José de la Peña de Toro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé de la Peña de Toro
Biografía
NacementoSalamanca
Morte1676
Santiago de Compostela
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto

José de la Peña de Toro, nado en Salamanca e finado en Santiago de Compostela en 1676, foi un arquitecto e mestre de obras castelán.

Claustro do colexio de San Xerome, obra de José Peña Toro.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou no Convento de Santo Estevo de Salamanca. Clasicista, posteriormente evolucionou cara ó barroco.[2] Chamado polos monxes beneditinos, en 1652 trasladouse a Santiago de Compostela onde continuou as obras do Mosteiro de San Martiño Pinario. En 1656, a Universidade contratouno para construír o claustro do Colexio de San Xerome.[1]

Dirixido polo cóengo José Vega y Verdugo, de 1658 a 1672 traballou na Catedral de Santiago de Compostela (Pórtico Real da Praza da Quintana, Porta Santa ou dos Perdóns, Porta dos Abades, ciborio e coroación das ábsidas e Torre das Campas da Fachada do Obradoiro), sucedendo, en 1664, como mestre de obras ao portugués Francisco de Antas, que finou nese ano.[3]

Fixo, tamén, a capela de Santa Tareixa (logo chamada da Soidade) na igrexa parroquial de Santa María Salomé, a capela de San Xosé na Igrexa da Compañía de Xesús de Santiago, hoxe igrexa da Universidade, e a capela de San Miguel na igrexa de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]