Apeadoiro de Aranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Estación de Aranga")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°10′46.17″N 7°59′0.66″O / 43.1794917, -7.9835167

Aranga
SituaciónAranga

O apeadoiro de Aranga foi un apeadoiro de Adif, situado na parroquia de Vilarraso[1] no concello de Aranga, provincia da Coruña. Próximo ós lugares tanto do Apeadeiro de Orosa coma ó do Apeadeiro, este último na parroquia de Aranga, estaba situado na liña férrea A Coruña-León[2] e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Situación[editar | editar a fonte]

O apeadoiro atópase no extremo sueste tanto da parroquia de Vilarraso coma no do concello de Aranga. Está situado no punto quilométrico 481,2 da liña férrea de largo ibérico que une León e a Coruña, entre as estacións de Teixeiro e Guitiriz.[2] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia[editar | editar a fonte]

O apeadoiro de Aranga na Carta geométrica de Galicia con el trazado de ferro-carriles y carreteras kilometradas (1917).

Entrou en funcionamento o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[3] Recibiu o nome de Aranga, seguindo o costume castelán de pór os nomes dos concellos,[4] e deu nome ós lugares homónimos do Apeadeiro e do Apeadeiro de Orosa.

En outubro de 1908 realizouse no apeadoiro unha xuntanza de foreiros veciños de Aranga, á cal acudiu César Sánchez Díaz, onde se discutiu a oposición ó pagamento das rendas con que contribuían á condesa Emilia Pardo-Bazán.[5] Ditas rendas foron adquiridas polo pai da escritora en 1845 e 1846 coa desamortización do mosteiro de Sobrado.[6]

Na literatura[editar | editar a fonte]

No relato curto «Un saxo na néboa» do libro Que me queres, amor? (1995) de Manuel Rivas, o protagonista e maila Orquestra Azul baixan do tren na estación ou apeadoiro de Aranga para logo proseguir a pé cara a ficticia Santa Marta de Lombás.[7]

O apeadoiro aparece tamén en varios relatos do guitiricense Xosé Bergantiños, onde o autor conta como ía ás troitas ó río Mandeo desde Guitiriz, baixando no apeadoiro de Aranga e camiñando uns kilómetros pola vía do tren até o río.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). PXOM de Aranga. Información xeográfica e histórica (PDF) (Informe). Concello de Aranga. p. 142. 
  2. 2,0 2,1 "Listado de líneas y estaciones" (PDF). Rede ferroviaria española. Ministerio de Fomento (en castelán). p. 58. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. 
  3. García Raya, Joaquín (2006). "Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha" (PDF). Fundación de los Ferrocarriles Españoles (en castelán). p. 33. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de outubro de 2013. 
  4. Erias Martínez, Alfredo; González Fernández, Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino. 12. Betanzos. p. 34. ISBN 84-505-9464-2. 
  5. "Una aclaración" (PDF). La Aspiración. 275 (en castelán) (Betanzos) V: 1–2. 13.12.1908. 
  6. Barros Guede, José (30.01.2009). "Familia y patrimonio de Emilia Pardo Bazán y de su marido José Quiroga (XXXIII)". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 15.12.2018. 
  7. Rivas, Manuel (1995). "Un saxo na néboa". Que me queres, amor?. Galaxia. p. 43. ISBN 84-8288-027-6. 
  8. Bergantiños, Xosé (1996). "A volta coas troitas". Arredor do meu río. Ir Indo. ISBN 978-84-7680-184-0. 
  9. Bergantiños, Xosé (14.7.2018). "O que sabe sabe. Dúas xornadas de pesca". Diario de Ferrol. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]