Viuvez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valentina de Milán gardando loito polo seu marido o Duque de Orleáns (Fleury François Richard).

A Viuvez é o estado de perder ao cónxuxe por falecemento. Viúvo/a é unha muller/home cuxo marido ou dona morreu.

A viuvez foi unha importante problemática social, particularmente no pasado. Nas familias nas que o marido era o único provedor, a viuvez podía afundir aos parentes na pobreza, e moitas obras benéficas tiñan como obxectivo axudar a viúvas e orfos. Isto empeoraba pola longa vida das mulleres, xa que os homes xeralmente contraían matrimonio con mulleres máis novas cá eles.

Con todo, nalgunhas sociedades patriarcais, as viúvas achábanse entre as mulleres máis independentes. Unha viúva ás veces continuaba os negocios do seu marido e consecuentemente concedíanselle certos dereitos, tales como a admisión a cooperativas.

Adicionalmente existían implicacións de liberdade sexual; malia que algúns testamentos incluían cláusulas de castidade (que requirían que as viúvas quedasen célibes para poder recibir a herdanza), en sociedades onde se vetaba o divorcio, a viuvez permitíalle ás mulleres volver casar. A "Dona de Baño" nos Contos de Canterbury de Geoffrey Chaucer, refírese á que quedou viúva cinco veces, permitíndose grandiosas experiencias sexuais.

Noutras culturas, as viúvas eran tratadas de diferente xeito. Verbigracia, na India facíase unha elaborada cerimonia durante o funeral do marido da viuva, que incluía o romper os brazaletes, remoción das decoracións feitas con bindi, así como tamén calquera atavío colorido, facendo que a muller vestise de branco.

Historia[editar | editar a fonte]

O estado de viuvez mereceu o máximo respecto en todos os tempos tanto así que Marcial nos seus epigramas chega a dicir que é adúltera a muller que casa moitas veces. Os Pais da Igrexa, sen condenar as segundas nupcias, aconsellaban absterse delas.

Entre os hebreos, a viúva que non tivera fillos do seu esposo debía casar co irmán do seu marido. Tiña por obxecto esta lei:

  1. Conservar os bens na mesma familia.
  2. Perpetuar o nome do primeiro marido.

Non se contraía a lei a que a viúva casase co seu cuñado senón que, a falta deste entraban os parentes máis próximos con tal de que fosen da mesma liña. Este matrimonio facíase sen solemnidade e só en virtude da lei. Con todo, o costume era que se verificase a unión en presenza de polo menos dúas testemuñas e que o esposo dese unha moeda á esposa. Despois engadiuse a bendición nupcial e un escrito para asegurar a dote da muller.

Parece que os xudeus logo da catividade de Babilonia ou segundo outros logo da destrución do segundo templo, non practicaron máis esta lei.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Viuvez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario enciclopédico popular ilustrado Salvat (1906 a 1914)