Fachada do Paraíso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir co Pórtico do Paraíso da Catedral de Ourense.

A Fachada do Paraíso foi unha portada románica da Catedral de Santiago de Compostela xa desaparecida que databa do século XII e que daba á Praza do Paraíso, fin do Camiño de Santiago.

A portada descríbese no Libro V do Códice Calixtino. O tema da portada estaba centrado no pecado e na redención da humanidade. O friso presidíao un Cristo en Maxestade (que se conserva actualmente nas Pratarías), rodeado polos símbolos dos evanxelistas e representacións do Paraíso e do anuncio da chegada do Salvador.

A Fachada do Paraíso destruíuse a fins do século XVIII e parte dos seus relevos leváronse á Fachada das Pratarías, construíndose no seu lugar a Fachada da Acibecharía.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

En orixe estes relevos formaban parte da Fachada do Paraíso, actualmente están inseridos na Fachada das Pratarías.