Don Taxay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Taxay
(Donald Paul Taxay)
Datos persoais
Nacemento24 de maio de 1933
LugarSeal of Chicago, Illinois.svg Chicago.
Flag of Illinois.svg Illinois
Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstadounidense
CónxuxeConstance Ferris (1977).
Actividade
CampoNumismática
Alma máterAmerican Conservatory of Music
Don Taxay (signature).png
editar datos en Wikidata ]

Donald Paul Taxay, nado o 24 de maio de 1933 en Chicago, Illinois, foi un numismático e historiador estadounidense coñecido polas súas publicacións de referencia na historia da moeda do seu país e pola súa desaparición cando estaba no cumio da súa carreira.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formacióne vida familar[editar | editar a fonte]

Don Taxay naceu en Chicago, onde se graduou no Conservatorio Americano de Música.[1]

En decembro de 1977 casou con Constance Ferris, da que se divorciou en 1982.[1]

Carreira numismática[editar | editar a fonte]

Taxay comezou o seu interese pola numismática na década de 1950 e en 1958 xa era encargado do departamento de moedas dun establecemento comercial en Boston. En 1962 empezou a traballar na New Netherlands Coin Company, un comercio numismático especializado en moedas raras.[2] En 1963 foi contratado por Walter H. Breen xunto a Lynn Glaser na compañía de autenticación de moedas Institute of Numismatic Authenticators.[3][4]

No verán de 1969 entrou na dirección dunha compañía que se acababa de cerar en Nova York, Harmer, Rooke Numismatists, Ltd., e uns anos despois uniuse a Harry J. Forman e a Ruth Bauer, de Filadelfia, para constituíren Forman, Taxay and Associates, unha compañía especializada en poxas numismáticas e xestión de investimentos neste sector, aínda que a empresa non tivo éxito e Taxay se retirou da sociedade.[2][4]

En abril 1964 foi nomeado conservador do Museo Numismático do Banco Chase Manhattan, logo do retiro de Vernon L. Brown.[2][5] Ocupou este posto ata a súa renuncia o 18 de maio de 1966, e foi sucedido por Gene Hessler.[6] En 1975 foi nomeado subdirector da compañía First Investors, Inc.[4]

Desaparición[editar | editar a fonte]

Entre 2005 e 2006, os membros da Numismatic Bibliomania Society emprenderon un proxecto de investigación para descubrir que lle sucedera a Don Taxay, xa que non se sabía nada del desde finais da década de 1970. Finalmente, determinaron que Taxay fora introducido nunha comunidade espiritual india por Walter H. Breen e que, como consecuencia, se convertera nun seguidor do movemento Osho e marchara á India.[7][8]

O historiador Karl Moulton especula que Taxay puido liquidar todas as súas propiedades para logo doar os beneficios ao gurú Bhagwan Shree Rajneesh.[8]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estas son as cinco monografías publicadas por Don Taxay antes da súa desaparidión na década de 1970:[4][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Smith, P. (2012). Páxina 345.
  2. 2,0 2,1 2,2 Bowers, Q. D. (1999). "J. W. Scott, Stamp and Coin Dealer". En Rare Coin Review. Nº 130. Xullo-agosto. Páxinas 28-29.
  3. "The Institute of Numismatic Authenticators". En The E-Sylum. Vol. 19. Nº18. 1 de maio de 2016.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Smith, P. (2012). Páxina 346.
  5. The Numismatist. 1964.
  6. "Chase Manhattan Money Museum History". En The E-Sylum. Vol. 7. Nº 31. 1 de agosto de 2004.
  7. "Whatever became of Don Taxay?". En The E-Sylum. Vol. 8. Nº 64. 25 de decembro de 2005.
  8. 8,0 8,1 "Don Taxay where are you?", En The E-Sylum. Vol. 9. Nº1. 1 de xaneiro de 2006.
  9. "Taxay, Don". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]