Robert M. Patterson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para o artigo referido ao seu pai, tamén director da Casa da Moeda dos EEUU, véxase Robert Patterson


Infotaula de personaRobert Maskell Patterson

Retrato e sinatura de Robert M. Patterson
Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos
(1835-1851)

Biografía
Nacemento23 de marzo de 1787
Filadelfia
Pensilvania.
Morte5 de setembro de 1854 (67 anos)
Filadelfia
Pensilvania.
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
Educación Universidade de Pensilvania.
Actividade
OcupaciónQuímico, matemático, médico e director da US Mint
EmpregadorUniversidade da Virgínia (pt) Traducir
Universidade de Pensilvania Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
FillosHelen Hamilton Patterson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Patterson-16331


Robert Maskell Patterson, nado en Filadelfia o 23 de marzo de 1787 e finado na mesma cidade o 5 de setembro de 1854, foi un químico, matemático e médico estadounidense, profesor das Universidades de Pensilvania e de Virxinia.

Patterson desempeñou o posto de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos entre 1835 e 1851.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Robert M. Patterson naceu en Filadelfia o 23 de marzo de 1787, un dos oito fillos de Amy Hunter Ewing e de Robert Patterson,[1] un profesor de Matemáticas na Universidade de Pensilvania e director da Casa da Moeda entre 1806 e 1824,[2][3] que emigrara ás colonias de Norteamérica desde a súa Irlanda natal.

Patterson cursou os seus estudos superiores de Artes na Universidade de Pensilvania, onde se graduou en 1804. Posteriormente formouse en Medicina baixo a dirección do doutor Benjamin S. Barton, e acadou o seu doutoramento en Medicina en 1808.[2][1][4][5]

Os anos seguintes viaxou por Europa para proseguir os seus estudos de Medicina, Matemáticas e diversas disciplinas científicas. En París formouse en1809 e 1810 con Haüy, Vauquelin, Legendre e Poisson. En 1811, en Inglaterra estudou Química con Humphry Davy.[2][1][6]

Carreira académica e científica[editar | editar a fonte]

De regreso nos Estados Unidos en 1812, acadou un posto como profesor de Matemáticas, Filosofía Natural e Química na Universidade de Pensilvania, que mantivo ata 1828, cando se trasladou a exercer a docencia na Universidade de Virxinia.[2][1][4]

En 1834 foi elixido membro asociado da Sociedade das Artes e das Ciencias dos EEUU,[7] e o ano seguinte deixou a universidade e regresou a Filadelfia para ocupar o posto de director da US Mint.[8] En 1836, un comité da Sociedade Filosófica Americana pediulle que redactase un breve informe para as observacións astronómicas e físicas que debería levar a cabo a Expedición Exploradora dos Estados Unidos, que partiu en 1838. Patterson foi a persoa máis nova en formar parte da Sociedade Filosófica Americana, con só 22 anos, en 1809.[9] Despois foi secretario e da sociedade en 1813, vicepresidente en 1825 e finalmente presidente a partir de 1849.[2][4][10]

Robert M Patterson interesouse sinaladamente pola cifraxe e intercambia adoito correspondencia cifrada con Thomas Jefferson. Un dos seus escritos cifrados, incluído nunha carta datada o 19 de decembro de 1801 dirixida a Jefferson, non foi descifrado ata 2007, por Lawren Smithline.[11] O texto cifrado, que consta de sete bloques de díxitos e que se descifra desencriptando sete bloques á vez, é a Declaración de Independencia, da que Jefferson fora o principal autor.[12] Patterson considerábaa a súa "cifraxe perfecta" e Jefferson considerou a posibilidade de adoptala para uso gobernamental.[13]

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Robert Maskell Patterson foi nomeado director da Casa da Moeda dos Estados Unidos polo presidente Andrew Jackson, e o nomeamento foi confirmado polo Senado o 5 de xaneiro de 1835. Patterson ocupou o posto durante 15 anos, xa que dimitiu por problemas de saúde en xullo de 1851.[1] O seu pai xa ocupara o mesmo posto entre 1806 e 1824, e o seu predecesor inmediato fora o seu cuñado, Samuel Moore (1824-1835).[14]

Durante o seu mandato introduciuse na ceca a enexía de vapor e outras innovacións que igualaron a calidade da cuñaxe coa das casas de moeda máis prestixiosas de Europa. Patterson supervisou tamén a saída á circulación de varias emisións novas, como os vinte dólares e o dólar de ouro en 1849 e 1850, ou a moeda de tres centavos en 1851.[1][14]

Vida familiar[editar | editar a fonte]

Patterson casou o 20 de abril de 1814 con Helen Hamilton Leiper[15] (1792-1874) filla de Thomas Leiper, un comerciante e político local que participara na Guerra de Independencia.

A doenza que o obrigara a dimitir como director da Casa da Moeda causoulle a morte o 5 de setembro de 1854.[1] O seu corpo foi soterrado no cemiterio Laurel Hill, de Filadelfia.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "Robert Maskell Patterson, M. D. Director of the Mint". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxina 131.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Obituario de Patterson, en Proceedings of the American Philosophical Society Held at Philadelphia for Promoting Useful Knowledge. American Philosophical Society. 6 (52): 60–65. 1854
  3. Breck, S. (1854). Páxina 8.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Robert Maskell Patterson. 1787-1854". En Addison, A. (1940). Portraits in the University of Pennsylvania. University of Pennsylvania Press. Páxina 12.
  5. Breck, S. (1854). Páxina 9.
  6. Breck, S. (1854). Páxinas 9-11.
  7. "Members: Robert Maskell Patterson". American Academy of Arts & Sciencies.
  8. Breck, S. (1854). Páxina 14.
  9. "Member History (2)". American Philosophical Society.
  10. Breck, S. (1854). Páxinas 12-13.
  11. Lambert, C. (2009). "Coded to Last. Jefferson's Conundrum". En Harvard Magazine. Xullo-agosto.
  12. "Encrypt text like Robert Patterson. An explanation and a demonstration of the Patterson cipher". En Magicode.org. 3 de xullo de 2009.
  13. Silverman, R. E. (2009). "Two Centuries On, a Cryptologist Cracks a Presidential Code". En The Wall Street Journal. 2 de xullo.
  14. 14,0 14,1 "U. S. Mint Medals Presented to Mint Director Robert M. Patterson". NGC Collectors Society. 27 de novembro de 2012.
  15. Breck, S. (1854). Páxina 12.
  16. "Robert Maskell Patterson". Ancestry.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Samuel Moore

Director da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1835 - 1851
Sucesor:
George Nicholas Eckert