César Rodríguez Álvarez
César Rodríguez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | César Rodríguez Álvarez | ||
Nacemento | 29 de xuño de 1920 | ||
Lugar de nacemento | León | ||
Falecemento | 1 de marzo de 1995 | ||
Lugar de falecemento | Barcelona | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
Frente de Juventudes de León | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1939–1955 | Barcelona | 292 | (191) |
1939–1940 | → Sabadell | 14 | (3) |
1940–1942 | → Granada | 35 | (27) |
1954–1955 | → España Industrial | 9 | (8) |
1955–1956 | Cultural Leonesa | 15 | (3) |
1956–1957 | Perpignan | 13 | (4) |
1957–1960 | Elche | 80 | (42) |
Total | 458 | (278) | |
Selección nacional | |||
1945–1952 | España | 12 | (6) |
Adestrador | |||
1959–1960 | Elche | ||
1960–1963 | Zaragoza | ||
1963–1964 | Barcelona | ||
1965–1966 | Mallorca | ||
1966–1967 | Celta de Vigo | ||
1967 | Betis | ||
1968–1969 | Zaragoza | ||
1969–1971 | Hércules | ||
1975–1976 | Sant Andreu | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
César Rodríguez Álvarez, nado en León o 29 de xuño de 1920 e finado en Barcelona o 1 de marzo de 1995, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española. Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Barcelona, club do que foi o máximo goleador histórico durante máis de medio século, ata que os seus 232 goles foron superados en 2012 por Leo Messi.[1]
Era irmán do tamén futbolista Ricardo Rodríguez Álvarez.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Formouse no Frente de Juventudes de León e no ano 1939 fichou polo FC Barcelona pero este cederíao a mediados da primeira tempada ao CE Sabadell e os dous anos seguintes o Granada CF xa que tiña que cumprir o servizo militar en dita cidade, con ese equipo chegou a proclamarse campión de Segunda División e a xogar en Primeira.
Unha vez de volta en Barcelona fíxose cun posto de titular, que mantería durante trece tempadas, nas que marcou 232 goles e gañou trece títulos, entre Ligas, Copas do Xeneralísimo, Copas Eva Duarte e Copas Latinas. Tamén se proclamou Pichichi co club catalán na tempada 1948/49.
Deixou o Barcelona no ano 1955 e tras xogar na Cultural Leonesa e no Perpignan retirouse xogando no Elche CF, sendo na última tempada xogador-adestrador, e subindo ao equipo dende a Terceira División a Primeira en só tres anos e proclamándose campión de Terceira e Segunda División.
Coa Selección de fútbol de España disputou un total de 13 encontros entre os anos 1945 e 1952, marcando seis goles e participando no Mundial de Fútbol Brasil 1950 e no Mundial de Fútbol Suíza 1954.
As súas cifras anotadoras levárono a ser o máximo goleador do FC Barcelona en encontros oficiais ata o 20 de marzo de 2012 cando o superou o arxentino Lionel Messi.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Tras o grande éxito co Elche CF a quen deixou en Primeira División fichou polo Real Zaragoza para aos tres anos dirixir ao FC Barcelona. De aí pasaría ao RCD Mallorca en 1965 con quen descendería a Segunda, polo que deixa o equipo para fichar polo Celta de Vigo. En Vigo supliría a Rafael Yunta que deixara o equipo a tempada anterior, pero non remataría a tempada sendo substituído por Pepe Villar.
En 1967 ficha polo Real Betis Balompié pero tampouco tería sorte e o equipo descendeu a finais da tempada. O seu último equipo en Primeira sería outra vez o Real Zaragoza a quen dirixiu un ano.
En Segunda División pasou por Mallorca e Hércules CF antes de retirarse no UE Sant Andreu.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
- Barcelona
- Primeira División (5): 1944/45, 1947/48, 1948/49, 1951/52, 1952/53.
- Copa do Xeneralísimo (3): 1951, 1952, 1953.
- Copa Eva Duarte (3): 1948, 1952, 1953.
- Copa Latina (2): 1949, 1952.
- Granada
- Segunda División (1): 1940/41.
- Elche
- Segunda División (1): 1958/59.
- Terceira División (1): 1957/58.
- Individual
- Trofeo Pichichi (1): 1948/49
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Hércules
- Terceira División (1): 1969/70.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Messi supera a César como máximo goleador histórico del Barcelona". Marca (en castelán). 20 de marzo de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2022.
- Nados en 1920
- Finados en 1995
- Nados en León
- Futbolistas de Castela e León
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores do Real Zaragoza
- Adestradores do FC Barcelona
- Adestradores do RCD Mallorca
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do Real Betis Balompié
- Adestradores do Hércules CF
- Adestradores do UE Sant Andreu
- Gañadores do Trofeo Pichichi