Dresden
Coordenadas: 51°2′N 13°44′L / 51.033, -13.733
Dresden | ||
---|---|---|
| ||
Montaxe de imaxes da cidade. | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estados de Alemaña | Saxonia | |
Distrito | Distrito urbano | |
Xeografía | ||
Altitude | 113 m msnm | |
Superficie | 328,8 km2 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 543 825 (2015) | |
Densidade | 1 700/km2 | |
Outros datos | ||
Alcalde | Dirk Hilbert (FDP) | |
Páxina oficial |
Dresden[1][2] ou Dresde[3] (en alemán: Dresden) é unha cidade alemá á beira do Elba e capital do estado federado de Saxonia. Conta con 512.234 habitantes (2008) e está altamente industrializada (por exemplo, hai fábricas de Volkswagen, Airbus etc.).
Limita ao noroeste co distrito de Meißen, ao nordés co de Bautzen e ao sur co de Sächsische Schweiz-Osterzgebirge. Dresden atópase xusto no centro da conurbación homónima. Situada no centro de Europa, constitúe un nó de transportes fundamental á vez que un centro económico de grande importancia.[4] Esta aglomeración, xunto coa de Chemnitz-Zwickau e a de Leipzig-Halle, constitúen a chamada "rexión metropolitana do triángulo saxón".[5] A poboación total de Dresden supera os 525.000 habitantes e o seu correspondente Regierungsbezirk ou rexión administrativa, o millón e medio.[6]
O Val do Elba en Dresden foi Patrimonio da Humanidade da Unesco entre 2004 e 2009, pero perdeu o seu sitio en dita lista debido á construción dunha ponte a dous quilómetros do centro histórico. Deste xeito, converteuse no primeiro lugar en Europa e segundo en todo o mundo en perder esta condición.[7]
En 2015, a cidade foi laureada, xunto coa sueca Vara co Premio de Europa, unha distinción outorgada anualmente polo Consello de Europa, desde 1955, a aqueles municipios que fixesen notables esforzos para promover o ideal da unidade europea.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saxón.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8.
- ↑ Así figura no Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo e no Diciopedia do século 21.
- ↑ "München deklassiert Berlin - Dresden auf der Überholspur. Städte-Ranking" (en alemán). Der Spiegel. 7 de setembro de 2007. Consultado o 24 de xuño de 2009.
- ↑ "Mapa interactivo do Triángulo Saxón" (en alemán). region-sachsendreieck.de. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2009.
- ↑ "Bevölkerung" (PDF) (en alemán). Statistisches Landesamt des Freistaates Sachsen. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2012.
- ↑ Connolly, Kate (25 de xuño de 2009). "Bridge takes Dresden off Unesco world heritage list | World news". Londres: The Guardian. Consultado o 1 de novembro de 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dresden ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- StadtPanoramen Dresden - Vistas panorámicas da cidade.
- Fernsehturm
- Dresde
Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | ![]() Berlín ![]() Hamburgo ![]() Múnic |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Berlín | Berlín | 3 531 201 | 11 | Leipzig | Saxonia | 531 809 | |
2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 810 698 | 12 | Dresden | Saxonia | 529 781 | |
3 | Múnic | Baviera | 1 378 176 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 525 875 | |
4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 017 155 | 14 | Nürnberg | Baviera | 510 602 | |
5 | Frankfurt | Hessen | 691 518 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 488 005 | |
6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 613 392 | 16 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 373 976 | |
7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 592 393 | 17 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 349 470 | |
8 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 580 956 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
9 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 573 468 | 19 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 323 395 | |
10 | Bremen | Bremen | 548 319 | 20 | Mannheim | Baden-Württemberg | 314 931 | |
Datos do censo de 2011 |