Visión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A visión é o sentido que permite aos animais interpretar a súa contorna a partir da luz que reflicten as superficies que a compoñen.

O sistema visual[editar | editar a fonte]

O ollo é o primeiro compoñente deste sistema sensorial. No seu interior, a retina, composta de conos e bastóns, realiza os primeiros pasos do proceso perceptivo, e proxecta a través do nervio óptico e o núcleo xeniculado lateral á cortiza visual do cerebro. No cerebro comeza o proceso de enxeñería inversa que nos permite reconstruír as distancias, cores, movementos e formas dos obxectos que nos rodean.

Fontes de información[editar | editar a fonte]

A visión nútrese de múltiplas fontes de información para interpretar o mundo que nos rodea. Así, o uso de dous ollos permite a visión binocular, coa cal podemos percibir a distancia que hai ata os obxectos ou a diferenza entre o movemento dun paxaro e o movemento das sebes sobre as cales a ave se sitúa (ver percepción do movemento).


Historia e correntes[editar | editar a fonte]

O estudo científico da percepción visual comeza no século XIX con Hermann von Helmholtz, e os primeiros métodos psicofísicos. A comezos do século XX faise forte a escola da Gestalt que propón que a visión esta fortemente guiada por procesos arriba-abaixo.

A mediados do século XX aparecen os propoñentes da percepción indirecta, os construtivistas, e os propoñentes da percepción directa, os ecoloxistas.

Hoxe en día é máis difícil falar de escolas, posto que o estudo da visión é sumamente interdisciplinar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]