Acueduto do Paseo das Pontes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Creo a partir das referencias
 
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 28: Liña 28:
* [[Augas da Coruña]]
* [[Augas da Coruña]]
{{LugaresdeintereseACoruña}}
{{LugaresdeintereseACoruña}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:A Coruña]]
[[Categoría:A Coruña]]

Revisión como estaba o 23 de xaneiro de 2016 ás 12:39

Coordenadas: 43°21′51″N 8°25′0″O / 43.36417, -8.41667

Acueduto do Paseo das Pontes.

O acueduto do Paseo das Pontes é un antigo acueduto da cidade da Coruña. Formaba parte dunha condución maior coñecida como "Viaxe de Visma".

Historia

Detalle do acueduto.

A viaxe de Visma levaba auga dende esta localidade ata o centro da cidade. Complementaba a primeira gran condución, a "Viaxe do Vioño", que levaba auga dos mananciais de Nelle e de Vioño ata a Cidade Alta, obra que fora autorizada por Filipe II en 1564 e construída polo mestre de cantaría Tristán Darguis.[1]

O acueduto foi construído entre 1722 e 1726, segundo o proxecto do enxeñeiro Francisco Montaigú de la Perille e coa dirección de Fernando de Casas Novoa e frei Francisco de Velasco. A condución baixaba logo polo camiño de Carballo (Avenida de Fisterra) e entraba na cidade polo Caramanchón, onde había unha fonte e un lavadoiro. A viaxe de Vioño conectaba coa nova condución mediante unha arqueta no Campo de Carballo.[1]

A infraestrutura permitiu a creación de novas fontes na cidade, unha na praza da Fariña, outra na rúa da Fama e outra na praza de Santa Catarina.[2]

O manancial deixou de empregarse en 1902, o que provocou a deterioración do acueduto.[2]

Descrición

Acueduto do Paseo das Pontes.

O acueduto de San Pedro, que deu nome ao Paseo das Pontes, chegou a medir 3500 varas de lonxitude,[3] mais a parte final do acueduto foi destruída pola urbanización da área,[4] que se realizou na década de 1990 e que fixo do acueduto o elemento distintivo dun novo parque.[5]

Amais do acueduto consérvanse restos da "viaxe" en Visma e na rúa Almirante Mourelle (no Peruleiro).

Notas

  1. 1,0 1,1 Valeiro Solsona, Carlos (outubro de 1998). Los orígenes del abastecimiento de agua a la ciudad de A Coruña (PDF) (en castelán). Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "El punto de abastecimiento de agua de la ciudad entre 1722 y 1902". El Ideal Gallego (en castelán). 4 de maio de 2011. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  3. Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña. 
  4. Alberto.NM (12 de xullo de 2011). "Acueduto do Paseo das Pontes". Patrimonio Galego. Consultado o 25 de decembro de 2015. 
  5. "Paseo das Pontes". Concello da Coruña. Consultado o 25 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos