Diario de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°29′7.49″N 8°13′50.03″O / 43.4854139, -8.2305639

Diario de Ferrol
Diario de Ferrol sede rúa Galiano.jpg
Sede de Diario de Ferrol na rúa Galiano.
Tipo Sociedade Limitada
Fundación 1998
Matriz Editorial La Capital S.L.
Localización Rúa Galiano, 31 Ferrol A Coruña Galicia Galiza
Fundador Germán Castro Tomé
Industria Comunicación
Número de empregados 27[1]
Páxina web diariodeferrol.com

Diario de Ferrol é un xornal galego fundado na cidade de Ferrol e editado por El Ideal Gallego na Coruña.

Historia[editar | editar a fonte]

Antes da fundación de Diario de Ferrol houbo na cidade outros xornais. Entre os anos 1969 e 1980 editouse Ferrol Diario. Coincidindo ca crise do sector naval e a súa reconversión a desaparición do xornal. Editouse posteriormente El Norte entre 1980 e 1981[2]. Esta crise afectou duramente á cidade de Ferrol é a toda a comarca. Da mobilización social e laboral destes anos fíxose evidente a necesidade dunha prensa local. La Voz de Galicia era o xornal de referencia na cidade. O xornal coruñés tiña e aínda ten unha importante delegación en Ferrol pero co seu discurso centrado na cidade da Coruña e lonxe da defensa dos intereses de Ferrol. Estas diferenzas e en moitos casos sen prestar atención a problemas locais distanciou á cidade do xornal que chegou a ser boicoteado polos traballadores que se negaron a mercalo en protesta pola cobertura que daba ás súas protestas. En 1998 El Ideal Gallego xornal fundado en Ferrol pero editado na Coruña decidiu converter a súa edición local de Ferrol que sempre tivo boa acollida, aínda que non era quen de competir con La Voz de Galicia, nun novo xornal co nome de Diario de Ferrol[3]. O xornal tivo boa acollida dende os seus inicios esgotando a súa primeira edición. O xornal non foi quen de solucionar as carencias informativas de La Voz de Galicia pero soubo achegar máis as novas da cidade pero mantendo a distancia cos conflitos políticos e sociais. Co idioma galego o xornal mantivo a liña pasiva aparecendo en situacións moi concretas e máis forzado polo contexto das novas que trata.

Chegou a acadar unha tirada máxima de 10.000 a 12.000 exemplares[4]. En 2004 saíu a versión web do xornal pero con contidos moi limitados. Non habendo primeiramente hemeroteca dispoñible para consultar xa que actualizábase a web cada xeira e as novas deixaban de estar dispoñibles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. HERMIDA, PATRICIA. "O Diario de Ferrol defende os seus 13 anos de historia". El Correo Gallego. Consultado o 7 de febreiro de 2013. 
  2. "Germán Castro analiza la historia de los diarios ferrolanos ‘Ferrol Diario’ y ‘El Norte’". mundiario. Consultado o 24 de maio de 2013. 
  3. Alonso, Pol. "Historia del Diario de Ferrol". Overblog. Consultado o 1 xullo de 2013. 
  4. "Diario de FerroI". estructuradelacomunicacion.wikispaces.com.