Saltar ao contido

Aranga, Aranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aranga
Igrexa parroquial de San Paio de Aranga.
ConcelloAranga[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°13′22″N 8°01′07″O / 43.2228, -8.0186
Área36,84 km²
Poboación476 hab. (2018)
Densidade12,92 hab./km²
Entidades de poboación36[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Paio de Aranga[1] é unha parroquia que se localiza no centro-leste do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 476 habitantes (250 homes e 226 mulleres) distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 643 habitantes.

Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Pruzos.[2]

Aranga no Catastro de Ensenada (1752).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia de Aranga ten unha superficie de 36,84 km²[3] e 31 núcleos de poboación.[4]

Aranga no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1845).[5]

Situación

[editar | editar a fonte]

Está situada no centro-leste do concello de Aranga, estendéndose de norte a sueste do municipio, e no extremo sur do arciprestado de Pruzos.

Limita ó norte coa parroquia de Verís (do concello de Irixoa), ó nordeste coa de Cambás, ó leste coa de Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz), ó sur coa de Foxado (Curtis) e ó oeste coas de Muniferral e Vilarraso.

Noroeste: Muniferral Norte: Verís (Irixoa) Nordeste: Cambás
Oeste: Muniferral e Vilarraso Rosa dos Ventos Leste: Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz)
Suroeste: Vilarraso Sur: Foxado (Curtis) Sueste: Santa Mariña de Lagostelle (Guitiriz)

Na reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta, os lugares de Carballo Torto, A Graña, Orosa e Santiso pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso.[6] Así e todo, no censo de 1887 aínda aparecían incluídos na parroquia de Aranga.[7]

Demografía

[editar | editar a fonte]

No Censo de Pecheros de 1528, a parroquia aparece con 114 pecheros ―os que teñen que pagar un tributo― mentres no censo de 1591 ten 161 veciños, dos cales 153 son pecheros.[8]

Século XVIII

[editar | editar a fonte]
1752[9] 1768[10] 1787[11]
VeciñosHabitantes
2069601052

Século XIX

[editar | editar a fonte]
1816/17[12] 1826[13] 1836[14] 1845[5] 1857[15] 1860[16] 1887[7] 1900[17]
Veciños 147184158200 288295––
Habitantes –8926321500 154216572006[b]1640

     Expediente de alistamento militar do arquivo de Betanzos     Dicionarios xeográficos     Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOPC)     Censos (poboación de feito)

Século XX

[editar | editar a fonte]
1910[17] 1920[17] 1930[17] 1940[17] 1950[17] 1960[17] 1970[17] 1981[17] 1986[18] 1991[17] 1999[19] 2000[20]
Habitantes 143914321542158013181158865707675640643625

     Censos (poboación de feito)     Padrón municipal

Século XXI

[editar | editar a fonte]
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010
620607595588576570566553549540
2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020
544528520512502503488
Fonte: IGE (padrón municipal)[21]
Gráfica de evolución demográfica de Aranga entre 1887 e 2017
     Poboación de feito segundo o censo de poboación; incluíndo Orosa, Carballo Torto e Santiso que pasaron a Vilarraso.     Poboación de feito segundo os censos de poboación.     Poboación segundo o padrón municipal.

Etnografía

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]
  • A verdadeira Cruz de Aranga / queda sentada na porta / mirando para os romeiros / como lle soben a costa.[22]
  • Pasei a ponte de Aranga, / non a pasei por ladrón, / paseina por bo mozo, / porque tamén eu son.[23]
  • Verdadeira Cruz de Aranga / que has de dar aos teus romeiros? / auguiña da túa fonte, / sombra dos teus castiñeiros.[22]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Aranga

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Aranga no concello coruñés de Aranga

O Apeadeiro | As Barbudas de Abaixo | As Barbudas de Arriba | O Barreiro | A Bragaña | O Cal | O Carballal | Congostro | As Cubas | A Eirixa | A Follanzá | A Fraga | Gomil | A Igrexa | Manide | Maques | Maques de Arriba | Montemeá | O Outeiro | Pasarín | Pedramaior | Penelas | Penelas de Abaixo | Pereira de Abaixo | Pereira de Arriba | Ponte Aranga | O Pousadoiro | A Reborica | Roibos de Abaixo | Roibos de Arriba | Santo Estevo | Seoane | Soutullo de Abaixo | Soutullo de Arriba | Veiga | Vilares | Vilaúxe

Parroquias de Aranga

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Aranga

Aranga (San Paio) | Cambás (San Pedro) | Feás (San Pedro) | Muniferral (San Cristovo) | San Vicente de Fervenzas (San Vicente) | Vilarraso (San Lourenzo)

  1. ↑ O número de habitantes de Aranga non se conserva no Censo de Floridablanca (faltan case tódalas parroquias galegas que comezan coa letra ‹A›). Porén, pódese obter ó ser a única parroquia da xurisdición de Sobrado que falta.
  2. ↑ Este é o último censo no cal aínda se contabilizan os lugares de Orosa (220 habitantes), Carballo Torto (136 habitantes) e Santiso (38 habitantes). Após a reforma parroquial de 1867 pasaron a formar parte da nova parroquia de Vilarraso.
Referencias
  1. 1 2 3 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. ↑ "Arciprestado de Pruzos". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2018. Consultado o 8.12.2018.
  3. ↑ Monteoliva Díaz 2013 (mapa).
  4. ↑ "Nomenclátor de Galicia: Aranga (San Paio)". Xunta de Galicia. Consultado o 8.12.2018.
  5. 1 2 Madoz, Pascual (1845). Aranga (San Pelayo de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) II (Madrid). p. 428.
  6. ↑ "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128, 142. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 08 de decembro de 2018.
  7. 1 2 "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. p. 11.
  8. ↑ Censo de Pecheros. Carlos I 1528 (PDF) (en castelán) I. Madrid: INE. 2008. pp. 148 e 160.
  9. ↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). II: Nomenclatores. Madrid: INE. 2016 [1993]. p. 120. ISBN 978-84-260-2716-0.
  10. ↑ Censo de Aranda (PDF) (en castelán). IX: Diócesis de Santiago, Segorbe y Segovia. Madrid: INE. 2013 [2011]. p. 33. ISBN 978-84-260-3760-2.
  11. ↑ Censo de 1787 “Floridablanca” (PDF) (en castelán). IV: Comunidades autónomas del Norte Atlántico. Madrid: INE. 2016 [1990]. pp. 3776, 3839, 3840, 3842, 3850, 3857, 3860, 3878, 3886, 3887, 3891. ISBN 978-84-260-1970-7.[a]
  12. ↑ Erias Martínez, Alfredo; González Fernández, Juan Miguel (1989). "O marco xurisdiccional na antiga provincia de Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino. 12. Betanzos. p. 37. ISBN 84-505-9464-2.
  13. ↑ Miñano, Sebastián (1826). Aranga (San Pelagio de). Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal (en castelán) I (Madrid). p. 234.
  14. ↑ Fariña Jamardo, Xosé (1990). Os concellos galegos. Parte Xeral. Fundación Barrié. p. 145. ISBN 978-84-87819-06-3.
  15. ↑ Nomenclátor de los pueblos de España (en castelán). Madrid. 1858. p. 250.
  16. ↑ Nomenclátor estadístico de las parroquias que componen la provincia de La Coruña (en castelán). A Coruña. 1863. pp. 6–7. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2018.
  17. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 31. ISBN 978-84-605-3156-2.
  18. ↑ Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 24. ISBN 978-84-7191-529-0.
  19. ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).
  20. ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).
  21. ↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001" (XLS); "2002" (XLS); "2003" (XLS); "2004" (XLS); "2005" (XLS); "2006" (XLS); "2007" (XLS); "2008" (XLS); "2009" (XLS); "2010" (XLS); "2011" (XLS); "2012" (XLS); "2013" (XLS); "2014" (XLS); "2015" (XLS); "2016" (XLS) e "2017" (XLS). Instituto Galego de Estatística (IGE).
  22. 1 2 Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. p. 104. ISBN 978-84-9812-210-7.
  23. ↑ "Lugar de referencia: Aranga". Portal de ditados tópicos galegos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). Aranga: Poboación (Mapa). 1:25.000. Plan Xeral de Ordenación Municipal. 
  • Veiga Ferreira, Xosé María; Sobrino Ceballos, Juan (2017) [1994, corrixido e aumentado en 2016]. "San Paio de Aranga". Patrimonio da comarca da Mariñas (artigos publicados na revista A Xanela: Revista Cultural das Mariñas. Na sección O Noso Patrimonio). Betanzos: A. C. Eira Vella. pp. 41–46. ISBN 978-84-697-2988-5. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]