Ulisse Aldrovandi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ulisse Aldrovandi
Nacemento11 de setembro de 1522
Lugar de nacementoBoloña
Falecemento4 de maio de 1605
Lugar de falecementoBoloña
NacionalidadeEstados Pontificios
Alma máterUniversidade de Padua e Universidade de Boloña
Ocupaciónentomólogo, naturalista, botánico, ornitólogo, zoólogo, pintor, médico, pedagogo, profesor universitario e xeólogo
Coñecido porMonstrorum historia
editar datos en Wikidata ]

Ulisse Aldrovandi, nado en Boloña en 1522 e finado na mesma cidade en 1605, foi un científico italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do conde Teseo Aldrovandi, secretario do Senado de Boloña. No ano 1529 quedou orfo. En 1538 peregrina a Roma e Santiago de Compostela. En 1539 comeza estudos de humanidades e leis nas universidades de Boloña e Padua.

En 1549 foi acusado de herexía polas súas relacións co anabaptista Camillo Renato e encarcerado en Roma durante 18 meses, durante ese tempo interésase pola botánica, zooloxía e a xeoloxía. En 1551 volve a Boloña, organiza numerosas expedicións para recoller plantas para a súa herboristería. En 1554 comeza a ensinar lóxica e filosofía na Universidade de Boloña, e en 1561 é o primeiro profesor de historia natural. Polos seus esforzos crease o Xardín Botánico de Boloña en 1568. En 1575 foi suspendido das súas actividades públicas durante cinco anos debido a unha disputa sobre a composición dunha menciña popular cos farmacéuticos e doutores de Boloña.

En 1577 solicita a axuda do papa Gregorio XIII, curmán da súa nai, para obter das autoridades de Boloña a restitución dos seus cargos e unha axuda financeira para editar as súas obras. Durante a súa vida formou amplas coleccións de botánica e zooloxía, que despois da súa morte pasaron ao museo da universidade.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Ornithologiae, hoc est de vibus historia libri XII (1599)
  • Ornithologiae tomus alter (1600)
  • De animalibus insectis libri septem, cum singulorum iconibus ad vivum expressis (1602)
  • Ornithologiae tomus tertius, ac postremus (1603)
  • Historia serpenta et draconi