
- ↑ Doty, R. G. (1989). Páxina 78.
- ↑ Doty, R. G. (1989). Páxinas 78-79.
- ↑ Burdette, R. (2013-b-). Páxina 14-15.
- ↑ Smith, P. (1997). Páxina 63.
- ↑ 78,0 78,1 United States Senate (1887-b-). Páxina 252.
- ↑ Proud, R. (1903). Páxina 59.
- ↑ United States Senate (1887-b-). Páxina 258.
- ↑ 81,0 81,1 81,2 Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 183.
- ↑ 82,0 82,1 Bowers, Q. D. (2004). Páxina 385.
- ↑ La Lei da Moeda de 1873, aprobada tras a morte de Peale, autorizaba o cuñador xefe a cuñar medallas, sempre que "ese traballo non interfira coas operacións regulares de cuñaxe de moeda, e que non se preparen cuños privados para medallas na ceca, nin se utilicen a súa maquinaria nin os seus aparellos para tal fin". Véxase Watson, J. P. (1926). Páxina 31.
- ↑ 84,0 84,1 Wright, R. E. (2010). Páxina 63.
- ↑ Burdette, R. (2013-b-). Páxina 324.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxina 93.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxinas 100-101.
- ↑ Breen, W. (1988). Páxina 287.
- ↑ 89,0 89,1 89,2 Breen, W. (1988). Páxina 393.
- ↑ Lange, D. W. (2006). Páxina 90.
- ↑ "Medal of Zachary Taylor". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseumj.org).
- ↑ 92,0 92,1 92,2 Pessolano-Filos, F. (1983). Páxina 92.
- ↑ 93,0 93,1 Breen, W. (1988). Páxina 311.
- ↑ Reed, P. B. (ed.) (1990). Páxinas 217-221.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 206.
- ↑ 96,0 96,1 Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 206-207.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 208-209.
- ↑ Snow, R. (2009). Páxina 222.
- ↑ Este exemplar único forma parte da Colección Numismática nacional dos Estados Unidos, custodiada polo Instituto Smithsoniano. Véxase "20 Dollars, Pattern, United States, 1849". National Museum of American History.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 207.
- ↑ Snow, R. (2009). Páxinas 222-223.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 207-208.
- ↑ Breen, W. (1988). Páxina 271.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 162.
- ↑ Burdette, R. (2013-b-). Páxina 13.
- ↑ Burdette, R. (2013-b-). Páxinas 471-472.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 178-179, 189.
- ↑ 108,0 108,1 Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 179-180.
- ↑ Smith, P. (1994). Páxina 1.139.
- ↑ Bureau of the Mint (1904). Páxina 39.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 182.
- ↑ Smith, P. (1994). Páxina 1.140.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 181.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 187-188.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 188.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 189-190.
- ↑ 117,0 117,1 Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 190.
- ↑ United States Senate Committee on Claims (1873). Páxina 2.
- ↑ United States Senate (1887). Journal of the Executive Proceedings of the Senate of the United States. Vol. IX. United States Government Printing Office. Páxina 407.
- ↑ 120,0 120,1 Patterson III, R. (1870). Páxina 602.
- ↑ 121,0 121,1 Patterson III, R. (1870). Páxina 603.
- ↑ American Philosophical Society (1886). Páxinas 38-39.
- ↑ "Members". American Antiquarian Society (Americanantiquarian.org).
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 249.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxinas 127-128.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 287-289.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 263.
- ↑ Patterson III, R. (1870). Páxina 604.
- ↑ "The Funeral of Franklin Peale". En The Evening Bulletin. 9 de maio de 1870. Páxina 8.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxina 49.
- ↑ Burdette, R. (2013-b-). Páxina 285.
- ↑ Burdette, R. (2013-a-). Páxina 9.
- ↑ Evans, G. G. (1890). Páxina 116.
- ↑ Bowers, Q. D. (2006). Páxina 58.
- ↑ Burdette, R. (2013-b-). Páxina 18.
- ↑ 136,0 136,1 United States Senate Committee on Claims (1873). Páxinas 2-3.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxinas 190-191.
- ↑ Taxay, D. (1983) [1966]. Páxina 191.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Franklin Peale |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- American Philosophical Society (1886). Laws and Regulations of the American Philosophical Society. Press of McCalla & Stavely, Filadelfia.
- Bowers, Q. D. (2001). The Harry W. Bass, Jr. Museum Sylloge. Harry W. Bass, Jr. Foundation, Dallas. ISBN 0-943161-88-6
- Bowers, Q. D. (2004). A Guide Book of Double Eagle Gold Coins. Whitman Pub., Atlanta. ISBN 978-0-7948-1784-8
- Bowers, Q. D. (2006). A Guide Book of Shield and Liberty Head Nickels. Whitman Pub., Atlanta ISBN 0-7948-1921-4
- Breen, W. (1988). Walter Breen's Complete Encyclopedia of U.S. and Colonial Coins. Doubleday, Nova York. ISBN 978-0-385-14207-6
- Burdette, R. (2013-a-). "Benjamin Franklin Peale. Inventions and Innovations for the United States Mint, 1835 to 1852". En Journal of Numismatic Research. Primavera. Vol. 1. Nº 2. Páxinas 9-133.
- Burdette, R. (2013-b-). From Mine to Mint. Seneca Mill Press, Great Falls. ISBN 978-0-9768986-7-2
- Bureau of the Mint (1904). Laws of the United States Relating to the Coinage. United States Government Printing Office, Washington.
- Clark, C. L. (2000). "Steam Power: A Pressing Issue". En The Numismatist. Marzo. American Numismatic Association. Páxinas 287-291.
- Doty, R. G. (1989). Metcalf, William E. (ed.). An Onerous and Delicate Task': Franklin Peale's Mission South, 1837. America's Gold Coinage. American Numismatic Society, Nova York. Páxinas 67-82. ISBN 0-89722-238-5
- Edson, E. M. (2001). "Notes and Documents. A James Peale Puzzle: Captain Allen McLane's Encounter with British Dragoons". En The Pennsylvania Magazine of History and Biography. Outubro. Historical Society of Pennsylvania, Filadelfia. Vol. 125. Nº 4. Páxinas 30-46.
- Evans, G. G. (1890). Illustrated History of the United States Mint. George G. Evans, Filadelfia.
- Ferguson, E. S. (1965-a-). "Technical Museums and International Exhibitions". En Technology and Culture. The Johns Hopkins University Press, Baltimore. Vol. 6. Nº 1. Páxinas 30-46.
- Ferguson, E. S. (1965-b-). Early Engineering Reminiscences (1815–40) of George Escol Sellers. Smithsonian Institution, Washington.
- Frazer, P. (1908). The Franklin Institute: Its Services and Deserts. The Franklin Institute, Filadelfia.
- Lange, D. W. (2006). History of the United States Mint and its Coinage. Whitman Pub., Atlanta. ISBN 978-0-7948-1972-9
- Nepomucene, Sister St. John (1955). "Franklin Peale's Visit to Europe in the Mint Service". En Journal of Chemical Education. American Chemical Society, Nova York. Vol. 32. Nº 3. Páxinas 155-159.
- Patterson III, R. (1870). "An Obituary Notice of Franklin Peale". En Proceedings of the American Philosophical Society. Filadelfia. Vol. 11. Nº 81. Páxinas 597-604.
- Pessolano-Filos, F. (1983). The Venus Numismatics Dictionary of Artists, Designers, Modellers, Engravers, and Die Sinkers Whose Works Were Commissioned by or Struck by the United States Mint 1792–1977. Eros Publishing Co, Nova York. ISBN 0-911571-00-0
- Proud, R. (1903). The Proud Papers. Stan. V. Henkel, Filadelfia.
- Reed, P. B. (ed.) (1990). Coin World Almanac (6ª ed.). Amos Press Inc., Sidney, Ohaio. ISBN 0-88687-460-2
- Sellers, C. C. (1980). Mr. Peale's Museum: Charles Willson Peale and the First Popular Museum of Natural Science and Art. W. W. Norton & Co., Nova York. ISBN 978-0-393-05700-3
- Smith, P. (1994). "Peale Helped Mechanize the Mint". En The Numismatist. Agosto: American Numismatic Association.
- Smith, P. (1997). "Adam Eckfeldt Struck the First U.S. Coins". En The Numismatist. Xaneiro. American Numismatic Association.
- Smith, P. (2012). "Peale, (Benjamin) Franklin". En American Numismatic Biographies. Páxina 329.
- Snow, R. (2009). A Guide Book of Flying Eagle and Indian Head Cents. Whitman Pub., Atlanta. ISBN 978-0-7948-2831-8
- Taxay, D. (1983) [1966]. The U.S. Mint and Coinage. Sanford J. Durst Numismatic Publications, Nova York. ISBN 978-0-915262-68-7
- United States Senate (1887-a-). Journal of the Executive Proceedings of the Senate of the United States. Vol. IV. United States Government Printing Office, Washington.
- United States Senate (1887-b-). Journal of the Executive Proceedings of the Senate of the United States. Vol. V. United States Government Printing Office, Washington.
- United States Senate Committee on Claims (1873). Report No. 454. 19 de febreiro. United States Government Printing Office, Washington.
- Watson, J. P. (1926). The Bureau of the Mint: Its History, Activities and Organization. Service Monographs of the United States Government. Nº 37. The Johns Hopkins Press, Baltimore.
- Whitehead, J. L. (1951). "The Mission of Franklin Peale to Europe, 1833 to 1835". En Pennsylvania History. Penn State University Press, University Park. Vol. 18. Nº 3. Páxinas 197-212.
- Wright, R. E. (2010). The First Wall Street: Chestnut Street, Philadelphia, and the Birth of American Finance. University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-91029-1
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Adam Eckfeldt |
Cuñador xefe da Ceca de Filadelfia –US Mint– 1839 - 1854 |
Sucesor: George K. Childs |