Igrexa de Ardre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 36: Liña 36:
== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==
<gallery mode="packed-hover" heights="180px">
<gallery mode="packed-hover" heights="180px">
Ardre kyrka nave01.jpg|Interior da igrexa
Interior da igrexa de Ardre.jpg|Interior da igrexa
Portal da igrexa de Ardre.jpg|Portal sur da nave
Portal da igrexa de Ardre.jpg|Portal sur da nave
Ardre kyrka - KMB - 16000200013796.jpg|Vista dende o sueste
Ardre kyrka - KMB - 16000200013796.jpg|Vista dende o sueste

Revisión como estaba o 5 de xuño de 2021 ás 17:37

Igrexa de Ardre
Datos xerais
PaísSuecia Suecia
RexiónGotland
LocalizaciónArdre
Coordenadas57°22′46″N 18°41′49″L / 57.3795, 18.69688889Coordenadas: 57°22′46″N 18°41′49″L / 57.3795, 18.69688889
Culto
CultoIgrexa de Suecia
DioceseDiocese de Visby
Estiloarquitectura románica
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de Ardre (sueco: Ardre kyrka) é unha igrexa medieval luterana en Ardre, na illa sueca de Gotland, pertencente á diocese de Visby.

Historia e arquitectura

A parte máis antiga da igrexa de Ardre é a súa torre, que data de ao redor do ano 1200. A torre orixinalmente pertencía a unha igrexa anterior do século XII. A nave e o coro desa outra igrexa foron substituídos polo actual edificio ao redor de 1250. O portal esculpido do coro orixinalmente tamén pertenceu á anterior igrexa.[1]

O interior da igrexa está fortemente remodelado nun estilo medieval despois dos plans do artista sueco Axel Herman Hägg en 19001902. As pinturas murais dominantes foron deseñadas por Hägg. Aínda se conservan algunhas vidrieiras, pero foron complementadas por réplicas modernas durante a súa restauración.[1]

A meirande parte do mobiliario da igrexa é medieval. Ten un retablo do século XIV, unha cruz triunfal e unha pía bautismal de mediados do século XIII e unha Madonna de madeira tallada de ao redor de 1500. O órgano é unha elaborada peza neogótica, feito para a renovación en 1902 e inspirado en órganos franceses medievais.[1]

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Lagerlöf, Erland (1973). Rabén & Sjögren, ed. Gotlands kyrkor. Uddevalla. pp. 95–97. ISBN 9129410355.