Saltar ao contido

Artista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artista
arte e art competition (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Economía
Fontes e ligazóns
BNE: XX525385
Wikidata C:Commons
Busto de Manoel Antonio, artista galego de vangarda.

O artista[1] é a persoa que realiza ou produce obras de arte. O que se entende por artista depende polo tanto do significado da palabra arte, e, dado o cambiante significado deste concepto, o termo artista só pode definirse ou estudarse dende un punto de vista histórico, en función, por exemplo, dos cánones estéticos de cada época. Con todo, existen certas constantes que se repiten ao longo da historia e que serven para definir a noción asemade de arte e de artista. Trátase da técnica, a creatividade, a orixinalidade da produción e dos actos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para artista.