George Nicholas Eckert
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de xullo de 1802 Womelsdorf. |
| Morte | 28 de xuño de 1865 (62 anos) |
| Lugar de sepultura | Cemitério Laurel Hill (pt) |
| Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos | |
| | |
| Datos persoais | |
| País de nacionalidade | |
| Educación | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Washington, D.C. |
| Ocupación | Médico, político e alto funcionario. |
| Partido político | Partido Republicano |
| Familia | |
| Cónxuxe | Emily F. Trevor |
| Irmáns | Isaac Eckert |
| Parentes | Henry S. Eckert, sobrinho fraterno |
| Membro de: Cámara de Representantes dos Estados Unidos. | |
George Nicholas Eckert, nado en Womelsdorf, Pensilvania, o 4 de xullo de 1802 e finado en Filadelfia o 28 de xuño de 1865, foi un médico, alto funcionario e político estadounidense, membro do partido Whig, membro da Cámara de Representantes (1847-1849) e director da Casa da Moeda dos EEUU (1851-1853).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación e actividade privada
[editar | editar a fonte]Eckert graduouse no departamento de Medicina da Universidade de Pensilvania, en Filadelfia, en 1824[1] e exerceu a medicina en Reading, Pensilvania. Foi un dos organizadores da Sociedade Médica do Condado de Berks en 1824.[2]
Posteriormente trasladouse a Pine Grove, no condado de Schuylkill do mesmo Estado, onde se dedicou ao comercio do carbón e do ferro.[2]
Carreira pública
[editar | editar a fonte]Eckert foi elixido polo partido Whig para o trixésimo Congreso. O 1 de xullo de 1851 foi nomeado polo presidente Millard Fillmore director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, cargo que exerceu ata o 6 de xuño de 1853.[2][3]
George Nicholas Eckert finou en Filadelfia o 28 de xuño de 1865 e foi soterrado no cimeterio Laurel Hill.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maxwell, W.J. (1917). General Alumni Catalogue of the University of Pennsylvania. UP General Alumni Society, Filadelfia. Páxina 586.
- 1 2 3 4 United States Congress. (1961). Biographical Directory of the American Congress, 1774-1961. U.S. Government Printing Office. Páxina 845.
- ↑ Evans, G. G. (1893). Páxina 103.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Nicholas Eckert |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Evans, G. G. (1893). Illustrated history of the United States mint... G. G. Evans, Filadelfia.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Robert M. Patterson |
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos 1851 - 1853 |
Sucesor: Thomas M. Pettit |