Vilarraso, Aranga
Vilarraso | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Vilarraso. | |
Concello | Aranga[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°10′52″N 8°01′44″O / 43.1811, -8.0288 |
Área | 20,8 km² |
Poboación | 421 hab. (2018) |
Densidade | 20,24 hab./km² |
Entidades de poboación | 118[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Vilarraso é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Aranga na comarca de Betanzos. Segundo o IGE en 2018 tiña 421 habitantes (219 homes e 202 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 525 habitantes.
Eclesiasticamente pertence ó arciprestado de Sobrado, sendo a única parroquia do concello neste arciprestado.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A parroquia de Vilarraso ten unha superficie de 20,8 km²[3] e 11 núcleos de poboación.[4]
Situación
[editar | editar a fonte]Está situada no sur do concello de Aranga e no extremo norte do arciprestado de Sobrado.
Limita ó norte coa parroquia de Muniferral; ó oeste coas de Fervenzas e Rodeiro (do concello de Oza-Cesuras); ó leste coa de Aranga; e ó sur coas de Fisteus, Curtis e Foxado do concello de Curtis.
Noroeste: Fervenzas | Norte: Muniferral | Nordeste: Aranga |
Oeste: Fervenzas e Rodeiro | Leste: Aranga | |
Suroeste: Fisteus | Sur: Curtis | Sueste: Foxado |
Está comunicada pola N-VI e pola AC-231, que inicia o seu percorrido na propia N-VI no lugar da Castellana en dirección Teixeiro (Curtis) e Sobrado. A A-9 atravesa a parroquia, existindo un acceso moi próximo na contigua parroquia de Muniferral.
No extremo sueste pasa un pequeno tramo de vía férrea da liña A Coruña-Palencia onde está situado o apeadoiro de Aranga, actualmente sen funcionamento, nos lugares do Apeadeiro de Orosa e do Apeadeiro (este último na parroquia de Aranga).[5]
Historia
[editar | editar a fonte]A parroquia naceu coa reforma parroquial de 1867, levada a cabo persoalmente polo arcebispo de Santiago de Compostela, García Cuesta. Eclesiasticamente foi formada por 19 lugares procedentes de 4 parroquias, 3 arciprestados e 2 concellos:[6]
Lugares | Parroquia | Arciprestado | Concello |
---|---|---|---|
A Carballeira, Os Carneiros, A Casanova, A Castellana, Castrobó, Os Ferreiros, Santiso (de baixo[7]), Solmé, Vilarraso e Vilourís | Muniferral | Xanrozo | Aranga |
Carballo Torto, A Graña, Orosa e Santiso | Aranga | Pruzos | |
A Espiñeira, A Gulpilleira, As Paredes e Vilardois | Curtis | Sobrado | Curtis |
Samel | Foxado |
Porén, a parroquia civil unicamente se formou cos lugares pertencentes ó concello de Aranga.[4] De feito, no censo de 1887, Vilarraso aparecía composta só cos lugares procedentes da parroquia de Muniferral e aínda non incluía os de Aranga.[7]
En 1942 houbo novas mudanzas eclesiásticas, perdendo a freguesía o lugar de Penas do Porto, o cal foi incorporado á parroquia de Curtis, igual cós lugares de Campos, Cencasas, Couceiros, A Lagoa e Porto da parroquia de Fisteus (Curtis).[8]
Demografía
[editar | editar a fonte]Século XIX-XX
[editar | editar a fonte]1887[7] | 1900[9] | 1910[9] | 1920[9] | 1930[9] | 1940[9] | 1950[9] | 1960[9] | 1970[9] | 1981[9] | 1986[10] | 1991[9] | 1999[11] | 2000[12] | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 421[a] | 812 | 794 | 791 | 865 | 902 | 843 | 797 | 688 | 593 | 602 | 552 | 525 | 520 |
Censos (poboación de feito) Padrón municipal
Século XXI
[editar | editar a fonte]2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
528 | 526 | 512 | 504 | 492 | 481 | 474 | 467 | 455 | 453 |
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 |
442 | 440 | 442 | 435 | 424 | 418 | 428 | |||
Fonte: IGE (padrón municipal)[13] |
Gráfica de evolución demográfica de Vilarraso entre 1887 e 2017 |
Poboación de feito segundo o censo de poboación; non incluíndo Orosa, Carballo Torto e Santiso que seguen en Aranga. Poboación de feito segundo os censos de poboación. Poboación segundo o padrón municipal. |
Cultura
[editar | editar a fonte]Topónimo
[editar | editar a fonte]O topónimo Vilarraso é un topónimo latino que fai referencia á orografía, que é a dun lugar ou vila situado nun terreo chan ou raso.[14][15][16]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]Na parroquia atópanse xacementos de varias épocas. Están identificados os seguintes:[17]
Nome | Lugar | Tipo | Idade |
---|---|---|---|
A Carbona/A Mámoa | Orosa | Túmulo megalítico | Neolítico |
Castrobó[18] | Castrobó | Asentamento fortificado | Idade de Ferro |
Os Castros/A Chousa Vella | Vilourís | Asentamento fortificado | Idade de Ferro |
A Mámoa/A Medoña | Os Ferreiros | Túmulo megalítico | Neolítico |
A Mámoa | Penas do Porto | Túmulo megalítico | Neolítico |
Mámoa da Formiga | Os Ferreiros | Túmulo megalítico | Neolítico |
Mámoas das Penas I (15) | Penas do Porto | Túmulo megalítico | Neolítico |
Mámoas das Penas II (3) | Penas do Porto | Túmulo megalítico | Neolítico |
Mámoas do Petón (11) | A Carballeira | Túmulo megalítico | Neolítico |
As Medoñas (5) | Os Carneiros | Túmulo megalítico | Neolítico |
Medoñas de Laboreiro Queimado (5) | Montes de Orosa | Túmulo megalítico | Neolítico |
Petróglifo das Penas | Penas do Porto | Petróglifo | Indeterminado |
Etnografía
[editar | editar a fonte]Vilarraso na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Da Castellana viña unha nena / e estaba cansadiña de andar; / gustoume e pedinlle un bico / pero ela non che mo quixo dar.[19]
- Dis que viches, que viches, / para min non viches nada; / non viches pasar o tren / de Teixeiro para Aranga.[19]
- Monte Salgueiro no alto, / A Castellana tamén; / chegando ao monte de Orosa / xa se ve pasar o tren.[19]
- No Monte Salgueiro hai boas mozas, / na Castellana a flor delas, / e ao pasar o monte de Orosa / caravillas prás cancelas.[19]
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Feira, os días 3 de cada mes na Castellana.[20]
- Festas patronais de Orosa, na honra de San Xusto, o 31 de maio.[20]
- Festas patronais, na honra de San Lourenzo, o 10 de agosto.[20]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Ponte Vella da Castellana.
-
Fonte da Castellana.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilarraso
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilarraso no concello coruñés de Aranga | |
---|---|
O Apeadeiro de Orosa | A Carballeira | Carballo Torto | Os Carneiros | A Castellana | Castrobó | Os Ferreiros | Orosa | Penas do Porto | Santiso | Vilarraso | Vilourís |
Parroquias de Aranga
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Arciprestado de Sobrado". Arquidiocese de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2018. Consultado o 3.12.2018.
- ↑ Monteoliva Díaz 2013 (mapa).
- ↑ 4,0 4,1 "Nomenclátor de Galicia: Vilarraso (San Lourenzo)". Xunta de Galicia. Consultado o 4.12.2018.
- ↑ Monteoliva Díaz 2013, p. 142.
- ↑ "A reforma parroquial de 1867: a diocese de Santiago de Compostela". A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro (PDF). Xunta de Galicia. 2009. pp. 127–128, 142. ISBN 978-84-453-4777-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 04 de decembro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 "Provincia de La Coruña". Nomenclátor de las ciudades, villas, lugares, aldeas y demás entidades de población de España en 1.º de enero de 1888 (en castelán). III: Ciudad Real á Gerona. Madrid. 1892. pp. 11–12.
- ↑ Vázquez Rouco, Sergio (2002). Santa Eulalia de Curtis: Cuna de San Pedro de Mezonzo. Coto - Monasterio - Parroquia (en castelán). Teixeiro. p. 192.
- ↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 31. ISBN 978-84-605-3156-2.
- ↑ Torres Luna, María Pilar de; Pérez Fariña, María Luisa; Santos Solla, Xosé Manuel (1989). Municipios y parroquias de Galicia (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 25. ISBN 978-84-7191-529-0.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 1999". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2000". Instituto Galego de Estatística (IGE). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018. Consultado o 18 de novembro de 2018.
- ↑ Nomenclátor estatístico de Galicia. Anos "2001", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2002", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2003" (XLS); "2004", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2005", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2006" (XLS); "2007", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2008", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2009", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2010", arquivado dende o orixinal (XLS) o 18 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2011", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2012", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2013", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2014", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2015", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018; "2016", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018 e "2017", arquivado dende o orixinal (XLS) o 17 de novembro de 2018, consultado o 21 de novembro de 2018. Instituto Galego de Estatística (IGE).
- ↑ Monteoliva Díaz 2013, p. 40.
- ↑ Piel, J.M (1947). Nomes de lugar referentes ao relevo e ao aspecto geral do solo. Revista portuguesa de filologia. Vol. I, tomo I (Coimbra). pp. 153–197.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.
- ↑ Catálogo de patrimonio (PDF) (Informe). Plan Xeral de Ordenación Municipal. Concello de Aranga. 2013. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de novembro de 2018. Consultado o 26 de maio de 2019.
- ↑ "Información Xeográfica de Galicia". Xunta de Galicia. Mapa Base vectorial.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 Castro Santamariña, Manuel (2013). Cancioneiro das terras de Aranga. Deputación da Coruña. pp. 62, 103, 105. ISBN 978-84-9812-210-7.
- ↑ 20,0 20,1 20,2 "Festas, romarías e mercados". Concello de Aranga. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2020. Consultado o 25 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilarraso, Aranga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grandío Seoane, Emilio; Fernández Fernández, Eliseo (2011). A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga). Cadernos republicanos 2. Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
- Monteoliva Díaz, Ángel L. (2013). Aranga: Poboación (Mapa). 1:25.000. Plan Xeral de Ordenación Municipal.
- —————— (2013). PXOM de Aranga. Información xeográfica e histórica (PDF) (Informe). Concello de Aranga. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de novembro de 2018. Consultado o 01 de novembro de 2018.