Copa Latina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A Copa Latina foi unha competición futbolística europea que enfrontou entre 1949 e 1957 aos campións das ligas de Francia, Italia, Portugal e España. A competición tivo un gran prestixio por ser a primeira competición internacional europea que enfrontaba aos campións dos países latinos, e foi considerada a segunda competición máis importante de Europa tras a Copa Mitropa, concibida con anterioridade, e que enfrontaba a conxuntos dos países do leste de Europa.

A Copa Latina disputábase cada ano nunha sede diferente nun dos catro países participantes. Un sorteo decidía os emparellamentos das dúas semifinais. Os gañadores das semifinais disputaban a final. Os perdedores disputaban o partido polo terceiro e cuarto posto.

A competición deixou de disputarse en 1957, tras a consolidación da Copa de Europa, competición creada en 1955.

Tempada Sede Campión Subcampión Resultado
final
Terceiro Cuarto Resultado
3º e 4º posto
1949 Bandeira de España (1939) España Bandeira de España (1939) FC Barcelona Bandeira de Portugal Sporting de Lisboa 2-1 Bandeira de Italia Torino Calcio Bandeira de Francia Stade de Reims 5-3
1950 Bandeira de Portugal Portugal Bandeira de Portugal SL Benfica Bandeira de Francia Girondins de Bordeaux 3-3 / 2-1 Bandeira de España (1939) Atlético de Madrid Bandeira de Italia SS Lazio 2-1
1951 Bandeira de Italia Italia Bandeira de Italia AC Milan Bandeira de Francia Olympique Lille 5-0 Bandeira de España (1939) Atlético de Madrid Bandeira de Portugal Sporting de Lisboa 3-1
1952 Bandeira de Francia Francia Bandeira de España (1939) FC Barcelona Bandeira de Francia OGC Nice 1-0 Bandeira de Italia Juventus Bandeira de Portugal Sporting de Lisboa 3-2
1953 Bandeira de Portugal Portugal Bandeira de Francia Stade de Reims Bandeira de Italia AC Milan 3-0 Bandeira de Portugal Sporting de Lisboa Bandeira de España (1939) Valencia CF 4-1
1955 Bandeira de Francia Francia Bandeira de España (1939) Real Madrid Bandeira de Francia Stade de Reims 2-0 Bandeira de Italia AC Milan Bandeira de Portugal Os Belenenses 3-1
1956 Bandeira de Italia Italia Bandeira de Italia AC Milan Bandeira de España (1939) Athletic Club 3-1 Bandeira de Portugal SL Benfica Bandeira de Francia OGC Nice 2-1
1957 Bandeira de España (1939) España Bandeira de España (1939) Real Madrid Bandeira de Portugal SL Benfica 1-0 Bandeira de Italia AC Milan Bandeira de Francia Saint Etienne 1-0