Tema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

En lingüística textual, o tema é o núcleo xenético principal do texto. Son aqueles elementos estereotipados que sosteñen un texto ou gran parte del.

O tema debe distinguirse do motivo. O primeiro designa a categoría semántica que pode estar presente ó longo do texto e aínda no conxunto da literatura (o tema da morte). Os motivos son, ante o tema, elementos menores e poden estar presentes incluso nun número elevado. Moitas veces un tema resulta da insistencia de moitos motivos.

A presenza dun mesmo tópico (ou dun motivo recorrente) en dúas obras non significa que exista nelas un mesmo tema: os motivos son polivalentes e só despois da análise do texto na súa totalidade pode recoñecerse con certeza a presenza dun tema.

A condición do tema é activa e pasiva á vez: elemento integrador por unha banda, de relevancia estrutural pois dá unidade ó texto; mais tamén obxecto de modificación dado que o tema é o que o escritor modifica, modula, transforma.

O estudo dos temas desenvolveuse asiduamente a fins do século XIX, e foi denominado tematoloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]