Thomas M. Pettit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thomas M. Pettit
Nacemento26 de decembro de 1797
Lugar de nacementoSeal of Philadelphia, Pennsylvania.svg Filadelfia.
Flag of Pennsylvania.svg Pensilvania.
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento30 de maio de 1853 (55 anos)
Lugar de falecementoFiladelfia.
NacionalidadeFlag of the United States.svg Estadounidense
Alma máterUPenn shield with banner.svg Universidade de Pensilvania.
OcupaciónPolítico, xuíz e alto funcionario.
Na rede
Find a Grave: 11324039 Editar o valor em Wikidata
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1851-1853)
editar datos en Wikidata ]

Thomas McKean Pettit, nado en Filadelfia o 26 de decembro de 1797 e finado na mesma cidade o 30 de maio de 1853, foi un xurista e político estadounidense, nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos pouco antes do seu falecemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Thomas M. Pettit naceu en Filadelfia o 26 de decembro de 1797,[1] fillo de Elizabeth McKean e do comerciante Andrew Pettit, e neto dun delegado no Congreso Continental e dun dos asinantes da Declaración de Independencia dos EEUU.[2]

Pettit Ingresou na Universidade de Pensilvania en 1812, e nela acadou a súa licenciatura en Dereito en 1815[1] e o grao de mestrado en 1818. En Pensilvania foi un dos trece membros da Sociedade Filomática, a primeira organización estudantil de Pensilvania.[2]

Logo do seu paso pola universidade, Pettit ingresou no Colexio de Avogados de Filadelfia en 1818 e exerceu a avogacía; en 1820 era procurador da cidade de Filadelfia. Entre 1824 e 1828 foi fiscal xeral adxunto do Tribunal Supremo de Filadelfia. En 1832 converteuse en xuíz asociado do Tribunal de Distrito de Filadelfia, e entre 1835 e 1845 foi xuíz presidente do distrito, posto ao que renunciou en 1845, cando foi nomeado Fiscal dos Estados Unidos para o Distrito Leste de Pensilvania.[1][2]

No ámbito da representación política, Pettit foi elixido membro da Asemblea Xeral de Pensilvania en 1830,[1] e un ano despois foi tamén membro do Consello Municipal de Filadelfia.[2]

Entre 1845 e 1848 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.[1]

O presidente dos Estados Unidos Martin Van Buren nomeouno membro do Consello de Visitantes da Academia Militar estadounidense. O 4 de abril de 1853, o presidente Franklin Pierce nomeouno director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, posto que ocupou dun xeito efémero, xa que finou durante o seu exercicio, poucas semanas despois da súa toma de posesión.[1][2][3][4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Thomas M. Pettit casou o 7 de febreiro de 1828 con Sara Berry Dale (1804-1853), con quen tivo 7 fillos.[1] Pettit faleceu en Filadelfia o 30 de maio de 1853 e foi soterrado no cemiterio da Christ Church desa cidade.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Evans, G. G. (1893). "Thomas M. Pettit". En Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia. Páxina 103.
  • Forrer, L. (1909). "Pettit, Thomas M." En Biographical dictionary of medallists. Vol. IV. Spink & Son, Londres. Páxina 470.
  • Smith, P. (2012). "Pettitt, Thomas McKean". En American Numismatic Biographies. Páxina 291.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
George Nicholas Eckert
New US Mint Logo Black.svg
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1853 - 1853
Sucesor:
James Ross Snowden