Busto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Denomínase busto á parte superior do corpo humano, dende o pescozo ata a cintura. Tamén se chama busto á a representación artística da cabeza e a parte superior do tórax dunha persoa[1]. Pode ser unha escultura, unha pintura, un debuxo ou un gravado. Inclúe a cabeza, os ombreiros, o nacemento dos brazos e o peito, ou parte del. Non se considera un fragmento parcial dunha obra, senón que é, en si mesmo, a obra completa.

Escultura[editar | editar a fonte]

En escultura, un busto é a representación dunha persoa limitada ao peito, ombreiros e cabeza, e xeralmente acompañada dun pedestal. A arte de representar en busto ven da antigüidade, e aínda que existen exemplares do Antigo Exipto (en realidade, cabezas funerarias ou modelos de taller), e da Grecia antiga, foi no Imperio Romano cando este tipo de escultura acadou a súa maior popularidade. Comunmente, o representado é un individuo de importancia.

Os materiais empregados son diversos, destacando o mármore, o bronce, o granito, a terracota e a madeira.[2]

Pintura[editar | editar a fonte]

Durante o Renacemento , en pintura , a expresión “en busto” designa unha representación que quere abandonar a representación do suxeito de corpo enteiro.

A diferenza da representación de corpo enteiro, esta forma de representar un personaxe (case siempre as tres cuartas partes) nunha pintura axusta a composición e permite centrar a atención do espectador nos detalles do rostro, con máis intimidade. Moitas Madonnas de Rafael representan así á Virxe en tres cuartos e humanizan aos santos presentes na representación para unha maior devoción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2021-04-28. 
  2. Carrera, Vicenç Joaquín Bastús i (1828). Diccionario histórico enciclopédico (en castelán). Imp. Roca. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]